BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 27 páxs. 126-129
  • Negouse a vivir amargado

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Negouse a vivir amargado
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Sentícheste rexeitado algunha vez?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2011)
  • David demostrou amor leal
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Mefibóxet
    Aprende dos amigos de Xehová. Actividades
  • Necesitou valor para ser leal
    Sirve a Xehová con valor
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 27 páxs. 126-129

27 MEFIBÓXET

Negouse a vivir amargado

Edición impresa
Edición impresa

MEFIBÓXET era o neto dun rei poderoso e o fillo dun home de fe moi valente. Pero cando tiña só 5 anos a súa vida foi sacudida pola traxedia. O seu avó Saúl suicidouse despois de que o ferisen nunha batalla. E ó seu pai Ionatán tamén o mataron nesa mesma batalla. Cando a muller que coidaba a Mefibóxet escoitou estas impactantes noticias saíu correndo levada polo pánico. Coas présas, o neno caéuselle dos brazos e quedou coxo dos dous pés o resto da súa vida.

Parece que Mefibóxet nunca permitiu que estas traxedias o amargasen. Máis ben, estaba agradecido polas cousas boas que tiña. Un israelita chamado Maquir foi bo con el e acolleuno. Co tempo, David lembrou que lle prometera ó seu querido amigo Ionatán que coidaría da súa familia (1 Sam. 20:14-17). Así que mandou chamar a Mefibóxet.

Mefibóxet tiña medo. Tendo en conta que era familia do malvado rei Saúl, sería que David quería desfacerse del? Aínda así, obedeceu e foi onda o rei. David faloulle con cariño e díxolle que lle devolvería as terras do seu avó. Tamén lle dixo: “Comerás sempre á miña mesa”. Conmovido e moi agradecido pola amabilidade de David, Mefibóxet preguntoulle por que lle daba un honor tan grande a alguén tan insignificante coma el. Incluso se comparou a si mesmo cun can morto!

Mefibóxet perdeu os seus pais e quedou coxo cando era neno. Ademais, anos despois traizoárono e tratárono inxustamente.

Tempo máis tarde as cousas volvéronse torcer para Mefibóxet. Abxalom, un dos fillos de David, encabezou unha revolta e o rei tivo que fuxir de Xerusalén. O servo de Mefibóxet, Sibá, marchou para axudar a David, pero deixou o seu amo atrás. Como Mefibóxet non podía ir con eles sen alguén que lle axudase, atopou outra forma de demostrar a súa lealdade e a súa tristeza. Deixou de coidar a súa barba e o seu bigote, coma se estivese de loito. Co tempo, a revolta de Abxalom fracasou e David volveu a Xerusalén en paz. Aínda así, o rei estaba decepcionado con Mefibóxet. Por que?

Sibá mentíralle a David sobre o seu amo. Cando foi axudarlle, díxolle que Mefibóxet era un traidor e que quedara en Xerusalén porque esperaba chegar a ser rei. Imaxina como debeu sentirse David. O seu propio fillo e Ahitófel, o seu amigo íntimo e conselleiro, acababan de traizoalo. Así que é posible que non lle custase crer que outra persoa fixese o mesmo. Polo tanto, decidiu que as terras que Mefibóxet herdara do rei Saúl pasasen a ser de Sibá.

Cando Mefibóxet escoitou que Sibá o calumniara, foi ver o rei esperando poder contarlle a verdade. David pediulle explicacións de por que non fuxira de Xerusalén con el. Mefibóxet respondeulle: “O teu servo está coxo”, e explicoulle que Sibá o enganara. É probable que David se decatase de que Mefibóxet deixara de coidar a súa barba e o seu bigote coma se estivese de loito. Non demostraba isto que Mefibóxet estivera triste polo rei e non conspirando contra el? En calquera caso David estaba enfadado. Así que interrompeu bruscamente a Mefibóxet e díxolle que non quería seguir escoitando. Entón modificou a súa decisión, pero só en parte. Dixo que Mefibóxet e Sibá debían compartir as terras de Saúl.

Mefibóxet está falando con David e os seus homes e ten un aspecto descoidado. Un axudante cólleo do brazo para axudarlle a estar de pé.

Compartir a súa herdanza co servo traidor que o calumniara diante do rei? Mefibóxet puido sentirse indignado. Cando nos enfrontamos a inxustizas é fácil que nos amarguemos e nos volvamos resentidos (Deut. 19:18, 19). Fai falta valor para centrarnos en asuntos tan importantes como buscar a paz, en lugar de autocompadecernos e centrarnos nos erros dos demais. Que decidiría facer Mefibóxet?

A resposta que lle deu a David demostra o humilde que era: “Pode quedar el con todo, xa que o rei, meu señor, volveu san e salvo á súa casa”. A este home importáballe de verdade o rei que Xehová escollera. A pesar de que o calumniaron e lle quitaron terras, mantívose alegre e servindo fielmente a Xehová. Aínda que nunca loitou nunha guerra, demostrou máis valor que moitos que si o fixeron.

Le o relato da Biblia:

  • 2 Samuel 4:4; 9:1-13; 16:1-4; 19:25-31 (19:24-30, TNM)

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Mefibóxet?

Afonda máis

  1. 1. Antes de que levasen a Mefibóxet ante David, viviu “na casa de Maquir”. Que máis indica que Maquir foi un home leal e hospitalario? (2 Sam. 9:3, 4; it “Maquir” núm. 2-wcgr).

  2. 2. Por que se comparou Mefibóxet a “un can morto”? (2 Sam. 9:8; it “Can” par. 5-wcgr). A

    Un can salvaxe bebendo dun charco de auga.

    PhotoStock-Israel/Photodisc via Getty Images

    Imaxe A: No antigo Israel, os cans considerábanse impuros.

  3. 3. Por que non sería propio de Mefibóxet que buscase ser rei? (w02 15/2 páx. 14 par. 11, nota-wcgr). B

    Ionatán axeonllado ó lado do seu fillo Mefibóxet cando este era neno. Ten unha man apoiada no ombro do seu fillo e os dous sorrín mentres sinalan algo na distancia.

    Imaxe B: Que pode que lle dixese Ionatán ó seu fillo sobre o home a quen Xehová escollera para ser rei?

  4. 4. De que formas bendiciu Xehová a Mefibóxet despois do que sucedeu neste relato? (it “Mefibóxet” núm. 2 par. 3-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Moitos cristiáns sofren por depresión e outros desafíos que os demais irmáns non comprenden totalmente. Que lección tranquilizadora poden aprender de Mefibóxet?

  • Despois de escoitar tan só un informe, David quitoulle as terras a Mefibóxet. Que podemos aprender sobre o perigo de actuar precipitadamente e a importancia de coñecer os feitos? C

    Serie de imaxes: Un ancián escoitando tódolos feitos antes de xulgar a un irmán novo. As seguintes dúas imaxes mostran cada escena por separado. O ancián escoita a outros dous anciáns da congregación falar mal dun irmán novo que entra con présa no Salón do Reino cando a reunión está empezando. Máis tarde, o ancián queda co irmán novo nun parque. Este explícalle o que pasou antes ese mesmo día: axudou a unha irmá maior, estivo predicando e avarióuselle o coche.

    Imaxe C

  • Como podes imitar o valor de Mefibóxet na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Mefibóxet cando resucite?

Aprende máis

Mira como podemos imitar a Mefibóxet cando sentimos que fomos tratados inxustamente.

Sementaron e recolleron paz. Mefibóxet (3:25)

Se un neno pensa que non encaixa ben, como poden os pais usar o relato de Mefibóxet para axudarlle?

“Sentícheste rexeitado algunha vez?” (w11 1/6 páxs. 26-27)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir