BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 32 páxs. 146-149
  • “Señor, ábrelle os ollos”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Señor, ábrelle os ollos”
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Os cabalos e os carros de lume de Xehová
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Eliseo viu os carros de lume. Velos ti?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2013)
  • Preguntas dos lectores
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2003)
  • “Hai máis connosco ca con eles”
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 32 páxs. 146-149

32 ELISEO

“Señor, ábrelle os ollos”

Edición impresa
Edición impresa

NUN outeiro situado nun val en Israel levantábase a cidade amurallada de Dotán. Un día, cedo pola mañá, o servo de Eliseo levantouse, saíu da casa e viu algo aterrador. A cidade estaba rodeada de cabalos, carros e un poderoso exército sirio que chegara pola noite. Viñeran buscar un home en particular: o profeta Eliseo. Morto de medo, o servo saíu correndo para contarlle ó seu amo do grave perigo que se lles viña enriba.

As ameazas e o perigo non eran nada novo para Eliseo. Anos atrás, Xehová enviara a Elías onda Eliseo para que o nomease sucesor e o capacitase. Xuntos enfrontáronse ó malvado rei Acab, á raíña Iezabel e ó seu fillo Ocozías, que querían matalos. Un día, mentres ían camiñando, un carro de guerra de lume baixou do ceo, separounos e o vello profeta foi levado ó ceo no medio de fortes ventos. É posible que Eliseo nunca volvese ver o seu amigo, pero continuou co labor que comezara Elías, liderando “os fillos dos profetas” na guerra de Xehová contra a adoración de Baal (2 Reis 2:15).

Xehová deulle a Eliseo poder para facer moitos milagres. Por exemplo, curou a Naamán, un importante xefe do exército de Siria e un servo a quen o seu rei Benhadad valoraba moito. Pero en vez de estar agradecido, ese rei seguiu atacando Israel. Aínda así, Xehová seguiu frustrando os seus plans revelándolle a Eliseo onde sería o seguinte ataque. Moi enfadado, o rei sirio preguntoulles ós seus servos cal deles lle estaba filtrando os seus plans ó inimigo. Un deles díxolle: “É Eliseo, un profeta que hai en Israel, quen informa ó rei de Israel das palabras que ti dis mesmo na túa alcoba”. Cando Benhadad soubo que Eliseo estaba en Dotán, mandou os seus homes para capturalo.

Eliseo e o seu axudante estaban rodeados por un exército enorme e parecía que non tiñan escapatoria. Pero o profeta sabía algo que o seu axudante descoñecía.

O servo de Eliseo foi o primeiro en ver o exército sirio. Así que correu onda o profeta berrando: “Ai, meu señor, ¿como faremos?”. Vendo o terror nos seus ollos, Eliseo tranquilizouno con estas coñecidas palabras: “Non teñas medo, pois hai máis connosco ca con eles”. É posible que o servo mirase a Eliseo con cara de asombro. Como ían ser dous homes máis ca un exército enorme? Entón Eliseo oroulle a Xehová: “Señor, ábrelle os ollos para que vexa”.

Xehová respondeu de inmediato permitíndolle ó servo ver o que estaba pasando na rexión espiritual. De súpeto, “viu o monte cuberto de cabalos e de carros de lume, que cercaban a Eliseo”. Este era un exército infinitamente máis grande que calquera exército humano!

Eliseo e o seu axudante están nunha torre de garda. O axudante ve un enorme exército de cabalos e carros de lume que baixa polos montes e carga contra o exército sirio que está no val.

Os sirios non viron o exército de anxos de Xehová, polo que seguiron avanzando cara á cidade para capturar a Eliseo. Así que o profeta pediulle a Xehová que os cegase. Pero en vez de quitarlles ós sirios a súa capacidade de ver, parece que Xehová impediu que entendesen o que vían. Entón, Eliseo díxolles que el podía guialos ata a cidade e o home que buscaban. Eles aceptaron, pero en realidade Eliseo levounos a Samaria, que estaba a uns 16 quilómetros. Cando chegaron, pediulle a Xehová que lles abrise os ollos. Nese momento entenderon onde estaban: atrapados no medio e medio da capital inimiga. O rei de Israel quería executalos, pero Eliseo dixo que lles desen de comer e os mandasen de volta á súa casa. O relato remata dicindo: “As bandas arameas non volveron entrar no territorio de Israel”.

O profeta sabía que os anxos de Xehová estaban alí porque os “viu” cos ollos da fe. Os seus anos de servizo a Deus ensináronlle que Xehová e os seus anxos nunca están lonxe, e que sempre están dispostos a axudar ós servos fieis de Deus. Saber iso seguro que lle deu moito valor a Eliseo e tamén nolo pode dar a nós.

Le o relato da Biblia:

  • 2 Reis 6:8-23

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Eliseo?

Afonda máis

  1. 1. Por que sabemos que Eliseo estaba moi agradecido de que Xehová o escollese como profeta? (1 Reis 19:19-21; it “Eliseo” par. 2-wcgr). A

Eliseo está facendo un lume usando os seus aparellos de arar coma leña. Elías está ó lado sentado nunha rocha mirando o que fai.

Imaxe A

Imaxe A

  1. 2. Por que lle pediu Eliseo a Elías “dúas partes” do seu espírito? (2 Reis 2:9; w03 1/11 páx. 31).

  2. 3. Por que é razoable pensar que Xehová lles provocou ós sirios unha cegueira mental e non física? (it “Cegueira” par. 6-wcgr).

  3. 4. Describe as diferentes funcións que cumpriu Eliseo como profeta (it “Eliseo” pars. 27, 28-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • En que situacións pode fortalecernos “ver” os anxos cos ollos da fe? B

    Unha irmá deitada na cama dun hospital está rexeitando con firmeza unha transfusión de sangue. Varios profesionais da medicina rodéana e insístenlle para que a acepte.

    Imaxe B

  • Como poden os anciáns e tódolos demais imitar a forma na que Eliseo animou o seu axudante?

  • De que formas podes imitar o valor de Eliseo na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Eliseo cando resucite?

Aprende máis

Que poden aprender de Eliseo os irmáns que reciben unha nova responsabilidade?

Respectemos os homes de experiencia (4:48)

Aprende máis leccións da vida de Eliseo.

“Eliseo viu os carros de lume. Velos ti?” (w13 15/8 páxs. 28-30)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir