15 NOEMÍ E RUT
Axudáronse en momentos difíciles
NOEMÍ sufriu unha traxedia tras outra. Cando houbo unha fame en Israel o seu home decidiu mudarse de Belén á terra de Moab coa súa familia. Estando nese país estranxeiro, o home de Noemí morreu e ela quedou soa con dous fillos. Máis tarde estes casaron con dúas mulleres moabitas que non adoraban a Xehová. Uns dez anos despois pasou algo terrible: os dous fillos de Noemí tamén morreron! Aínda por riba ningún dos dous tivera fillos, así que Noemí non só perdeu o seu home senón tamén os seus fillos e a posibilidade de ser avoa.
Como sentía que en Moab xa non lle quedaba nada, Noemí decidiu volver ó seu fogar en Belén. A viaxe duraría arredor dunha semana e as súas noras, Rut e Orpah, decidiron acompañala. Aínda así Noemí non quería separalas da súa terra e da súa familia. Quizais pensaba que era egoísta pola súa parte levalas a Israel, onde pode que non tivesen ningunha posibilidade de casar outra vez e ter fillos. Pensando no ben delas, animounas a volver á casa coas súas nais. Noemí demostrou moito valor ó estar disposta a viaxar soa. As dúas romperon a chorar, pero Orpah marchou e Rut decidiu quedar coa súa sogra.
Rut díxolle a Noemí: “Non me pidas que te deixe, [...] pois, a onde vaias ti, irei tamén eu, e onde te acollas, acollereime eu contigo; o teu pobo será o meu pobo, e o teu Deus será o meu Deus. Onde morras, alí morrerei eu e alí haberanme de enterrar”. Esta leal e valente moza decidiu adorar a Xehová, o Deus de Noemí. Así que Rut foi con Noemí a Israel, deixando atrás a súa familia, a súa cultura e os seus deuses moabitas.
Para estas dúas mulleres foi moi duro perder os seus seres queridos, pero atoparon refuxio no pobo de Xehová.
Cando chegaron a Belén, algunhas mulleres sorprendéronse ó ver o moito que cambiara Noemí co paso dos anos. Ela respondeulles queixándose de que Xehová lle quitara todo o que tiña e por iso estaba tan amargada. A Rut puideron doerlle moito esas palabras, pois ela deixara todo para estar coa súa sogra. Pero a Biblia non di que se queixase. Simplemente se puxo a traballar na rebusca nos campos que estaban cerca para coidar dela e de Noemí.
Un home rico e con moitas terras viu que Rut estaba traballando duro nos seus campos. Era Boaz, o fillo de Rahab. Cando este home xusto preguntou por ela, dixéronlle todo o que estaba facendo por coidar de Noemí. Máis tarde felicitouna por buscar a protección de Xehová e confiar en que Deus coidaría delas. Incluso se asegurou de que os homes que estaban traballando alí non a molestasen.
Esa noite Rut contoulle a Noemí o amable que fora Boaz con ela e Noemí púxose moi contenta. Pensou que quizais Boaz podería casar con Rut. Boaz era parente de Elimélec, o home de Noemí. E a Lei de Deus dicía que se unha muller nova quedaba viúva e non tivera fillos, un parente do seu home podía casar con ela. Desta forma ela podería darlle descendencia ó seu defunto e así quedarían intactas tanto a súa liña familiar como a súa herdanza (Deut. 25:5, 6). Así que Noemí explicoulle a Rut o que tiña que facer.
É posible que ese costume lle parecese raro a Rut e incluso lle dese vergonza. Aínda así, estivo disposta a facelo. Pola noite baixou á eira, o lugar onde se mallaban os cereais. Alí adoitaban durmir os homes xunto ás moreas de gran que recolleran. Acercouse en silencio a Boaz, destapoulle os pés e deitouse alí. Cando despertou, ela recordoulle humildemente o que di a Lei de Deus e explicoulle como lle aplicaba. É posible que este bo home notase o nerviosa que estaba Rut. Impresionado polo seu valor e o seu amor leal por Xehová e pola súa familia, Boaz díxolle que estaría disposto a casar con ela. Pero antes tería que comprobar se iso sería posible.
Ó día seguinte, Boaz foi xunta os anciáns de Belén e fixo todo como mandaba a Lei. Rut e el casaron e co tempo tiveron un fillo ó que chamaron Obed. Noemí quería moitísimo ó seu neto. Este neno foi antepasado do rei David e, séculos despois, tamén do propio Mesías (Mat. 1:5, 6, 16). Canto bendiciu Xehová o valor de Noemí e Rut!
Le o relato da Biblia:
Pensa nisto:
De que formas demostraron valor Noemí e Rut?
Afonda máis
1. Por que era única no Oriente Próximo a lei da rebusca dos israelitas? (ia páx. 39 par. 23, nota-wcgr). A
Imaxe A
Imaxe A
2. Por que sabemos que Rut non foi xunto a Boaz para ter relacións sexuais con el? (ia páx. 47 pars. 17, 18-wcgr).
3. Boaz chamoulle a Rut “miña filla”. Que nos ensina isto sobre el? (Rut 2:8; w16.11 páx. 3).
4. A diferenza do seu parente, como demostrou Boaz ser altruísta ó casar con Rut? (w23.03 páx. 14). B
Imaxe B
Medita no que aprendiches
Por que deberiamos imitar a Rut sendo traballadores e agradecidos cando temos dificultades económicas? C
Imaxe C
Cando Noemí tiña o corazón roto, Rut axudoulle a saír adiante. Que aprendemos de Noemí sobre aceptar con humildade a axuda doutros? Que aprendemos de Rut sobre animar os demais?
De que outras maneiras podes imitar o valor de Noemí e Rut?
Analiza o cadro completo
Que me ensina este relato sobre Xehová?
Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?
Que me gustaría preguntarlles a Noemí e a Rut cando resuciten?
Aprende máis
Que leccións sobre o amor leal podemos aprender do libro de Rut, e como podemos aplicalas?
“Sigamos mostrándonos amor leal uns a outros” (w21.11 páxs. 8-13)
Utiliza esta historia bíblica ilustrada para axudar á túa familia a visualizar este relato.