BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 48 páxs. 216-219
  • “Cheo de fe e de espírito santo”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Cheo de fe e de espírito santo”
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • “Deus déralle a Esteban a súa aprobación e moito poder”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • Preguntas dos lectores
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2005)
  • Sabíalo?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2018
  • Por que podemos ser felices cando nos odian?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 48 páxs. 216-219

48 ESTEBAN

“Cheo de fe e de espírito santo”

Edición impresa
Edición impresa

ESTEBAN era só un home imperfecto. Pero cando se enfrontou a un terrible perigo, a Biblia descríbeo dicindo que “a súa cara parecía a dun anxo”. Estaba calmo aínda que estaba a punto de declarar diante do Sanedrín, o tribunal supremo xudeu. Ese era o mesmo tribunal que uns meses antes ordenara a morte de Xesús. Como podía estar tan tranquilo nesa situación? A resposta ten que ver co valor.

A Biblia di que Esteban era un home “cheo de fe e de espírito santo”. Os apóstolos en Xerusalén confiaban moito nel e encargáronlle que coidase dos irmáns necesitados da congregación. Un día Esteban encontrouse cun grupo de xudeus fanáticos que empezaron a discutir con el. Pero usou razoamentos tan bos que non conseguiron levarlle a contraria. Enfadáronse tanto que o colleron e o levaron ante o Sanedrín, que tería que decidir se Esteban viviría ou morrería.

É probable que Esteban coñecese a promesa que Xesús lles fixera ós seus seguidores cando estes tivesen que enfrontarse a este tipo de situacións: “Non vos angustiedes pensando no que ides dicir. Nese momento farásevos saber o que tedes que dicir, porque non ides ser vós os que faledes, senón o espírito santo” (Mar. 13:11). Seguro que pensar nesa promesa deulle valor a Esteban. E grazas a axuda do espírito de Xehová, cando estaba de pé diante do Sanedrín, parecía tan tranquilo coma un anxo.

O tribunal estaba composto por 71 membros, todos eles líderes prominentes e instruídos do xudaísmo. Estaban repartidos en tres filas de asentos que formaban un semicírculo nunha impoñente sala. Tamén había dous escribas que tomaban nota de todo o que se dicía. Esteban estaba de pé diante de todos eles, acusado de falar en contra da Lei de Moisés e do templo. Estes crimes podían sentenciar alguén á morte. Entón, o sumo sacerdote Caifás preguntoulle se estas acusacións eran certas.

Esteban empezou repasando a historia de Israel. En primeiro lugar falou sobre Abrahán. Despois recordou a Xosé, que fora perseguido polos seus irmáns, os patriarcas de Israel. Por último faloulles con moito respecto de Moisés e de como a nación se rebelou contra a súa dirección. Mesmo incluíu baixo inspiración detalles sobre Moisés que non aparecen nas Escrituras Hebreas.

O discurso de Esteban demostrou que tiña un gran respecto pola Lei e tamén polo tabernáculo e o templo que Xehová estableceu como centro da adoración pura. Ó mesmo tempo demostrou que o pobo de Deus se rebelara unha e outra vez contra os representantes que El lles enviara.

Esteban tivo que defender a súa fe diante de xuíces que tiñan prexuízos e xa decidiran condenalo á morte.

Seguramente Esteban sabía que estes homes non lle ían mostrar compaixón. Foi moi apropiado que o espírito de Xehová lle dese valor para concluír a súa defensa cunha mensaxe de xuízo. Díxolles que eran “cabezóns” e que estaban “sempre desobedecendo o espírito santo”, igual cós seus antepasados. E o peor de todo, asasinaron a aquel de quen Moisés profetizou que viría e que sería un profeta máis grande ca el. Díxolles que traizoaran e asasinaran a este a quen Moisés chamou “o Xusto”: a Xesús, o Mesías.

Os membros do Sanedrín puxéronse tan furiosos que “empezaron a apertar os dentes” contra Esteban. Pero Xehová deulle forzas cunha visión que Esteban describiu da seguinte maneira: “Mirade! Vexo os ceos abertos e o Fillo do Home de pé á dereita de Deus”. Cando escoitaron iso estes homes enchéronse de ira. Por que? É probable que as palabras de Esteban lles soasen familiares. Cando uns meses antes xulgaran a Xesucristo, el profetizou: “Veredes o Fillo do Home sentado á dereita do Poderoso” (Mat. 26:64). Esteban confirmou que esa profecía se cumprira. Xesús estaba agora de pé ó lado de Xehová!

Esteban falando con calma e convicción diante do Sanedrín. Mentres fala, os líderes relixiosos berran, tapan as orellas e apertan os dentes.

Cheos de furia, agarraron a Esteban, sacárono da cidade e apedrárono. Entón Esteban, que quizais aínda estaba vendo a Xesús na visión, pediulle ó seu Señor que recibise o seu espírito. Por último pediulle a Xehová: “Non lles teñas en conta este pecado”. Esteban morreu sendo un seguidor leal de Xesús, e desa forma converteuse no primeiro mártir cristián. Alí había un mozo que, aínda que aprobaba o asasinato de Esteban, nunca esquecería as súas últimas palabras. Falaremos del máis adiante, nos capítulos 50, 51 e 53.

Le o relato da Biblia:

  • Feitos 6:5–8:2

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Esteban?

Afonda máis

  1. 1. Por que escolleron os apóstolos a Esteban e outros homes “cheos de espírito e de sabedoría” para administrar o reparto da comida? (Feit. 6:3-5; bt páxs. 41-42 pars. 17, 18). A

    Esteban organizando as actividades nun almacén. Dous irmáns entran para entregar grandes cestas de comida mentres outro irmán está sentado tomando nota das entregas. Diante ten unha mesa na que hai unha balanza.

    Imaxe A

  2. 2. Que información sobre Moisés aparece unicamente no discurso de Esteban? (bt páx. 48 par. 13, nota).

  3. 3. Como puido Esteban permanecer tan calmo ó sufrir persecución? (w18.10 páx. 32).

  4. 4. Indica Feitos 7:59 que Esteban lle orou a Xesús? (w05 1/1 páx. 31).

Medita no que aprendiches

  • Esteban era un home “cheo de fe e de espírito santo” que recibira a aprobación de Deus e moito poder. Aínda así, estivo disposto a participar no reparto de comida (Feit. 6:2, 5, 8). Como poden imitar o seu exemplo os irmáns que teñen grandes habilidades ou que recibiron moitas responsabilidades na congregación? B

    Serie de imaxes: 1. Un ancián discursando nun congreso. 2. Ese mesmo ancián retirando neve cunha pa do estacionamento dun Salón do Reino.

    Imaxe B

  • Esteban orou polos seus perseguidores. Como poderiamos nós demostrar amor polos que nos perseguen ou se opoñen a nós? (Mat. 5:44-48).

  • De que maneiras podes imitar o valor de Esteban na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Por que estás agradecido de que Esteban fose escollido para gobernar con Cristo no ceo?

Aprende máis

Aprende como podemos defender a nosa fe con respecto pero tamén con valor, igual que fixo Esteban.

“Deus déralle a Esteban a súa aprobación e moito poder” (bt páxs. 47-50 pars. 9-19)

Como podemos os cristiáns da actualidade ser tan valentes coma Esteban cando nos perseguen?

Demostraron valor a pesar da persecución (6:27)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir