BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w26 xuño páxs. 8-13
  • Como seguir sendo amigos dos nosos irmáns

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como seguir sendo amigos dos nosos irmáns
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • IMITAR A XEHOVÁ AXÚDANOS A MANTER AS NOSAS AMIZADES
  • CANDO XORDEN DESACORDOS
  • CANDO HAI DIFERENZAS DE PERSONALIDADE
  • CANDO OS NOSOS IRMÁNS ESTÁN SUFRINDO
  • Acercarnos uns ós outros é bo para nós
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Apunta as respostas ás seguintes preguntas
    2025-2026 Programa para o Congreso de Circuíto con Superintendente de Circuíto
  • Imitemos a humildade de Xehová
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Demostra que confías en Xehová cando tomes decisións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
w26 xuño páxs. 8-13

17-23 DE AGOSTO DE 2026

CANCIÓN sjj 90 Animémonos uns ós outros

Como seguir sendo amigos dos nosos irmáns

“Vestídevos de tenra compaixón, bondade, humildade, apracibilidade e paciencia” (COL. 3:12).

OBXECTIVO

Aprender que facer cando pasan cousas que poñen a proba a nosa amizade cos irmáns da congregación.

1. Onde podemos encontrar amigos de verdade?

A VIDA nestes últimos días pode ser moi estresante, e farásenos especialmente difícil se non temos amigos de verdade. Xehová sábeo e por iso bendícenos con verdadeiros amigos dentro do seu pobo (Sal. 119:63). Formamos parte dunha familia que adora a Deus e o amor é o que nos une.

2. Que tipo de amizade queremos ter cos nosos irmáns?

2 Non queremos coñecer só un pouquiño ós nosos irmáns, máis ben queremos chegar a ser amigos íntimos e leais. Formamos parte dunha familia que adora e ama a Xehová e a Xesús, e isto únenos (Xoán 13:35). Pero esa amizade tan estreita non sucede automaticamente, senón que require esforzo. E como calquera amizade entre persoas imperfectas, pode ter os seus retos.

3. Por que pode ser un reto manter as amizades?

3 Sendo realistas, pode ser que teñamos unha relación máis estreita con algunhas persoas que con outras. Por que? Quizais nos gusten cousas parecidas ou teñamos personalidades máis compatibles. Pero tamén é posible que nos pareza un reto seguir sendo amigos doutros irmáns. Ás veces, quizais teñamos desacordos e iso pode facernos difícil terlles cariño. Debido ás nosas diferenzas de personalidade, talvez incluso sintamos que temos tan pouco en común que non podemos nin levarnos ben. E tamén será difícil ter unha amizade estreita cos nosos irmáns se o están pasando moi mal física ou emocionalmente. Neste artigo veremos como o exemplo de Xesús nos pode axudar a manter as nosas amizades a pesar dos retos que xurdan. Pero primeiro, que cualidades cristiás nos serán útiles para conseguilo?

IMITAR A XEHOVÁ AXÚDANOS A MANTER AS NOSAS AMIZADES

4. Como podemos fortalecer as nosas amizades?

4 Para facer máis forte a amizade cos nosos irmáns, temos que fixarnos nas súas boas cualidades. Algo que nos axudará a telas presentes é pasar tempo con eles. Por exemplo, Paulo tiña moitas ganas de estar cos seus irmáns e escribiulles ós de Tesalónica: “Tiñamos tantas ganas de vervos en persoa que fixemos todo o posible por conseguilo” (1 Tes. 2:17). Moitos senten que a mellor maneira de fortalecer as súas amizades é facer iso, pasar tempo xuntos en persoa e ter boas conversacións. Nós temos moitas oportunidades de facelo cando predicamos e imos ás reunións e ós congresos. Non obstante, quizais nos deamos conta de que simplemente estar cos demais non evita que poidan xurdir problemas que poñan en perigo as nosas amizades.

5. Que pode axudarnos a seguir sendo amigos de alguén cando é difícil facelo? Pon un exemplo. (Colosenses 3:12).

5 As cualidades cristiás poden axudarnos a conservar unha amizade que estea en perigo (le Colosenses 3:12). Cando nos esforzamos por demostrar compaixón, bondade, humildade, apracibilidade e paciencia poderemos superar os retos que ten manter as nosas amizades. Igual que o aceite mantén o motor dun coche funcionando correctamente, as cualidades cristiás axudarannos a evitar calquera roce que teñamos cos demais. Vexamos tres retos que nos poden facer difícil manter a amizade cos nosos irmáns e tamén como imitar a humildade, paciencia, bondade e compaixón de Xesús permitiranos seguir sendo amigos de verdade para os demais.

CANDO XORDEN DESACORDOS

6. Por que son perigosos os desacordos para unha amizade?

6 Por que é isto un reto? Cando xorde un desacordo é posible que cada persoa pense que o seu punto de vista é o correcto. Imaxina que dous irmáns non se poñen de acordo sobre cal é a mellor maneira de organizar o seu grupo de predicación para cubrir un territorio. Cada un deles está seguro de que a súa maneira é a mellor. Podes ver como esta diferenza de opinión podería poñer en perigo a súa amizade? Quizais se deixen levar polo orgullo. E se non están dispostos a falar as cousas e chegar a un acordo, poida que cheguen a enfadarse. A medida que vaia pasando o tempo, poderían correr o risco de distanciarse cada vez máis ata o punto de deixar de ser amigos. Todo por un pequeno desacordo.

7. Como lles ensinou Xesús ós seus discípulos que a humildade era esencial para resolver os desacordos?

7 Aprendamos da humildade de Xesús. El ensinoulles ós seus discípulos que a humildade era esencial para solucionar os desacordos. Dende hai un tempo, estes viñan discutindo sobre quen deles era o máis grande ou importante. Así que para axudarlles a cambiar esta actitude que tiñan tan arraigada, Xesús díxolles que tiñan que ver ós demais como superiores a eles (Mat. 20:25-28). Dende logo, estáballes ensinando como ser humildes. Incluso a noite antes de morrer púxolles o exemplo lavándolles os pés, algo que facían os servos (Xoán 13:3-5, 12-16). Ó facer isto mostroulles como podían seguir sendo amigos. Se vían ós demais como superiores a eles, seríalles máis fácil aceptar as súas ideas incluso cando non estivesen de acordo e tamén seguir sendo bos amigos a pesar das diferenzas de opinión.

8. Como pode axudarche a humildade a seguir sendo amigo dos teus irmáns cando haxa algún desacordo? (Colosenses 3:13). (Ver tamén as imaxes).

8 Como podemos conservar as nosas amizades? A humildade pode axudarnos a pasar por alto pequenos desacordos e a perdoar a outros con xenerosidade (le Colosenses 3:13). Se es humilde, serache máis fácil non enfadarte cando haxa desacordos e así seguir sendo amigo dos demais (Sal. 4:5 [4:4, TNM]). Incluso se alguén dixo algo pouco amable, recorda que ás veces todos dicimos cousas das que despois nos arrepentimos (Ecl. 7:21, 22). Pregúntate: “É máis importante para min seguir insistindo en que teño a razón ou a nosa amizade?”. Quizais poidas simplemente decidir ceder e aceptar a opinión da outra persoa. Terás paz mental se pasas páxina e decides non volver a mencionalo no futuro.

Serie de imaxes: Un irmán maior imitando a humildade de Xesús. 1. Xesús lavando os pés dun apóstolo. 2.O irmán maior escoitando sen estar convencido o que lle di un irmán máis novo mestres este apunta ó mapa do territorio da congregación. 3. Os mesmos irmáns desfrutando de predicar xuntos.

A humildade pode axudarche a pasar por alto os pequenos desacordos e a perdoar con xenerosidade (ver o parágrafo 8).a


9. Como che pode axudar a humildade cando hai un desacordo que non é fácil de resolver? (Proverbios 17:9).

9 A humildade tamén pode axudarnos cando teñamos algún desacordo que non é fácil de resolver. Non discutas para demostrar que a túa opinión é a correcta (le Proverbios 17:9; 1 Cor. 6:7). Recorda que o teu obxectivo é conservar os teus amigos. Moitos irmáns puideron facer isto ó falar con amabilidade coa outra persoa para intentar resolver o problema (Sal. 34:15 [34:14, TNM]). Poderías dicir algo como: “Levamos moito tempo sendo amigos, podemos falar do que pasou?”. Vai preparado para admitir a túa parte de culpa no desacordo, para dicirlle que sabes que se sinte ferido e para desculparte. E se o irmán ou irmá tamén se desculpa, sé humilde e perdóao (Luc. 17:3, 4). Recorda que o teu obxectivo non é deixar claro quen tiña a razón, senón deixar atrás o desacordo e conservar a vosa amizade (Prov. 18:24).

CANDO HAI DIFERENZAS DE PERSONALIDADE

10. Por que pode ser difícil seguir sendo amigos dalgúns irmáns?

10 Por que é isto un reto? Quizais nos sexa difícil manter unha amizade estreita con irmáns que teñen unha personalidade diferente á nosa. Algúns quizais teñan unha maneira de ser ou fagan algunha cousa que nos molesta. Outros pode ser que se comporten dunha maneira que nos pareza rara. Talvez alguén os tratou mal no pasado ou se criaron nunha cultura onde a xente non está tan acostumada a expresar os seus sentimentos ou onde son moi abertos e faladores. Outra posibilidade é que sexamos diferentes polo simple feito de que a un lle guste máis estar rodeado de xente que ó outro.

11. Como puido Xesús seguir sendo amigo daqueles que tiñan personalidades diferentes á súa?

11 Aprendamos da paciencia de Xesús. El seguiu sendo amigo daqueles que tiñan unha personalidade diferente á súa. Por exemplo, os apóstolos Santiago e Xoán demostraron ser ambiciosos cando lle pediron sentarse á súa dereita e á súa esquerda no Reino (Mar. 10:35-37). Pola contra, Xesús demostrou humildade ó deixar a súa gloriosa posición e importante traballo nos ceos para vir á terra (Filip. 2:5-8). Se nos fixamos, as súas actitudes eran completamente diferentes! Aínda así, Xesús foi paciente con Santiago, Xoán e cos demais.

12. Que lle axudaba a Xesús a ser paciente cos seus amigos?

12 Xesús non esperaba que os seus amigos tivesen sempre unha actitude correcta. El sabía que a ambiciosa petición de Santiago e Xoán era unha mostra do espírito competitivo que tiñan moitos dos seus discípulos (Mar. 9:34). Xesús criárase no mesmo ambiente relixioso ca eles, así que sabía a importancia que se lles daba á prominencia e á posición. Isto facía que puidese entender a maneira de pensar dos seus discípulos. Era paciente con eles e dáballes tempo para que se desfixesen do orgullo e da ambición que foran contaminando a súa maneira de pensar durante anos (Mar. 10:42-45).

13. Como pode axudarnos a paciencia a conservar as nosas amizades? (Efesios 4:2).

13 Como podemos conservar as nosas amizades? Sigue esforzándote por ser máis paciente e intenta aceptar a maneira de ser ou os costumes que te molestan dos demais (Prov. 14:29). Todos temos as nosas propias características, moitas das cales non son defectos senón simplemente parte da nosa forma de ser. Así que seguro que agradecemos cando os demais aceptan estas cousas de nós (le Efesios 4:2). Tamén debemos ser realistas e deixar que os demais sexan eles mesmos. Por un lado, pensa no esforzo que lle supón a alguén que é reservado e tímido relacionarse e conversar cos demais. Por outro lado, intenta non perder a paciencia con alguén que lle gusta estar con xente e falar moito. Non podemos esperar que todo o mundo sexa o noso mellor amigo, pero debemos recordar que a pesar de ter personalidades diferentes tódolos irmáns podemos facer un bo equipo.

14. Se somos pacientes, en que nos poderemos centrar?

14 A paciencia axudaranos a centrarnos nas boas cualidades dos nosos irmáns. Cando facemos isto, deixamos de ver as diferenzas de personalidade como un impedimento para ser amigos. Por exemplo, Santiago e Xoán desexaban egoistamente ter prominencia, pero a súa actitude demostraba que o Reino era real para eles. Xesús deuse conta disto e valorou moito a súa fe. Cando buscamos o bo nos nosos amigos, imitamos a Xesús e a seu Pai, Xehová.

15. Quen nos pode axudar a conservar a amizade con aqueles que teñen unha personalidade diferente á nosa?

15 Sobre todo, o máis importante que podemos facer é orarlle a Xehová pedíndolle que nos axude a conservar as nosas amizades a pesar das diferenzas de personalidade. Intenta anticiparte a situacións que poidan ser difíciles e ora de antemán para manter a calma. Recorda que Xehová, como o noso Creador, sabe que todos somos diferentes e únicos. Así que cando lle ores, podes estar seguro de que sabe o que necesitas ti para seguir aguantando. E cando sintas que a túa paciencia está chegando ó seu límite, pídelle a Xehová o seu espírito santo para que che axude a controlar a túa reacción (Luc. 11:13; Gál. 5:22, 23).

CANDO OS NOSOS IRMÁNS ESTÁN SUFRINDO

16. Que retos podemos ter cando os nosos irmáns están sufrindo dalgunha maneira?

16 Por que é isto un reto? Cando os nosos irmáns pasan por problemas de saúde físicos ou emocionais, poida que respondan de maneiras que nos molesten. Por exemplo, quizais queiran estar sós, se ofendan facilmente ou reaccionen de maneiras que non esperamos. Ata é posible que digan ou fagan cousas que nos firan (Xob 6:2, 3). Como talvez non sexamos conscientes dos problemas polos que pasan os nosos irmáns, poderiamos esperar demasiado deles.

17. Que podemos aprender da maneira na que Xesús tratou a un home cego chamado Bartimeo?

17 Aprendamos da bondade e compaixón de Xesús. El era amable e compasivo cos que sufrían, incluso con aqueles que non coñecía de antes. Por exemplo, vexamos como tratou ó home cego que se chamaba Bartimeo. El escoitou que Xesús estaba pasando por alí, empezou a facer moito barullo e a berrar para chamar a súa atención. De entre tódolos que estaban alí, algúns dicíanlle que calase, pero el quería que Xesús o curase desesperadamente así que seguiu berrando aínda máis. Molestaríalle a alguén o seu comportamento? É posible. Pero Xesús “sentiu tanta compaixón” e deulle tanta pena Bartimeo que quixo axudarlle (Mat. 20:34; Mar. 10:46-52). Xesús faloulle amablemente, felicitouno pola súa fe e devolveulle a súa vista dunha maneira milagrosa.

18. Como deberías tratar os teus amigos que están sufrindo? (1 Tesalonicenses 5:14).

18 Como podemos conservar as nosas amizades? Sé amable e compasivo. Estas cariñosas cualidades axudaranche a consolar os irmáns que estean sufrindo física ou emocionalmente (le 1 Tesalonicenses 5:14). Recorda que un verdadeiro amigo está listo para axudar, especialmente en “tempos de angustia” (Prov. 17:17, TNM). Un amigo así non só se sente triste polos que sofren, senón que fai todo o que pode por axudarlles a manter a calma, dicir cousas que os animen e botarlles unha man de maneiras prácticas.

19. Como podemos mostrar amabilidade e compaixón? (Ver tamén as imaxes).

19 Cales son algunhas maneiras prácticas de mostrar amabilidade e compaixón? Está claro que non podes eliminar o que lles fai sufrir ós teus amigos, pero podes esforzarte por entender o mellor que poidas como se senten e polo que están pasando (Mat. 7:12; 1 Ped. 3:8). Escoita con atención cando che conten a súa situación e se é o momento adecuado, intenta pensar nunhas palabras que os poidan animar (Prov. 12:25). Ten coidado de non sacar conclusións precipitadas (Prov. 18:13). Ademais, intenta ser paciente e realista sobre o que podes esperar deles (Ef. 4:32).

Serie de imaxes: Unha irmá consolando a outra. 1. Ela escoitando atentamente mentres a súa amiga se expresa entre lágrimas. 2. Máis tarde a irmá lévalle galletas feitas por ela.

Os amigos de verdade consólannos cando son compasivos e amables con nós (ver o parágrafo 19).


20. Que tipo de amigo queres ser?

20 Valoramos moito os amigos que temos dentro da organización de Xehová. Pero temos que recordar que todos somos imperfectos e que ás veces nos comportamos de maneiras das que despois nos arrepentimos. Moitos de nós vímonos marcados por malas experiencias na vida. Así que valoramos especialmente a aqueles que se esforzan por manter as amizades entre irmáns sendo humildes, pacientes, amables e compasivos. Fagamos todo o que poidamos por ser ese tipo de amigos.

COMO PODEMOS CONSERVAR A AMIZADE COS NOSOS IRMÁNS...

  • ... cando hai algún desacordo?

  • ... cando temos personalidades diferentes?

  • ... cando algún deles está sufrindo?

CANCIÓN sjj 124 Sempre fieis e leais

a DESCRICIÓN DA IMAXE: Un irmán maior e outro máis novo tendo opinións diferentes sobre como organizar o territorio da congregación. Máis tarde, están desfrutando de predicar xuntos.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir