BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 17 páxs. 82-85
  • “Bendita entre as mulleres”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Bendita entre as mulleres”
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Un novo líder e dúas mulleres valentes
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Grazas á súa fe fixo recuar un exército poderoso
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2003)
  • “De certo, que irei contigo”
    Sirve a Xehová con valor
  • Que a túa boa disposición louve a Xehová!
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2017)
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 17 páxs. 82-85

17 IAEL

“Bendita entre as mulleres”

Edición impresa
Edición impresa

SÍSERA escapou da chaira de Iezrael, onde deixou que os seus homes morresen sen o seu líder. Non podía crer que o seu poderoso exército, cos seus novecentos carros feitos para matar, fose derrotado por un exército moi inferior formado por soldados de a pé israelitas. Agora Sísera estaba desesperado por atopar un sitio onde agocharse. Así que correu ata chegar á tenda de Héber, o quenita.

En xeral os quenitas eran aliados de Israel. A súa boa relación cos israelitas comezou nos días de Moisés, quen estaba casado cunha muller que viña dunha familia quenita. Agora ese pobo nómade vivía en Israel. Pero Héber era diferente: en vez de estar aliado cos israelitas estaba aliado co rei cananeo Iabín. Por iso Sísera, sendo xeneral de Iabín, asumiu que podería refuxiarse no campamento de Héber. Polo visto non se lle pasou pola cabeza que a muller deste home, Iael, puidese ter criterio propio.

Cando Sísera se achegaba Iael estaba na tenda, pero o seu home marchara. En canto o viu recoñeceu a Sísera. Sabía o perigoso que era e tiña que decidir rápido o que ía facer. Pode que non fose consciente de que Déborah, a profetisa de Xehová, dixera que Sísera non morrería a mans dun home senón dunha muller. Aínda así, é posible que Iael si que soubese o que Xehová esperaba dela. Por que dicimos isto?

Iael de pé fóra da súa tenda mentres Sísera vai cara a ela por un camiño. Dentro da tenda hai un mazo de madeira.

Máis tarde, Déborah compuxo unha canción inspirada sobre como Barac derrotou a Sísera. A canción dicía: “¡Bendita sexa entre as mulleres Iael! —a muller de Héber, o quenita—, ¡bendita entre as mulleres das tendas!”. Así que Iael non era unha muller manipuladora e malvada como a describiron algúns expertos. Máis ben, era unha muller decidida e moi valente. Igual que Rahab, escolleu poñerse de parte de Xehová e en contra dos Seus inimigos. Sabía que Sísera era un cruel inimigo de Xehová e deuse conta de que tiña a oportunidade de matalo, tal como Xehová quería. Pero como o faría?

Evidentemente Iael sabía que non podería vencer a Sísera nun combate corpo a corpo. Sísera era un guerreiro experimentado, e seguro que tamén un home moi forte. Así que invitouno á súa tenda para que puidese descansar. Cubriuno cunha manta e cando lle pediu auga deulle leite. El ordenoulle que fixese garda toda a noite diante da súa tenda e que lle mentise a calquera que preguntase se había un home dentro. Entón durmiuse profundamente.

Deus escolleu unha muller para matar un cruel guerreiro.

Iael sabía que era o momento de actuar. Colleu dúas ferramentas que seguro que usaba a miúdo: un mazo pesado e unha estaca, os dous probablemente de madeira. Con moito coidado achegouse en silencio ó guerreiro durmido, púxose de xeonllos ó lado da súa cabeza e preparouse para atacar. Neste momento, calquera paso en falso significaría unha morte horrible para Iael. Pero non cometeu ningún erro. Nun abrir e pechar de ollos Sísera estaba morto ós seus pés, cunha estaca chantada na súa cabeza!

Máis tarde o xuíz Barac chegou buscando a Sísera. Iael saíu ó seu encontro e díxolle: “Vén, que che mostro o home que buscas”. Barac entrou na tenda e viu como se cumpriron as palabras proféticas de Déborah: “Nas mans dunha muller porá o Señor a Sísera”.

Barac e Déborah estaban tan agradecidos que louvaron a Iael na súa canción de vitoria. Despois disto non se volve a mencionar a Iael na Biblia. Pero, aínda que pasasen máis de 3200 anos, o seu exemplo segue vivo. Na actualidade, os servos de Deus non loitamos con armas nin ferramentas literais. Pero si que participamos nunha guerra espiritual. E máis que nunca necesitamos o mesmo valor que tivo Iael.

Le o relato da Biblia:

  • Xuíces 4:9, 11, 17-22; 5:24-31

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Iael?

Afonda máis

  1. 1. Que relación hai entre a batalla na que loitou Sísera e a batalla de Armaxedón? (w19.09 páxs. 8-9 pars. 3-6-wcgr).

  2. 2. O marido de Iael, Héber, aliouse cos inimigos dos israelitas, os cananeos. Pero que relación tiña Héber cos israelitas? (it “Héber” núm. 2-wcgr).

  3. 3. Como fortaleceu a vitoria sobre Sísera e Iabín a fe do pobo de Deus moitos anos despois? (w08 15/10 páxs. 14-15 pars. 12-15-wcgr).

  4. 4. Que podemos destacar da forma na que Déborah felicitou a Iael? (w15 1/8 páx. 15 par. 2-wcgr). A

Déborah e Barac cantando a súa canción de vitoria mentres os fieis israelitas bailan e tocan as pandeiretas.

Imaxe A

Imaxe A

Medita no que aprendiches

  • Igual que Iael necesitou valor, cando é posible que unha irmá casada cun home que non é Testemuña necesite valor?

  • Iael non foi unha profetisa coma Déborah nin tampouco unha guerreira coma Barac. Aínda así fixo o que podía. Que podemos aprender dela sobre calquera limitación que poidamos ter? B

    Serie de imaxes: 1. Unha irmá maior en cadeira de rodas escribindo unha carta e poñendo algúns cartos nun sobre. 2. Un matrimonio feliz lendo a carta.

    Imaxe B

  • De que outras maneiras podes imitar o valor de Iael?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Iael cando resucite?

Aprende máis

Nesta representación, mira como pode motivar o exemplo de Iael a unha moza a dar testemuño.

Non sexamos coma os covardes, senón coma os valentes. Non como os habitantes de Meroz, senón como Iael (1:40)

Iael é tan só unha das moitas mulleres das que podemos aprender leccións moi valiosas. Le sobre algunhas delas.

“Que podemos aprender das mulleres da Biblia?” (ijwbq artigo 161)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir