BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w05 1/1
  • Preguntas dos lectores

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Preguntas dos lectores
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2005)
  • Información relacionada
  • “Deus déralle a Esteban a súa aprobación e moito poder”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • “Cheo de fe e de espírito santo”
    Sirve a Xehová con valor
  • Sabíalo?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2018
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2005)
w05 1/1

Preguntas dos lectores

Indican as palabras de Esteban en Feitos 7:59 que temos que orarlle directamente a Xesús?

Feitos 7:59 di: “Mentres o estaban matando a pedradas, Esteban suplicou: ‘Xesús, meu Señor, recibe o meu espírito’”. Estas palabras fixeron que xurdisen certas preguntas na mente dalgúns, pois a Biblia di que Xehová é quen escoita as oracións (Salmo 65:3 [65:2, TNM]). Estaba Esteban orándolle a Xesús? Indica isto que Xesús e Xehová son a mesma persoa?

A Versión do Rei Xacobe di que Esteban estaba “acudindo a Deus”. Polo tanto, é comprensible que moitos chegasen á mesma conclusión que o comentarista bíblico Matthew Henry, que dixo: “Esteban estaba orándolle a Cristo e nós debemos facer o mesmo”. Pero ese punto de vista é erróneo. Por que?

Unha obra de consulta recoñece honestamente: “A palabra Deus non está no orixinal e non debería estar na tradución. Non aparece en ningunha das versións ou manuscritos antigos” (Barnes’ Notes on the New Testament). Entón, como chegou a estar a palabra “Deus” neste versículo? O experto Abiel Abbot Livermore dixo que foi “un exemplo dos prexuízos sectarios dos tradutores”. Por iso, a maioría das traducións modernas eliminan esta referencia adulterada a Deus.

Aínda así, moitas versións din que Esteban lle “orou” a Xesús. E a nota na Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras (dispoñible en español) di que a expresión “facía petición” tamén pode significar “invocación; oración”. Non indicaría isto que Xesús é o Deus Todopoderoso? Non. O Diccionario expositivo de palabras del Antiguo y del Nuevo Testamento exhaustivo de W. E. Vine explica que neste contexto a palabra grega orixinal, epikaléō, significa: “invocar; [...] apelar á autoridade”. Paulo usou esta mesma palabra cando declarou: “Apelo a César!” (Feitos 25:11). Por iso, A Biblia, SEPT, está no certo ó dicir que Esteban “invocaba” a Xesús.

Que motivou a Esteban a facer unha petición así? Segundo Feitos 7:55, 56, Esteban, “cheo de espírito santo, mirou cara ó ceo e viu a gloria de Deus e a Xesús de pé á dereita del”. O normal sería que Esteban dirixise esta petición a Xehová no nome de Xesús. Pero ó ver a Xesús resucitado na visión, parece que Esteban se sentiu coa liberdade de dirixirse directamente a el, dicíndolle: “Xesús, meu Señor, recibe o meu espírito”. Esteban sabía que a Xesús se lle outorgou a autoridade de resucitar os mortos (Xoán 5:27-29). Por iso, pediulle que gardase o seu espírito, ou forza de vida, ata o día no que o resucitase á vida inmortal nos ceos.

Sentou a breve declaración de Esteban un precedente para que lle oremos a Xesús? Para nada. Por unha razón: Esteban sabía distinguir claramente entre Xesús e Xehová, pois o relato di que viu a Xesús “de pé á dereita de Deus”. Ademais, estas circunstancias eran excepcionais. Só hai outro caso no que alguén se dirixiu directamente a Xesús. Foi o do apóstolo Xoán, que tamén lle falou a el cando o viu nunha visión (Apocalipse 22:16, 20).

Aínda que os cristiáns da actualidade diriximos tódalas nosas oracións a Xehová, tamén temos unha fe inquebrantable en que Xesús é “a resurrección e a vida” (Xoán 11:25). Igual que Esteban, ter fe en que Xesús pode resucitar os seus seguidores pode axudarnos a aguantar en tempos difíciles.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir