BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w26 marzo páxs. 20-25
  • Se somos perspicaces, iranos ben

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Se somos perspicaces, iranos ben
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • SÉ HUMILDE E NON ORGULLOSO
  • MANTÉN A CALMA E NON TE ENFADES
  • CONFÍA EN XEHOVÁ SE TES MEDO
  • SIGUE APRENDENDO A PENSAR COMO XEHOVÁ
  • Unha nena valente fala do seu Deus
    Sirve a Xehová con valor
  • Unha nena moi valente
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Xehová cura “os corazóns quebrados”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Enfrontouse a dous homes enfadados
    Sirve a Xehová con valor
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
w26 marzo páxs. 20-25

25-31 DE MAIO DE 2026

CANCIÓN sjj 135 “Meu fillo, faime feliz sendo sabio”

Se somos perspicaces, iranos ben

“O que é perspicaz ó tratar un asunto terá éxito” (PROV. 16:20, TNM).

OBXECTIVO

Ver como demostrar perspicacia pode axudarnos a actuar da maneira correcta ante situacións difíciles.

1, 2. Que é a perspicacia, e como nos pode axudar?

ALGUNHA vez sentiches que che faltaban ó respecto, que alguén tiña unha opinión equivocada sobre ti ou que te estaban ofendendo? Houbo algunha ocasión na que sentises medo? Se é así, seguro que sabes o difícil que pode ser ás veces dicir ou facer o correcto. Podemos estar agradecidos de que a Biblia fale dunha cualidade que nos pode ser moi útil nestas e noutras circunstancias: a perspicacia.

2 A perspicacia é a capacidade de comprender ben unha situación, de ver máis alá do que é obvio. Permítenos entender por que pode ser que sucedese algo ou por que é posible que alguén actuase de certa maneira. Por iso, grazas á perspicacia, podemos actuar con sabedoría e con prudencia. Por exemplo, axúdanos a controlar o que dicimos e a saber cando é mellor estar calados (Prov. 10:19; Sal. 4:5 [4:4, TNM]). Tamén nos permite manter a calma cando estamos enfadados e a pasar por alto as ofensas. Ademais axúdanos a aceptar que alguén nos dea consello e nos corrixa (Prov. 19:20). Como resultado, as cousas que digamos ou fagamos non só lle agradarán a Xehová senón que tamén lles axudarán a outros e a nós mesmos. Isto é especialmente certo cando nos sentimos tentados a responder de maneira brusca ou a darlles renda solta ás nosas emocións. Vexamos tres relatos bíblicos que demostran como a perspicacia pode axudarnos a seguir sendo humildes, manter a calma e seguir confiando por completo en Xehová.

SÉ HUMILDE E NON ORGULLOSO

3. Quen foi Naamán?

3 Para actuar da maneira correcta, temos que ser humildes (1 Ped. 5:5). A perspicacia pode axudarnos a conseguilo. Como? Pensa no exemplo de Naamán. El vivía en Siria, unha nación ó norte de Israel, e era un home importante: o xefe do exército daquel lugar. Pero tiña lepra, unha enfermidade terrible da pel (2 Reis 5:1).

4. Como demostrou perspicacia Naamán?

4 A muller de Naamán tiña unha criada que era israelita. Esta nena contoulle que había un profeta en Israel que podía curar o seu home (2 Reis 5:2, 3). Naamán podería ter pensado: “Terá algo útil que dicirme esta nena, unha simple criada dunha nación inimiga?”. Pero demostrou que tiña perspicacia e, en vez de ignorala por orgullo, foi humilde e tomou en serio as súas palabras. Entón, conseguiu o permiso do rei de Siria para ir a Israel en busca dunha cura (2 Reis 5:4, 5).

5. Que lle pasou a Naamán cando chegou a Israel?

5 Naamán chegou á corte do rei Ioram de Israel, esperando que o curasen da súa lepra. Pero Ioram pensou que o rei de Siria estaba provocándoo. Cando o profeta Elías escoitou o que pasaba, pediulle ó rei de Israel que lle mandase a aquel home (2 Reis 5:6-9). Non obstante, as cousas non saíron como esperaba Naamán, xa que o profeta nin sequera saíu da súa casa para recibilo ou para falar con el. En vez diso, mandoulle un mensaxeiro para dicirlle o que tiña que facer para ser curado (2 Reis 5:10).

6. a) Por que é posible que Naamán reaccionase con orgullo ás instrucións do mensaxeiro? b) Como demostraron perspicacia os servos de Naamán, e cal foi o resultado? (2 Reis 5:13, 14).

6 Ó principio, Naamán non reaccionou ben ó que lle dixo o mensaxeiro. Indignouse e marchou furioso (2 Reis 5:11, 12). Por que? Quizais sentía que non lle deran o respecto que merecía sendo un oficial do exército de alto rango. Ademais, pode ser que sentise que as instrucións de Elías lle faltaban ó respecto á súa nación. Sen importar cal fose o caso, el estaba a punto de darse por vencido e volver a casa. Pero os seus servos mostraron perspicacia cando lle suplicaron que o reconsiderase. Entón, de maneira sabia decidiu poñer a un lado o seu orgullo e seguir con humildade as instrucións do profeta e, como resultado, foi curado! (le 2 Reis 5:13, 14).

7. Que podemos aprender do exemplo de Naamán? (Proverbios 22:4). (Ver tamén as imaxes).

7 Que aprendemos deste relato? Demostramos que temos perspicacia cando miramos máis alá do obvio, como poden ser as aparencias. Tamén a demostramos cando non deixamos que as nosas emocións nos controlen. Esta cualidade pode motivarnos a ser humildes e polo tanto admitir que non temos tódalas respostas. É posible que necesitemos a axuda doutros, especialmente de Xehová. Naamán aínda non adoraba a Xehová, pero demostrou perspicacia ó escoitar a outros: á nena israelita que era criada da súa muller, ós seus propios servos e, o máis importante, ó representante de Xehová, Elías. Foi capaz de deixar a un lado o seu orgullo ferido e, ó final, tomou unha boa decisión que o levou a ser curado. Así que antes de dicir ou facer algo, deberiamos parar e pensar. Por exemplo, imaxina que alguén che dá un consello baseado na Biblia co que non estás de acordo ou que hai algunha instrución da organización que non comprendes. Nese caso, terás que ter coidado e pensar se a túa reacción demostrará se es orgulloso ou humilde (le Proverbios 22:4).

Serie de imaxes: Un irmán demostrando perspicacia ó escoitar con humildade a outros. 1. Escoitando o consello que lle dá un irmán máis novo co folleto “Melloremos na lectura e no ensino”. 2. El escoitando a unha irmá maior que lle fala sobre a organización dos carriños. 3. Escoitando un programa do JW Broadcasting na súa tableta .

Do mesmo xeito que Naamán escoitou con humildade, nós tamén debemos escoitar cando nos dean consello, cando outros nos falen dun problema ou cando recibamos instrucións da organización de Deus (ver o parágrafo 7).


MANTÉN A CALMA E NON TE ENFADES

8. En que situacións pode facérsenos difícil manter a calma?

8 A perspicacia pode axudarnos a manter a calma e responder ben ante situacións que nos frustran ou enfadan. Por suposto, non sempre é fácil porque ás veces temos razóns para molestarnos se alguén di ou fai algo que é pouco amable ou inxusto (Ef. 4:26 e a nota de estudo “Cuando se enojen”, nwtsty-S). Vexamos como David e Abigail mostraron perspicacia ante unha situación tensa.

9. Como tratou Nabal a David?

9 Imaxina a escena: David e os seus homes estaban vivindo como fuxitivos no deserto de Parán (1 Sam. 25:1). Mentres estaban alí, axudaron a protexer os pastores e os rabaños dun home rico chamado Nabal (1 Sam. 25:15, 16). Cando chegou a época de rapar as ovellas, David envioulle uns mensaxeiros a Nabal para desexarlle que lle fose ben e pedirlle humildemente que lles dese algo para comer (1 Sam. 25:6-8). Pero Nabal non agradeceu en absoluto o que David e os seus homes fixeran por el. Respondeulles faltándolles ó respecto e incluso insultounos (1 Sam. 25:10, 11).

10. Como demostraron perspicacia David e Abigail? (1 Samuel 25:32, 33). (Ver tamén a imaxe).

10 Se estiveses na pel de David, como te sentirías? É fácil entender por que se enfadou tanto. Era un home de emocións intensas e, neste caso, enfadouse tanto que quería matar a Nabal! (1 Sam. 25:13, 21, 22) É máis, ía camiño de facelo xusto cando o interceptou Abigail, a muller tan sensata que tiña Nabal. Como demostrou ela perspicacia? Comprendeu que David era un bo home a pesar da súa reacción tan extrema, así que fixo o que puido para axudarlle a controlar o seu enfado. Levoulle un regalo xeneroso e humildemente lle deu un consello moi sabio (1 Sam. 25:18, 23-31). David foi perspicaz ó escoitar con atención o que ela lle dixera e ó recoñecer que as súas palabras transmitían o que pensaba Xehová sobre o asunto. Grazas a isto calmouse e evitou cometer un erro moi grave (le 1 Samuel 25:32, 33).

David escoitando con atención a Abigail mentres ela lle suplica de xeonllos no chan. Os homes de David observan de cerca e os servos de Abigail esperan detrás dela cargando con moitos regalos.

David e Abigail evitaron que sucedese unha traxedia ó demostrar perspicacia durante unha situación tensa (ver o parágrafo 10).


11. Como podemos ser perspicaces cando se nos provoca? (Proverbios 19:11, TNM).

11 Que aprendemos deste relato? A perspicacia pode axudarnos a responder con calma, incluso se temos razóns para estar enfadados. Tamén nos axuda a ter en conta as consecuencias das nosas palabras e accións (le Proverbios 19:11, TNM). Cando Abigail lle recordou a David como farían sentir a Xehová as súas accións, el foi capaz de controlar o seu enfado. Se algo ou alguén te enfada, evita responder sen pensar (Sant. 1:19). Óralle a Xehová e tómate o teu tempo para pensar no asunto. O máis probable é que iso che axude a manter a calma.

12. Como nos poden axudar outros a manter a calma e tomar boas decisións?

12 Do mesmo xeito que Xehová usou a Abigail para axudarlle a David a ver máis alá da situación, el pode usar a outros para axudarnos a nós a ser máis perspicaces sobre un asunto. Así que antes de reaccionar ante unha situación frustrante, pensa en falar cun cristián maduro, alguén que che poida axudar a ver as cousas igual que Xehová (Prov. 12:15; 20:18). Por outro lado, se tes a oportunidade de axudarlle a un amigo nesta situación, por que non imitas a Abigail? Poderías axudarlle a ver o que opina Xehová sobre o tema? Seguro que Deus bendicirá os teus esforzos por axudarlles a outros a mostrar perspicacia e manter a calma.

CONFÍA EN XEHOVÁ SE TES MEDO

13. Como nos pode axudar a perspicacia cando temos medo?

13 Ás veces pasamos por situacións que nos dan medo. A perspicacia pode axudarnos a ver máis alá deses medos e a recordar que calquera cousa que pase neste mundo, por moito medo que nos dea, é insignificante en comparación co incrible poder de Xehová (Sal. 27:1). Deus pode axudarnos incluso cando pensamos que non hai solución para o noso problema. Isto foi o que lle pasou ó profeta Xonás. El era un home espiritual, pero necesitou máis perspicacia para poder cumprir cunha asignación moi difícil.

14. Por que é posible que a Xonás lle dese medo a asignación que lle deu Xehová?

14 Xehová deulle a Xonás unha asignación que intimidaba: ir a Nínive e darlles unha mensaxe de xuízo ós seus habitantes (Xon. 1:1, 2). Como te sentirías ti se recibises esa asignación? A difícil viaxe a pé dende Israel ata a cidade asiria de Nínive debeu levarlle sobre un mes. Os asirios eran coñecidos por ser agresivos e violentos, tanto que incluso se lles chamaba a “cidade asasina” (Nah. 3:1, 7). En vez de aceptar a asignación, Xonás decidiu fuxir (Xon. 1:3).

15. Que lle axudou a Xonás a confiar máis en Xehová? (Xonás 2:7-10 [2:6-9, TNM]).

15 Xonás estaba fuxindo cando Xehová lle demostrou o seu poder o facer un milagre para salvar a súa vida dunha maneira espectacular (Xon. 1:15; 2:1 [1:17, TNM]). Este profeta aprendeu a lección. Deuse conta de que non lle tiña que dar medo ir a aquela cidade porque Xehová o protexería de calquera perigo (le Xonás 2:7-10 [2:6-9, TNM]). Cando Deus lle deu unha segunda oportunidade para cumprir coa asignación, Xonás non fuxiu. Foi a Nínive, as persoas escoitárono e salváronse (Xon. 3:5).

16. Como nos pode axudar a perspicacia en situacións que nos dan medo? (Proverbios 29:25, TNM). (Ver tamén as imaxes).

16 Que aprendemos deste relato? Non queremos ter tanto medo ó que outros nos poidan facer que acabemos desobedecendo a Xehová (le Proverbios 29:25, TNM). Grazas á perspicacia, Xonás puido ver máis alá do difícil que era a súa asignación e centrouse na axuda que lle daba Xehová. De maneira parecida, queremos ver máis alá dos nosos medos e meditar en como Xehová nos axudou e protexeu no pasado. Tamén podemos meditar nos exemplos de irmáns que foron capaces de facerlles fronte a situacións que lles daban medo ou que conseguiron cumprir con asignacións complicadas ó confiar en Xehová (Heb. 13:6).a Sexamos perspicaces, confiemos por completo en Xehová e axudémoslles a outros a facer o mesmo.

Serie de imaxes: 1. O profeta Xonás camiñando cara ás portas da cidade de Nínive. 2. Un irmán adolescente camiñando polo instituto rodeado de cousas que non lle gustan a Xehová. Hai bandeiras coas cores do arco iris colgadas e un rapaz estalle facendo bullying a outro.

O exemplo de Xonás ensínanos que a perspicacia pode axudarnos a aceptar a dirección que nos dá Deus e a facer o que el nos pide aínda que sexa difícil (ver o parágrafo 16).


SIGUE APRENDENDO A PENSAR COMO XEHOVÁ

17. Que nos axudará a seguir aprendendo a pensar como Xehová?

17 Como vimos, se demostramos perspicacia poderemos actuar da maneira correcta cando pasemos por situacións difíciles. Como poderemos conseguilo? Xehová é a persoa que mellor nos pode axudar e faino a través da Biblia e do seu espírito santo (Neh. 9:20; Sal. 32:8). El dános advertencias que nos axudan a tomar decisións sabias e a controlar as nosas emocións (Sal. 119:97-101). Ó ler e meditar no que di a Biblia e pedirlle en oración que nos dea o seu poderoso espírito santo, conseguiremos ser máis perspicaces. Iso permitiranos comprender cal é o punto de vista de Xehová e a facer o que el quere que fagamos (Prov. 21:11).

18. Que estás decidido a facer?

18 Sigamos buscando e valorando a sabedoría que obtemos grazas a Xehová (Sal. 14:2). Se o facemos, nunca nos desviaremos “do camiño da perspicacia” (Prov. 21:16, nota, TNM). Así que esteamos máis decididos ca nunca a ser sempre perspicaces. E como resultado, “[teremos] éxito”.

COMO PODEMOS DEMOSTRAR PERSPICACIA IGUAL QUE...

  • ...Naamán?

  • ...David e Abigail?

  • ...Xonás?

CANCIÓN sjj 42 A oración do servo de Deus

a Por exemplo, analiza a experiencia de Georgiy Porchulyan na serie de artigos “Biografías de testigos de Jehová” que encontrarás en JW Library® ou en jw.org en español.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir