30 A VIÚVA DE SAREPTA
Demostrou valor nunha situación desesperada
ESTA muller non era invisible, pero é moi probable que se sentise así. Alguén vía o seu sufrimento? A alguén lle importaba? Era viúva e nai dun neno. En Israel, as viúvas e os orfos tiñan certa protección grazas ás bondadosas leis de Deus. Pero ela non era israelita. Vivía en Sarepta, unha cidade de Sidón. Parece ser que Etbaal, o rei daquela nación, tamén fora sacerdote da deusa Axtarté. A adoración desta deusa promovía todo tipo de condutas repugnantes. Nunha terra na que a crueldade estaba tan estendida e a xente loitaba por sobrevivir á seca e á fame, que esperanza lle podía quedar a unha pobre viúva de que alguén lle mostrase compaixón?
Ela e seu fillo foron saíndo adiante arrepañando a pouca comida que ían atopando. Pero as cousas estaban cada vez peor, e agora parecía achegarse o seu amargo final.
Con todo, Xehová viu que esta viúva tiña algo especial e moi valioso. Aínda que vivía nun país onde a xente adoraba deuses falsos, ela tiña fe nel. Dalgunha maneira debeu aprender sobre el e quizais quedou impresionada por todo o que fixo polo seu pobo. Estaba segura de que el era o Deus verdadeiro. Case mil anos máis tarde, Xesús púxoa de exemplo e dixo que Xehová lle axudara. Como o fixo?
Xehová díxolle ó profeta Elías que viaxase cara ó norte para atopar esta viúva e que quedase na súa casa durante a seca. Cando o profeta chegou a Sarepta viu unha muller recollendo leña para facer un lume. Faloulle con amabilidade e pediulle algo moi simple: “Fai o favor e vaime por unha pouca auga na xarra para beber”. Aínda que nunca vira a Elías, a viúva fixo o que lle pediu. É posible que o seu ton de voz, as súas palabras amables ou a súa roupa de profeta lle desen a entender que era un servo de Xehová. Por outra parte, é posible que Elías se preguntase se esa era a muller da que Deus lle falara. Para asegurarse pediulle outro favor: que lle trouxese un anaco de pan.
Entón a viúva abriulle o corazón. Empezou dicíndolle: “Pola vida do Señor, teu Deus”. Isto demostraba que tiña fe no Deus verdadeiro, que ó contrario dos deuses falsos era “o Deus vivo” (Xos. 3:10). Díxolle que só tiña un puñado de fariña nun recipiente grande, e un pouco de aceite noutro pequeno. Estaba preparando un lume para facer unha última comida para ela e o seu fillo. Entón díxolle: “Comerémolo e despois teremos que morrer”.
Ela e o seu fillo case non tiñan nada de comida. Aínda así, o profeta de Xehová pediulle o último que lles quedaba para comer.
As seguintes palabras de Elías deixárona impactada. Díxolle: “Non teñas medo”. Como non ía ter medo ó pensar en ver o seu fillo morrer de fame? Aínda así ela escoitouno. Entón Elías contoulle o que Xehová prometeu facer por ela. Se primeiro lle facía un boliño de pan ó profeta, Xehová recompensaríaa. Aseguroulle que a fariña e o aceite que tiña nos recipientes nunca se esgotarían e que sempre tería de comer ata que rematase a seca.
Neste momento é cando se puxo a proba a fe da viúva. Ía renunciar á súa última comida para darlle de comer ó profeta de Deus? Ela probablemente sabía que Xehová fixera cousas moito máis incribles que alimentar unha viúva e o seu fillo. Aínda así, atoparía o valor necesario para confiar en Deus? O relato di: “Foi ela face-lo que Elías lle dixera”.
Xehová recompensou esta muller con xenerosidade. Os recipientes que contiñan fariña e aceite seguiron proporcionando de forma milagrosa alimento para Elías, para ela e para a súa familia ata que rematou a seca. E Xehová fixo algo aínda máis impresionante por ela. Cando de repente o seu fillo enfermou gravemente e morreu, Xehová usou a Elías para devolverlle a vida ó pequeno! Esta é a primeira resurrección rexistrada na Biblia. Seguro que este milagre lle deu moito valor á viúva. Dende entón, o seu exemplo motivou a millóns de persoas a imitar a súa fe.
Le o relato da Biblia:
1 Reis 17:8-24
Pensa nisto:
De que formas demostrou valor a viúva de Sarepta?
Afonda máis
1. En que consistía a relixión que practicaba a xente de Sidón? Como influíu esta relixión nos israelitas? (it “Sidón, sidonios” par. 6-wcgr). A
Penta Springs Limited/Alamy Stock Photo
Imaxe A: Figura de Axtarté que data de arredor do ano 1500 a. n. e.
2. Que conexión había entre Etbaal e o rei Acab de Israel? (it “Etbaal”-wcgr).
3. A xente da rexión onde vivía a viúva adoraba a deusa Axtarté. Que costumes de hoxe en día se asocian co culto a esta deusa? (g93 22/11 páx. 12 par. 5–páx. 13 par. 3-wcgr).
4. Cando lle morreu o seu fillo, a viúva preguntoulle a Elías: “¿Viñeches á miña casa para lembrarme os meus pecados e para matarme o fillo?”. Por que pode que lle fixese esta pregunta? (1 Reis 17:18; w14 15/2 páx. 15 pars. 4, 5-wcgr). B
Imaxe B
Medita no que aprendiches
Xehová fixouse na viúva aínda que esta vivía nunha rexión na que se adoraban deuses falsos. Que nos ensina isto sobre Xehová e sobre como debemos ver a xente do noso territorio? (Feit. 10:35).
Que poden aprender da fe e o valor da viúva de Sarepta os cristiáns que están pasando por dificultades económicas? C
Imaxe C
De que outras maneiras podes imitar o valor da viúva de Sarepta?
Analiza o cadro completo
Que me ensina este relato sobre Xehová?
Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?
Que me gustaría preguntarlle á viúva de Sarepta cando resucite?
Aprende máis
Como podemos demostrar que poñemos a nosa amizade con Xehová por riba das cousas materiais, igual que fixo a viúva de Sarepta?
“A aprobación de Deus condúcenos á vida eterna” (w11 15/2 páxs. 13-17)
Como podemos estar seguros de que Xehová ve todo o que facemos por demostrar a nosa fe, incluso as cousas pequenas?
“Ve Xehová o que fas?” (w03 1/5 páxs. 28-31)