Ensínalles ós teu fillos
Sentícheste rexeitado algunha vez?
UNHA persoa pódese sentir rexeitada cando os demais non a aceptan no seu grupo, quizais polo seu ton de pel, nacionalidade ou a maneira na que fala ou actúa. Sentícheste rexeitado algunha vez?—a
Falemos dun home que tiña este sentimento: Mefibóxet. Aprendamos quen era e por que se sentiu deste xeito. Se algunha vez sentiches que non encaixas podes aprender moito del.
Mefibóxet era o fillo de Ionatán, o mellor amigo de David. Antes de que Ionatán morrese na guerra, pediulle a David que se portara ben coa súa familia. Anos máis tarde, cando David xa era rei, aínda tiña presentes as palabras do seu amigo. Daquela Mefibóxet aínda seguía vivo, pero cando era tan só un neno sufriu un accidente que lle impediu andar ben polo resto da súa vida. Podes ver agora por que talvez se sentiu rexeitado?—
David quería portarse ben co fillo de Ionatán. Así que se encargou de que Mefibóxet tivese un fogar preto del e de que comese á súa mesa. Ademais, encargoulle a un home chamado Sibá, xunto cos seus fillos e criados, que atendese as necesidades de Mefibóxet. Non hai dúbida algunha de que David coidou ben do fillo de Ionatán! Sabes que pasou despois?—
David empezou a ter problemas na súa casa. Abxalom, un dos seus fillos, revelouse e intentou quitarlle o trono. David tivo que fuxir pola súa vida e algúns dos seus amigos decidiron acompañalo porque sabían que Xehová o escollera. Claro, Mefibóxet tamén quería ir pero quedou coas ganas porque case non podía camiñar.
Máis adiante, Sibá díxolle a David que Mefibóxet o abandonara porque quería ser rei. Tristemente David creulle a mentira e deulle a Sibá o campo de Mefibóxet. Pouco tempo despois, David gañou a guerra contra Abxalom e regresou a Xerusalén. Entón, concedeulle a Mefibóxet a oportunidade de contar a súa versión e decidiu que Sibá e Mefibóxet compartisen o campo. Como cres que actuaría Mefibóxet?—
Non se queixou dicindo que a decisión de David era inxusta. Sabía que despois da revolta, o rei necesitaba paz e non quixo dar problemas. Así que lle dixo a Sibá que podía quedar co campo enteiro. O que máis lle importaba a Mefibóxet era que David, o servo de Xehová, volvía reinar en Xerusalén.
Mefibóxet sufriu un montón e sentiuse rexeitado moitas veces. En cambio, Xehová queríao e coidou del. Que podemos aprender disto?— Aínda que fagamos o correcto, poida que conten mentiras sobre nós. De feito, Xesús dixo: “Se o mundo vos odia, xa sabedes que me odiou a min antes que a vós”. Odiaron tanto a Xesús que incluso o mataron! Podemos ter a confianza de que, se facemos o que está ben, tanto Xehová coma Xesús vannos amar.
Mírao na túa Biblia
1 Samuel 20:15-17, 41, 42
2 Samuel 4:4; 9:1-10; 19:25-31 (19:24-30, TNM)
a Se estás lendo o artigo cun neno, despois da raia (—) fai unha pausa e anímao a que se exprese.