BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 28 páxs. 130-133
  • Serviu a Xehová “toda a súa vida”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Serviu a Xehová “toda a súa vida”
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • “As vosas obras terán a súa recompensa”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2012)
  • Aproveitemos ben as épocas de paz
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2020
  • Asá actuou con valor. E ti?
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Mozos, como podedes gañar a confianza doutros?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2021
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 28 páxs. 130-133

28 ASÁ

Serviu a Xehová “toda a súa vida”

Edición impresa
Edición impresa

O REI Asá debeu quedar sen alento cando viu por primeira vez o enorme exército etíope acampado en Xudá e preparado para a batalla. Xehová pedíralle ó seu pobo que fose á guerra en moitas ocasións, pero non hai rexistro de que tivesen que enfrontarse nunca a un inimigo tan numeroso. Este exército tiña un millón de soldados, case o dobre do exército de Asá. Onde atoparía o rei o valor para enfrontarse a un desafío tan grande?

En certo modo xa levaba un tempo preparándose. Cando empezou a gobernar en Xudá dez anos antes, Asá pronto demostrou que se parecía moito ó seu tataravó, o rei David. Ó igual ca el quería agradarlle ó seu Deus, Xehová. Foi humilde e escoitou a Oded e a seu fillo Azarías, que eran profetas de Xehová. E sendo aínda moi novo tivo o valor para corrixir algunhas das cousas malas que estivo facendo o pobo dende que o rei Salomón se volvera apóstata. Por exemplo, destruíu os ídolos que adoraba a xente e acabou coa prostitución que se practicaba no templo.

Asá incluso corrixiu os pecados da súa propia familia. A súa avoa Macah, que tiña “o título de raíña-nai” en Xudá, construíu un ídolo obsceno, seguramente para promover ritos sexuais. Pero Asá non deixou que os seus lazos familiares influísen nel. Así que quitoulle o título á súa avoa e queimou o seu ídolo. Todas estas reformas agradáronlle moito a Xehová, e como resultado bendiciu o país con dez anos de paz. Pero entón, o enorme exército etíope atacou Xudá! Que faría Xehová para axudar a Asá?

O rei Asá enfrontouse ó exército inimigo máis grande que se menciona na Biblia.

Cando Asá mirou cara ás terras baixas de Xudá e viu o enorme exército etíope, a súa primeira reacción foi orarlle a Xehová. Imaxina como se deberon sentir os seus soldados cando o rei orou: “Señor, cando queres axudar non distingues entre poderosos e febles. Axúdanos, Señor, noso Deus, que en Ti nos apoiamos e no teu nome nos diriximos contra esa multitude. Ti e-lo noso Deus. Non te deixes vencer por un home”. Esa sentida oración debeu agradarlle moito a Xehová. Viu que Asá era como Ionatán, o fillo do rei Saúl. Os dous entenderon que a vitoria non depende do número de soldados senón da axuda de Xehová (1 Sam. 14:6). Calquera que teña ó Soberano do Universo do seu lado sempre terá o exército máis poderoso!

O rei Asá e os seus homes orándolle a Xehová no alto dun monte. O enorme exército etíope avanza cara a eles polas terras baixas.

Asá dirixiu os seus homes á batalla. E que pasou? A Biblia di sobre os etíopes: “O Señor e as súas hostes destrozáronos”. Ningún deles sobreviviu.

Despois disto, Asá continuou fomentando a adoración pura. Moitos dos que vivían no reino norteño de dez tribos de Israel mudáronse ó sur, a Xudá, para poder volver adorar a Deus no seu templo en Xerusalén. Asá incluso fixo que tódolos habitantes de Xudá prometesen que lle serían leais a Xehová.

Aínda así, tamén sabemos que Asá cometeu algúns erros graves. Cando o rei de Israel ameazou con atacar Xudá, Asá non acudiu a Xehová por axuda, senón que subornou o rei de Siria para que atacase Israel. E cando Xehová corrixiu a Asá mandándolle un vidente —ou profeta— chamado Hananí, o rei enfadouse e meteuno no cárcere. Ademais, cando era vello púxose moi enfermo, pero en lugar de buscar a axuda de Xehová, acudiu a curandeiros. Parece que Asá perdeu parte da fe que tiña ó principio.

Pero Xehová é moi paciente. A súa Palabra resume os 41 anos que reinou Asá do seguinte xeito: “O corazón de Asá estivo enteiro co Señor, toda a súa vida”. O relato inspirado deste grande home lémbranos que Xehová quere os que o aman. Pero tamén nos recorda que non debemos esquecer nunca o que fixo por nós. Ver a man de Xehová ó longo da nosa vida fará que a nosa fe e o noso valor sexan cada vez máis fortes.

Le o relato da Biblia:

  • 1 Reis 15:8-24

  • 2 Crónicas 13:23–16:14 (14:1–16:14, TNM)

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Asá?

Afonda máis

  1. 1. A avoa de Asá mandou facer “unha imaxe de Axtarté”. Como demostra a arqueoloxía que os xudeus que eran apóstatas adoraban esta deusa? (1 Reis 15:12, 13; w08 1/6 páx. 10 pars. 1-5-wcgr). A

O rei Asá limpando Xudá da adoración falsa. Uns soldados levan arrestados a Macah, que loita e se resiste, e a dous prostitutos de templo. Outros homes destrúen os ídolos.

Imaxe A: Asá quitoulle á súa avoa a posición elevada que tiña e destruíu a imaxe de Axtarté.

Imaxe A: Asá quitoulle á súa avoa a posición elevada que tiña e destruíu a imaxe de Axtarté.

  1. 2. Quen era ó parecer o fillo de Hananí, o vidente, e como imitou el o exemplo de valor do seu pai? (it “Hananí” núm. 2-wcgr).

  2. 3. Aínda que cometeu erros, por que di a Biblia que “o corazón de Asá estivo enteiro co Señor”? (1 Reis 15:14; w17.03 páx. 19 pars. 5, 6-wcgr).

  3. 4. A cremación non era habitual entre os israelitas. Entón, por que di a Biblia que “acenderon na súa honra unha gran larada”, ou fogueira, no seu funeral? (2 Crón. 16:14; w05 1/12 páx. 20 par. 5-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • As animadoras palabras do profeta Azarías motivaron a Asá a restaurar a adoración pura. Como poden animar a outros as túas palabras positivas? B

    Serie de imaxes: Un irmán anima o fillo adolescente dunha irmá. As seguintes tres imaxes mostran cada escena por separado. O irmán observa o rapaz durante unha reunión. Está sentado de calquera maneira mentres mira o móbil e parece que non lle interesa o que se di. O irmán senta xunto ó rapaz despois da reunión. Os dous sorrín desfrutando dunha amigable conversa. O irmán sorrí mentres o rapaz comenta no estudo de A Atalaia.

    Imaxe B

  • Asá confiou en Xehová para enfrontarse a un exército moi grande, pero despois confiou nos homes para enfrontarse a un exército máis pequeno. Que nos ensina isto sobre confiar en Xehová en todo o que facemos? (Prov. 3:5, 6).

  • Como podes imitar o valor de Asá na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Asá cando resucite?

Aprende máis

Se vives nun país no que podes adorar a Xehová libremente, que podes aprender sobre o modo no que Asá aproveitou un tempo de paz?

“Aproveitemos ben as épocas de paz” (w20.09 páxs. 14-19)

Analiza como pode animarnos o exemplo de Asá cando temos que enfrontarnos a inimigos moi poderosos.

“As vosas obras terán a súa recompensa” (w12 15/8 páxs. 8-10)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir