BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 29 páxs. 134-137
  • “O meu Deus é Xehová”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “O meu Deus é Xehová”
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Sénteste algunha vez só e asustado?
    Aprendamos da Biblia en familia
  • Xehová dálle forzas a Elías
    Aprendamos das historias da Biblia
  • A proba do monte Carmelo
    Aprendamos das historias da Biblia
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 29 páxs. 134-137

29 ELÍAS

“O meu Deus é Xehová”

Edición impresa
Edición impresa

ALGUNHA vez escoitaches un trono moi forte cando o ceo estaba completamente despexado? Pois así apareceu Elías na Biblia. A historia do reino de dez tribos de Israel convertérase nunha triste sucesión de reis malvados. Acab foi o sétimo deses reis, e para Xehová foi o peor de todos. Casou cunha perversa princesa estranxeira chamada Iezabel. Acab adoraba ídolos, pero a súa muller aínda era peor. Promoveu unha forma de adorar o deus Baal especialmente repugnante, que probablemente incluía sacrificios de nenos. Un día, Elías presentouse diante de Acab porque Xehová o enviara para condenar o rei e anunciarlle o seu xuízo.

Para levar esta mensaxe, Elías tivo que facer unha longa viaxe a pé dende Galaad ata Samaria por un camiño moi accidentado. Cando chegou á cidade fortificada de Samaria dirixiuse directamente ó enorme palacio de Acab, coñecido como “o pazo de marfil” probablemente polo ostentoso que era (1 Reis 22:39). Imaxina a Elías, vestido coa súa simple e áspera roupa feita de pelo e o seu cinto de coiro entrando no luxoso palacio e presentándose diante do rei. E aínda por riba para dicirlle que o seu deus Baal non servía para nada! Ademais, que pasaría se Iezabel estivese co rei? Como reaccionarían ó que dixo Elías? Elías díxolles que Xehová traería unha gran seca ó país, que duraría anos e que non finalizaría ata que el o anunciase. Deste xeito, o valente profeta estáballes dicindo que o deus que adoraban —un deus que supostamente facía chover— non tiña poder ningún e non lles ía poder axudar.

Elías falándolle ó rei Acab no seu ostentoso palacio real. Acab está sentado escoitando, mentres Iezabel está de pé facéndolle fronte a Elías. Outras persoas miran a Elías con escepticismo.

De onde sacou Elías o valor para levarlles esa mensaxe? Parte da resposta atopámola no que el mesmo dixo. O profeta empezou a súa declaración con estas palabras: “¡Pola vida do Señor, Deus de Israel, a quen sirvo!”. A expresión hebrea que se traduciu “a quen sirvo” significa literalmente “diante de quen estou de pé”. Que quere dicir iso? Que aínda que nese momento estaba de pé diante dun rei que tiña moito poder, Elías sabía que en realidade estaba de pé diante de alguén moitísimo máis importante: Xehová, o Deus a quen servía. Acab e Iezabel podían parecer poderosos e aterradores, pero non eran nada comparados con Xehová. Que forma tan animadora de ver as cousas!

Elías enfrontouse a un rei e unha raíña moi crueis, a unha nación rebelde e ós seus propios medos.

Elías seguiu demostrando moito valor no seu servizo a Xehová. Demostrouno cando obedeceu a Xehová e se refuxiou nun val desolado durante unha seca que provocou fame no país, confiando en que un simple regato lle daría auga e en que os corvos lle levarían comida. Volveu demostrar valor cando Xehová o mandou a Sidón, onde reinaba o pai de Iezabel, para axudar a unha viúva pobre que demostrou unha fe extraordinaria. E tamén demostrou valor cando desafiou a 450 profetas de Baal no monte Carmelo. Enfrontouse a eles representando a Xehová para demostrar que só El é o Deus verdadeiro. Unha vez tras outra, Elías viviu á altura do seu nome, que significa “O meu Deus é Xehová”.

Pero Elías era “un home con sentimentos coma os nosos” (Sant. 5:17). Non era inmune ó medo. Despois dos milagres do monte Carmelo, cando Acab se negou a cambiar e Iezabel xurou matar a Elías, ó profeta faltoulle valor e saíu correndo. Profundamente desanimado, incluso lle dixo a Xehová que quería morrer. Sentíase tan inútil coma os seus antepasados que xa levaban tempo mortos. Aínda así, Xehová escoitouno con moita paciencia. Máis tarde, Elías díxolle a Deus en dúas ocasións que se sentía só e que pensaba que todo o seu duro traballo non servira para nada. Xehová animouno dicíndolle que aínda quedaban moitos servos fieis e que o valoraba moito tanto a el coma o seu traballo. Xehová incluso escolleu a alguén que lle axudase, un compañeiro ó que Elías puidese preparar para seguir co seu labor como profeta.

Pouco tempo despois, Elías foi buscar a Eliseo, o home que Xehová escollera. Xuntos seguiron defendendo a Xehová neses días difíciles. Eliseo axudou ó seu compañeiro e aprendeu del. Coa axuda de Xehová, Elías recuperou o seu valor e mantívoo toda a súa vida.

Le o relato da Biblia:

  • 1 Reis 16:29-33; 17:1-10a; 18:1–19:21

  • 2 Reis 3:11

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Elías?

Afonda máis

  1. 1. Por que foron os corvos unha boa forma de levarlle comida a Elías? (it “Corvo” par. 5-wcgr). A

    Un corvo.

    Lior Kislev

    Imaxe A

  2. 2. Que milagres fixo Elías? (it “Elías” núm. 1 par. 11-wcgr).

  3. 3. Elías mandoulles a uns homes que enchesen un gran foxo de auga no monte Carmelo. De onde é posible que sacasen a auga no medio dunha seca? (ba páx. 17 par. 3-wcgr). B

    Todd Bolen/BiblePlaces.com

    Imaxe B: Vista do monte Carmelo e do mar Mediterráneo.

  4. 4. Que representaba o manto de Elías e por que llo puxo sobre os ombros a Eliseo? (w14 1/2 páx. 12 par. 3-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Tendo en conta a forma na que Xehová tratou a Elías, que podemos facer para que ós nosos irmáns lles resulte máis fácil falarnos dos seus sentimentos cando están desanimados? (1 Reis 19:1-18). C

    Serie de imaxes: Un irmán animando a outro máis novo que está moi desanimado. As seguintes dúas imaxes mostran cada escena por separado. Serie de imaxes: 1. O irmán chama por teléfono ó irmán máis novo que está desanimado. 2. O irmán máis novo contesta a chamada dende a cama. Máis tarde ese mesmo día, os dous almorzan xuntos nunha cafetería. O irmán maior escoita con consideración o irmán que está desanimado.

    Imaxe C

  • Elías estivo disposto a compartir as súas responsabilidades con Eliseo. Como podemos imitar a súa actitude cando capacitamos a outros e delegamos responsabilidades?

  • De que outras maneiras podes imitar o valor de Elías na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Elías cando resucite?

Aprende máis

Mira nesta representación como Xehová fortaleceu a Elías para que puidese facer o que lle pedira.

Os profetas, un exemplo de paciencia. Elías (1:19)

Que poden aprender os rapaces do valor que demostrou Elías no monte Carmelo?

“Defendió la religión verdadera” (“Actividades para estudiar la Biblia” de jw.org en español)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir