BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 31 páxs. 142-145
  • Unha nena valente fala do seu Deus

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Unha nena valente fala do seu Deus
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Unha nena moi valente
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Se somos perspicaces, iranos ben
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
  • “Señor, ábrelle os ollos”
    Sirve a Xehová con valor
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 31 páxs. 142-145

31 A NENA ISRAELITA

Unha nena valente fala do seu Deus

Edición impresa
Edición impresa

NON sabemos como se chamaba, pero si coñecemos unha parte importante da súa historia. Era unha nena que vivía en Israel durante o reinado do rei Ioram. Como este rei e o seu pobo eran rebeldes, Xehová permitiu que os sirios seguisen atacando a nación, saqueando as súas propiedades e secuestrando algúns deles. Un día os sirios capturaron esta nena e levárona ó seu país.

Non podemos nin imaxinar o medo que debeu pasar a pequena e a dor que debeu sentir a súa familia. A nena chegou a ser propiedade de Naamán, o xefe do exército sirio, e el deulla á súa muller como criada. Ben seguro que esta rapaza fixo todo o que puido por adaptarse á súa nova vida. É probable que notase que na casa todos estaban moi tristes. Naamán sufría lepra, unha terrible enfermidade que desfiguraba as persoas e ás veces era incurable.

Aínda que vivía entre persoas que adoraban deuses falsos nunca perdeu a súa compaixón nin deixou de ser valente.

Esta nena tiña un gran corazón. Aínda que sabía que Naamán era inimigo da nación de Israel, sentiuse mal por el e pola súa muller. Pero sabía que había unha esperanza. É probable que os seus pais lle contasen historias sobre as cousas incribles que fixera Xehová a través do seu profeta Eliseo. Ela non sabía se Eliseo curara algunha vez alguén que tivese unha enfermidade coma esta. Aínda así, a rapaciña estaba segura de que o seu Deus Xehová podía darlle ó seu profeta o poder para axudar a Naamán.

Seguro que a nena se preguntaba se debía falarlle á familia coa que estaba sobre Xehová. Quizais incluso fose perigoso facelo, pois Naamán adoraba o deus Rimón e adoitaba levar o rei de Siria ó templo deste deus para adoralo. Parece que os sirios crían que Rimón tiña o poder de provocar tormentas e tronos. Que pensaría Naamán de Xehová, o Deus que adoraba esta rapaza? Ofenderíase pola idea de que Xehová puidese facer algo que Rimón non podía? Seguro que a nena orou para pedirlle valor a Xehová. Entón, un día díxolle á súa señora: “Oxalá o meu señor fose onda o profeta que hai en Samaría. El si que o libraría da súa enfermidade”.

A nena israelita detrás dunha columna mirando con coidado como a muller de Naamán trata de animar o seu home que está enfermo de lepra.

Estas son as únicas palabras dela que aparecen na Biblia, e podía parecer que non tiñan demasiada importancia. Pero tiveron un resultado impresionante. No seguinte versículo atopamos a Naamán acercándose ó rei Benhadad para informarlle do que dixo a nena. Entón o rei enviou a Naamán a Israel cunha carta para o rei Ioram solicitándolle que cure a Naamán da súa lepra.

Despois de marchar Naamán, o único que podían facer os da súa casa era esperar nerviosos para ver que lle pasaba. Mentres tanto, seguro que a nena orou unha e outra vez para rogarlle a Xehová que actuase e lle demostrase a Naamán que el é o único Deus verdadeiro. Pasaron días, e pode que incluso semanas, ata que un día Naamán volveu. Imaxina a emoción que sentiron todos ó velo de cerca. Estaba curado! A súa pel, que ata hai pouco estivera desfigurada pola enfermidade, agora estaba limpa e sa, coma a dun neno.

A nena debeu de estar moi atenta a todo o que contou Naamán. El explicou como Eliseo o recibira e puxera a proba a súa humildade chegando incluso a enfadalo. Tamén que os seus propios servos lle insistiran para que se bañase no río Xordán sete veces como lle dixera o profeta, e que cando saíu da auga por última vez estaba completamente curado. Pero o mellor foi que, dende ese momento, Naamán adoraba a Xehová coma ela!

Todo isto pasou grazas a que unha nena reuniu o valor necesario para falar de Deus e do seu profeta. A verdade é que non sabemos o seu nome, pero Xehová si. E se imitamos o valor desta rapaciña poderemos ver o día no que Xehová a resucite. Pensa no emocionante que será coñecela, saber o seu nome e escoitala contar o resto da súa historia!

Le o relato da Biblia:

  • 2 Reis 5:1-19

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor a nena israelita?

Afonda máis

  1. 1. Por que poderían os sirios parecerlle aterradores e estraños á nena israelita? (w96 15/5 páx. 8 par. 3-wcgr). A

    Courtesy of Musée du Louvre, Paris

    Imaxe A: Un antigo ídolo sirio, posiblemente o deus Rimón.

  2. 2. Describe como lle pode afectar a lepra a unha persoa (it “Lepra” pars. 3-5-wcgr).

  3. 3. Por que non aceptou Eliseo o regalo de Naamán? (w05 1/8 páx. 9 par. 2-wcgr).

  4. 4. Por que confiou Eliseo en que Xehová perdoaría a Naamán por prostrarse ante o deus Rimón? (2 Reis 5:18, 19; w05 1/8 páx. 9 par. 3-wcgr). B

    Naamán e o rei de Siria, que xa está moi maior, de xeonllos diante dun altar de incenso. Mentres o rei se inclina a adorar o seu deus, Naamán aparta a vista e mira cara arriba.

    Imaxe B

Medita no que aprendiches

  • Naamán era un xefe do exército sirio que invadira Israel. Aínda así Xehová curouno. Que che ensina isto sobre a misericordia e a imparcialidade de Xehová? C

    Un irmán adolescente predicándolle a un compañeiro de clase no bus. O compañeiro ten parte da cara tapada polo pelo longo e piercings na cella, no labio e na orella.

    Imaxe C

  • Como che pode axudar o exemplo da nena israelita a falar de Xehová incluso cando tes medo?

  • De que outras maneiras podes imitar o valor da nena israelita?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle á nena israelita cando resucite?a

Aprende máis

O nome da nena non aparece na Biblia. Significa iso que non era importante para Xehová?

“Por que omite a Biblia o nome dalgúns personaxes?” (w13 1/8 páx. 10)

Aprende como os rapaces da actualidade poden ser igual de valentes que a nena israelita.

Xehová darache valor (11:59)

a Se a nena creceu ata chegar a ser adulta, é evidente que resucitará coma unha muller e non coma unha nena.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir