BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 22 páxs. 106-109
  • Necesitou valor para ser leal

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Necesitou valor para ser leal
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Ionatán, un home valente e leal
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Sigamos amosando tenro cariño
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2021
  • Preguntas dos lectores
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (1986)
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 22 páxs. 106-109

22 IONATÁN

Necesitou valor para ser leal

Edición impresa
Edición impresa

DOUS homes armados subiron con rapidez pola ladeira rochosa dunha montaña. Estaban atacando unha tropa de soldados filisteos. Un deles era Ionatán, o fillo de Saúl, que foi o primeiro rei de Israel. Detrás del ía o seu valente escudeiro, animado polo que lle dixera Ionatán: “Nada lle impide [a Xehová] da-la victoria, o mesmo ós moitos coma ós poucos”. Pouco despois Xehová demostrou que o que dixera Ionatán era certo e aqueles dous homes puideron acabar cuns vinte soldados! Iso preparou o camiño para unha gran vitoria do pobo de Deus.

Por si só, este relato xa demostra que Ionatán era un home moi valente. Pero non foi a única ocasión na que demostrou esta calidade. Foi un home moi leal e para iso a miúdo fai falta valor. Por exemplo, Ionatán foille leal ó seu pai. Pero cando Saúl se volveu malo e desobedeceu a Xehová, Ionatán necesitou valor para serlle máis leal a Xehová que a seu pai.

Décadas máis tarde, cando Ionatán xa debía andar cerca dos 50 anos, fíxose amigo de David, que era moito máis novo ca el. Ese rapaz acababa de matar o xigante filisteo Goliat. Sen dúbida, Saúl e os que estaban alí quedaron abraiados e felicitaron a David polo que acababa de facer. Pero, como se sentiría Ionatán? Tería celos de David? Non, todo o contrario. Mesmo lle deu o seu equipo de combate, incluído o seu arco. Este foi un agasallo moi valioso porque, ó parecer, Ionatán era un arqueiro moi destacado. Aínda que Ionatán tiña uns trinta anos máis que David, fixeron un pacto de amizade que ningún dos dous rompería xamais.

Ionatán tivo que poñer a súa lealdade a Deus por enriba da súa lealdade ó seu propio pai.

Ó principio Saúl tamén lle quería moito a David. Pero pronto, ese cariño desapareceu e empezou a sentir celos del. Ademais, quería que Ionatán sentise o mesmo porque Xehová seleccionara a David e non a el para ser o seguinte rei de Israel. Pero Ionatán mantívose leal a David. Cando Saúl dixo que pretendía matalo, Ionatán defendeu o seu amigo. Para iso necesitou moito valor. Por que? Porque, aínda que Saúl xa era maior, seguía sendo un poderoso guerreiro. Unha vez, cando Ionatán saíu en defensa do seu amigo, Saúl tiroulle unha lanza ó seu propio fillo! Aínda que non lle deu, Ionatán sentiuse profundamente doído. Despois foi onda David para contarlle que Saúl quería matalo. E tamén lle pediu que coidase da súa familia se algunha vez lle pasaba algo.

O rei Saúl de pé con actitude ameazante mirando a Ionatán, que está sentado á mesa defendendo a David. Abner e os demais que están alí miran nerviosos.

Por culpa de Saúl, David tivo que vivir como fuxitivo. O rei incluso usou o seu exército para perseguilo, obrigándoo a esconderse en diferentes sitios. Uniuse Ionatán a esas campañas militares? A Biblia non di que fixese tal cousa, e parece moi pouco probable. Nunha ocasión, Ionatán soubo onde estaba agochado o seu amigo e foino ver “para fortalecerlle a confianza en Deus”. Díxolle: “Non teñas medo. A man de meu pai Xaúl non te tocará. Ti serás rei de Israel e eu serei o teu segundo”. Entón os dous amigos despedíronse. Esta foi a última vez que se viron.

Pouco despois Ionatán loitou lealmente ó lado do seu pai contra os filisteos, os verdadeiros inimigos do pobo de Deus. Pero naquel tempo Saúl convertérase nun malvado apóstata e incluso acudiu a unha médium espiritista. Como consecuencia Xehová abandonouno, os filisteos ferírono naquela batalla e despois suicidouse. Ese mesmo día tamén morreron tres dos seus fillos, incluído Ionatán.

David estaba moi triste. Compuxo unha canción para expresar a profunda dor que sentía e o moito que quería o seu amigo. Titulouna “O arco”, quizais facendo referencia ó regalo que Ionatán lle dera anos atrás. David escribiu: “Dóiome por ti, meu irmán, Ionatán. ¡Canto te quería!”. Ademais cumpriu co pacto que fixera co seu amigo. Despois de chegar a ser rei, David buscou a familia de Ionatán e atopou un fillo que era coxo dos dous pés chamado Mefibóxet. David levouno consigo a Xerusalén para que vivise cerca del e coidouno durante o resto da súa vida.

Le o relato da Biblia:

  • 1 Samuel 13:2, 19-23; 14:1-15; 16:21; 18:1-9; 19:4-6; 20:1–21:1 (20:1-42, TNM); 23:16-18; 28:6-8; 31:1-6

  • 2 Samuel 1:17-27; 9:1-7

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Ionatán?

Afonda máis

  1. 1. Quen eran os filisteos? (w95 1/2 páx. 31).

  2. 2. Como demostra a exactitude deste relato a expresión “dous tercios de siclo” que aparece en 1 Samuel 13:21? (w05 15/3 páx. 29). A

    A man dunha persoa sostendo un peso de dous terzos de siclo.

    Imaxe A: Un peso de dous terzos de siclo.

  1. 3. Por que pode que fose difícil cruzar o desfiladeiro de Micmás? E que puido axudarlle a Ionatán a facelo? (it “Micmás, Micmax” par. 4-wcgr). B

Todd Bolen/BiblePlaces.com

Imaxe B: Posible localización do desfiladeiro de Micmás.

Imaxe B: Posible localización do desfiladeiro de Micmás.

Todd Bolen/BiblePlaces.com

  1. 4. Ata que punto chegou David para cumprir a súa promesa de coidar da familia de Ionatán? (it “Mefibóxet” núm. 2 par. 1-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Ionatán puxo a súa lealdade a Xehová por enriba da súa lealdade a Saúl. En que situacións poderiamos ter que demostrar que a nosa lealdade a Xehová está por enriba da nosa lealdade a calquera outra persoa? C

    Unha irmá está pensativa mentres o seu home está de xeonllos diante dun altar budista na súa casa.

    Imaxe C

  • Que che ensina a relación que había entre Ionatán e David sobre...

    • a amizade?

    • a humildade?

    • a lealdade?

  • De que outras maneiras podes imitar o valor de Ionatán?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Ionatán cando resucite?

Aprende máis

Que fixo que Ionatán e David fosen tan bos amigos, e como podemos desfrutar de amizades parecidas na actualidade?

“Sigamos amosando tenro cariño” (w21.01 páxs. 20-25)

Axuda ós teus fillos a ver o que poden aprender da vida de Ionatán.

“Jonatán” (“Fichas de personajes bíblicos” de jw.org en español)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir