6 REBECA
Adentrouse no descoñecido
REBECA acercouse ó pozo cun cántaro grande. Xa era case a noitiña, hora de coller auga para os da casa. Seguro que xa estaba acostumada a facer este traballo a diario. Pero decatouse de que había un grupo de descoñecidos con camelos cerca do pozo! Aínda así, foi onda a fonte e encheu o seu cántaro.
Mentres ela levaba aquela pesada carga á casa, un home maior do grupo correu onda ela e díxolle: “Déixame beber unha pouca auga do teu cántaro”. Rebeca non dubidou en facer o que lle pedía aquel descoñecido. De feito, mostrou unha hospitalidade extraordinaria. Díxolle: “Bebe, señor”, baixou o cántaro e deulle de beber ata que non tivo máis sede.
Pero aínda fixo máis. Ofreceuse a levar auga do pozo ós dez camelos nos que viaxaban os descoñecidos. O home viu con asombro como esta fermosa rapaza ía e viña, enchendo e volvendo a encher o bebedoiro ata que os enormes animais quedaron satisfeitos. Despois preguntoulle de quen era filla e se a súa familia podía hospedar o grupo por unha noite. Rebeca non o pensou dúas veces. Ofreceulles un lugar para pasar a noite e forraxe para os animais.
Ela non o sabía pero Xehová estaba detrás deste encontro. O home maior era un servo leal de Abrahán que viña de moi lonxe, probablemente Eliézer. Algunhas semanas antes, o seu dono Abrahán pedíralle que viaxase centos de quilómetros para buscarlle unha muller a Isaac, o seu fillo e herdeiro. Abrahán insistira en que Eliézer escollese unha moza dunha familia que adorase a Xehová. Para conseguilo, Eliézer oroulle a Xehová para obter a súa bendición. Pediulle que se encargase de que a moza adecuada para Isaac mostrase hospitalidade. Xusto o tipo de hospitalidade que Rebeca acababa de mostrarlle!
Rebeca non dubidou en axudar a estes descoñecidos. Está claro que eran outros tempos. Hoxe, moitas persoas son “feroces, non [aman] o que é bo” (2 Tim. 3:1, 3). Pero incluso naquela época, Rebeca foi un exemplo extraordinario. E esta non foi a única ocasión na que demostrou valor.
Ela non tardou en saber o motivo polo que aqueles homes viaxaron dende tan lonxe. Betuel, o pai de Rebeca, e o seu irmán Labán invitaron a Eliézer a sentarse con eles e desfrutar dunha comida. Pero primeiro este vello servo insistiu en contarlles o porqué da súa visita. Explicoulles como Xehová o bendicira ó atopar a Rebeca. Estes dous homes decatáronse da importancia do asunto e dixeron: “A cousa vén de Deus”.
Que faría Rebeca ó saber que a vontade de Deus para ela era que se mudase lonxe da súa familia e casase cun descoñecido?
Que faría Rebeca? Abrahán recoñeceu que posiblemente a moza non quixese ir a Canaán con Eliézer. Pero tiña ela algunha elección? Á mañá seguinte, Eliézer preguntou se podía marchar con Rebeca nese mesmo momento. A súa familia decidiu preguntarlle se quería ir con aquel home. Cando lle preguntaron respondeu cun simple: “Quero”. Estaba disposta a deixar atrás a súa casa e a súa familia, aínda sen saber se volvería velos outra vez. De onde sacou tanto valor? É posible que tamén vise que esa era a vontade de Xehová para ela.
Despois de viaxar durante semanas en camelo, o grupo chegou ó campamento de Abrahán en Canaán. Xa estaba anoitecendo e Rebeca viu un home pensativo camiñando só polo campo. Cando lle dixeron que era Isaac, púxose un veo mostrando humildemente que o aceptaba como o seu marido. Isaac tiña 40 anos, era un home sensible e amable, e aínda estaba triste pola perda da súa nai Sara, que morrera tres anos antes. Tería Rebeca o valor para cumprir coa importante comisión que Deus lle dera? Sería cariñosa, apoiaría a Isaac e axudaríao a servir a Xehová como cabeza de familia? A Biblia mostra que si. Este matrimonio comezou de forma prometedora: “Tomouna por súa muller e amouna, ata consolarse da morte de súa nai”.
Le o relato da Biblia:
Xénese 24:1-67; 25:20
Pensa nisto:
De que formas demostrou valor Rebeca?
Afonda máis
1. Como lle afectou a Eliézer o feito de que Abrahán tivese fillos? Como sabemos que non estaba resentido? (Xén. 15:2-4; 24:12; w97 1/1 páx. 30 par. 2-wcgr).
2. Por que quería Abrahán que a muller de Isaac se mudase a Canaán en vez de que Isaac se mudase á cidade natal de Rebeca? (w97 1/1 páx. 30 par. 3-wcgr).
3. Que representaban os regalos que lles deron a Rebeca e a súa familia? (it “Rebeca” par. 4-wcgr).
4. Describe a viaxe que fixo Rebeca dende Harán ata a casa de Isaac no Négueb (wp16.3 páx. 14 par. 9-wcgr). A
www.LifeintheHolyLand.com
Imaxe A: O Négueb foi o fogar de moita xente e tiña amplos pastos para os grandes rabaños de Abrahán.
Medita no que aprendiches
Que podemos aprender de Abrahán, Rebeca e Isaac sobre como escoller parella? (Xén. 24:2, 3; 27:46–28:1).
Rebeca foi traballadora, xenerosa e respectuosa. Como poden imitala as irmás da actualidade? B
Imaxe B
Como podes imitar o valor de Rebeca na túa vida?
Analiza o cadro completo
Que me ensina este relato sobre Xehová?
Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?
Que me gustaría preguntarlle a Rebeca cando resucite?
Aprende máis
Mira como seguiu demostrando valor Rebeca como muller casada e nai.
“Rebeca, unha muller decidida que adoraba a Xehová” (w04 15/4 páxs. 8-11)
Que poden aprender de Rebeca os nenos?
“Las buenas cualidades de Rebeca” (“Actividades ilustradas” de jw.org en español)