BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 16 páxs. 78-81
  • “De certo, que irei contigo”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “De certo, que irei contigo”
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Grazas á súa fe fixo recuar un exército poderoso
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2003)
  • Un novo líder e dúas mulleres valentes
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Que a túa boa disposición louve a Xehová!
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2017)
  • “Bendita entre as mulleres”
    Sirve a Xehová con valor
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 16 páxs. 78-81

16 BARAC E DÉBORAH

“De certo, que irei contigo”

Edición impresa
Edición impresa

ERAN tempos moi difíciles en Israel. O pobo rebelouse contra Xehová e el permitiu que os seus inimigos os dominasen, tal e como lles advertira. O rei de Canaán era Iabín e o seu xeneral era un home cruel chamado Sísera. Este home lideraba un enorme exército que contaba cuns novecentos carros con fouces de ferro.

Durante vinte anos o exército de Sísera estivera aterrorizando os israelitas. Parece ser que, cando atacaban unha cidade ou unha aldea, adoitaban capturar as mozas e violalas. Como resultado deste reinado de terror, os israelitas tiñan medo a viaxar polos camiños e incluso fuxiron das aldeas para esconderse nos bosques e nos montes. Ademais, a maioría deles non tiña armas para defenderse.

Nese tempo servía como profetisa de Xehová unha muller moi valente chamada Déborah. Tamén se encargaba de xulgar casos difíciles que a xente presentaba diante dela. Xehová usou a Déborah para darlle instrucións a un home chamado Barac, a quen escollera para salvar o seu pobo. Imaxina a sorpresa de Barac cando Déborah lle transmitiu que Xehová quería que xuntase un exército de 10.000 homes e os levase ó monte Tabor. Alí Xehová daríalle a vitoria sobre Sísera e o seu exército!

Era Barac un home orgulloso? Molestaríalle recibir ordes dunha muller? Todo o contrario. Dixo que obedecería, pero só se Déborah o acompañaba. Barac non lle pediu a Déborah que fose con el porque lle faltase fe. De feito o apóstolo Paulo mencionou a Barac entre os homes e mulleres que demostraran moita fe (Heb. 11:1, 2, 32). En realidade Barac estaba expresando fe ó pedirlle a Déborah que o acompañase a el e os seus homes. El sabía que Xehová estaba usando a Déborah para guiar o seu pobo, así que se ía con eles Barac podería recibir máis instrucións de Xehová. Déborah demostrou moito valor e accedeu a ir, dicindo: “De certo, que irei contigo”. Tamén lle dixo a Barac que, aínda que gañaría a batalla, ningún home —nin sequera el mesmo— mataría a Sísera. Deus daríalle ese honor a unha muller.

Barac obedeceu de inmediato. Formou un exército de 10.000 homes valentes e deulles tódalas armas que puido. Despois levounos ó cumio do monte Tabor. Esta impresionante montaña de 562 metros destacaba coma unha enorme cunca boca abaixo no medio da chaira de Iezrael. Dende alí Déborah, Barac e os seus homes podían ver a Sísera e o seu exército de carros de guerra acercándose na distancia.

Déborah, Barac e o seu exército no alto do monte Tabor vendo como o exército de Sísera avanza cara a eles.

Que faría Barac? Se pensase coma un estratega militar posiblemente esperaría a que Sísera chegase cos seus carros ata a base do monte Tabor. Ó subir pola ladeira arriba, os carros terían que ir máis amodo e sería máis fácil para os homes de Barac loitar contra eles. Pero Barac sabía que a batalla non era del, senón de Xehová. Así que obedeceu cando Xehová lle dixo a través de Déborah que atacase. Barac e os seus homes correron con valor montaña abaixo para loitar en terra chá contra aqueles terroríficos carros.

Un xuíz e unha profetisa teñen que enfrontarse a un xeneral violento e ós seus carros de combate.

Dende un punto de vista militar non tiñan ningunha oportunidade de gañar. Pero Xehová viu o seu valor e recompensounos. Confundiu o exército cananeo e fixo que caese unha enorme tromba de auga. En pouco tempo o val de Iezrael converteuse nunha lameira e aqueles carros que daban tanto medo quedaron atrapados no lodo. Agora os soldados de Sísera terían que loitar cos israelitas corpo a corpo sen a vantaxe que lles daban os carros. Ningún dos soldados cananeos quedou vivo. E que pasou con Sísera?

Sísera conseguiu fuxir a pé cruzando a lameira como puido ata chegar a unha zona máis alta. Foi un covarde e abandonou os seus homes para salvar a súa propia vida. Barac empezou a perseguilo, pero Xehová estaba observando todo e tiña algo pensado para Sísera.

Le o relato da Biblia:

  • Xuíces 4:1-16, 23, 24; 5:1-23

Pensa nisto:

De que formas demostraron valor Barac e Déborah?

Afonda máis

  1. 1. Como era a vida en Israel baixo o dominio de Sísera? (w15 1/8 páx. 12 par. 6-wcgr).

  2. 2. Por que non é habitual que se conte a Déborah entre os 12 xuíces de Israel? (w86 1/6 páx. 31 pars. 6-8).

  1. 3. En que sentido foi Déborah “unha nai en Israel”? (Xuí. 4:4, 5; 5:7; w15 1/8 páx. 13 par. 1-wcgr). A

Déborah sentada debaixo dunha palmeira solucionando unha disputa entre dous homes que teñen ovellas. Unha parella israelita está andando por un camiño cara a eles.

Imaxe A

Imaxe A

  1. 4. A que se referían Barac e Déborah cando cantaron que “as estrelas [...] loitaron contra Sísera”? (Xuí. 5:20; w05 15/1 páx. 25 par. 5-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Cando podería un irmán imitar a Barac e aceptar humildemente a axuda dunha irmá? B

    Unha irmá capacitando tres irmáns sobre como usar o equipo de climatización. Eles escoitan con moita atención e toman notas.

    Imaxe B

  • Por que necesitou Déborah valor para acompañar a Barac? Cando necesitamos nós un valor similar?

  • De que outras maneiras podes imitar o valor de Barac e Déborah?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlles a Barac e a Déborah cando resuciten?

Aprende máis

Analiza como este relato nos asegura que os nosos esforzos lle importan a Xehová.

“Que a túa boa disposición louve a Xehová!” (w17.04 páxs. 28-32)

Que nos ensinan Barac e Déborah sobre a confianza, a modestia e a obediencia?

“Grazas á súa fe fixo recuar un exército poderoso” (w03 15/11 páxs. 28-31)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir