Venres 16 de outubro
Non dobrégue-lo teu ánimo para os seus camiños, non te extravíes nas súas vereas (Prov. 7:25).
Este relato de Salómón demostra moi ben o que lle pode pasar a calquera servo de Xehová. Quizais alguén cometa un pecado grave e despois sinta que todo pasou de repente e sen esperalo. Pero, se pensa no que ocorreu, probablemente se dea conta de que xa antes tomara malas decisións que finalmente o levaron a pecar. Ó mellor empezou a xuntarse con persoas que non aman a Xehová. Ou, se cadra, o entretemento que escolleu, os sitios de Internet que visitou ou os lugares ós que foi non eran bos para un cristián. Tamén pode ser que deixase de orar, de ler a Biblia, de asistir ás reunións ou de predicar. Coma o rapaz de Proverbios, é posible que non cometese o pecado tan de repente. Cal é a lección para nós? Que non só temos que evitar o pecado senón tamén as cousas que nos levan a pecar. Isto é xusto o que Salomón explicou despois de contar o que lle pasou ó rapaz (Mat. 5:29, 30). w24.07 páx. 16 pars. 10, 11
Sábado 17 de outubro
Temos este tesouro en recipientes de barro (2 Cor. 4:7).
Que representa o tesouro? É o labor de predicar a mensaxe do Reino, que pode salvar a vida das persoas (2 Cor. 4:1). E que son os vasos de barro? Representan os servos de Deus que lles levan as boas noticias a outros. No tempo de Paulo, os comerciantes usaban recipientes de barro para transportar mercancías moi valiosas como comida, viño e cartos. Da mesma maneira, Xehová confiou en nós para levar a mensaxe das boas noticias. Coa súa axuda teremos o valor necesario para seguir predicando. Ás veces poderiamos sentir temor ó home, é dicir, medo á oposición ou ó rechazo da xente. Como podemos facerlle fronte a este desafío? Pensa na oración que fixeron os apóstolos cando lles mandaron que deixasen de predicar. En vez de deixarse levar polo medo, pedíronlle a Xehová que lles axudase a seguir falando con moito valor. Deus contestou esta oración ó momento (Feit. 4:18, 29, 31). Se algunha vez ves que che afecta o temor ó home, pídelle a Xehová que o teu amor polas persoas che axude a vencer o medo. w24.04 páx. 16 pars. 8, 9
Domingo 18 de outubro
Noso Pai que estás nos ceos, que o teu nome sexa santificado (Mat. 6:9).
O noso amor por Xehová motívanos a santificar o seu nome. Isto significa que queremos contarlles a outros que as cousas horribles que Satanás dixo sobre Xehová son mentira (Xén. 3:1-5; Xob 2:4; Xoán 8:44). Cando predicamos, estamos desexando defender o noso Deus, contándolles a verdade sobre el ós que queiran escoitar. Queremos que todos saiban que a súa cualidade principal é o amor e que a súa forma de gobernar é xusta e imparcial. Tamén desexamos falarlles de que o seu Reino pronto acabará co sufrimento e traerá paz e felicidade a toda a humanidade (Sal. 37:10, 11, 29; 1 Xoán 4:8). Cando falamos ben de Deus na predicación estamos santificando o seu nome. E tamén nos sentimos satisfeitos ó saber que estamos facendo o que se espera de nós como testemuñas de Xehová. w24.05 páx. 18 par. 12