BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 abril páxs. 14-19
  • Acercarnos uns ós outros é bo para nós

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Acercarnos uns ós outros é bo para nós
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE DEBEMOS ACERCARNOS UNS ÓS OUTROS
  • HONRÉMONOS UNS ÓS OUTROS
  • “QUE NON HAXA DIVISIÓNS ENTRE VÓS”
  • AMÉMONOS “CON FEITOS E NA VERDADE”
  • Xehová quérete moito
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Acercarnos a Deus é bo para nós
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Apunta as respostas ás seguintes preguntas
    2025-2026 Programa para o Congreso de Circuíto con Superintendente de Circuíto
  • Demostra que confías en Xehová cando tomes decisións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 abril páxs. 14-19

ARTIGO DE ESTUDO 16

CANCIÓN sjj 87 Ven á reunión!

Acercarnos uns ós outros é bo para nós

“Vede que doce e delicioso o habitaren os irmáns en unión” (SAL. 133:1).

OBXECTIVO

Analizar ideas sobre como podemos acercarnos máis uns ós outros e ver como Xehová nos bendice cando somos amigos dos nosos irmáns.

1, 2. Que é algo que lle importa moito a Xehová, e que quere que fagamos?

POUCAS cousas son máis importantes para Xehová que a maneira na que tratamos os demais. Xesús ensinou que temos que amar o noso próximo como nos amamos a nós mesmos (Mat. 22:37-39). Isto implica ser amable incluso cos que non comparten as nosas crenzas. Cando o facemos imitamos a Xehová Deus, quen “fai saír o sol sobre bos e malos, e fai chover sobre xustos e inxustos” (Mat. 5:45).

2 Xehová ama a tódalas persoas, pero especialmente a aquelas que o obedecen (Xoán 14:21). El quere que o imitemos e por iso nos anima a terlles un “amor intenso” ós nosos irmáns e a demostrarlles “tenro cariño” (1 Ped. 4:8, TNM; Rom. 12:10). Cando pensamos en mostrarlle un amor así a alguén, quizais nos veña á mente o tipo de cariño que sentimos por un familiar querido ou por un bo amigo.

3. Que temos que recordar sobre o amor?

3 O amor, igual que unha plantiña, necesita que o coidemos para medrar. O apóstolo Paulo aconselloulles ós cristiáns: “Que o amor e trato de bos irmáns se conserve entre vós” (Heb. 13:1). Xehová quere que sigamos cultivando o noso amor polos demais. Neste artigo veremos por que debemos acercarnos ós nosos irmáns e como podemos seguir facéndoo.

POR QUE DEBEMOS ACERCARNOS UNS ÓS OUTROS

4. Segundo Salmo 133:1, como podemos asegurarnos de que seguimos valorando a unidade da que desfrutamos cos nosos irmáns? (Ver tamén as imaxes).

4 Le Salmo 133:1. Estamos de acordo co salmista que escribiu que ser amigos dos que aman a Xehová é algo “doce e delicioso”. Pero igual que unha persoa podería dar por sentado a beleza dunha fermosa árbore que ve cada día, nós tamén poderiamos dar por feito o bonita que é a unidade da que desfrutamos entre os cristiáns. Xa que vemos os nosos irmáns a miúdo, quizais incluso varias veces á semana, como podemos asegurarnos de que os seguimos valorando? O amor que lles temos crecerá se dedicamos tempo a pensar no valioso que é cada un deles para a congregación e para nós.

Serie de imaxes: 1. Unha irmá observando as follas dunha árbore, que cambiaron de cor. 2. Máis adiante, esta mesma irmá abrazándose con outra irmá nun congreso rexional. Outros asistentes están falando moi contentos uns cos outros.

Nunca deamos por feito o bonita que é a unidade cristiá (ver o parágrafo 4).


5. De que se poden dar conta outros cando ven o amor que nos temos os servos de Xehová?

5 A algúns que asisten por primeira vez ás nosas reunións impresiónalles moito ver o amor que temos uns polos outros. Quizais xa só por iso cheguen á conclusión de que encontraron a verdade. Xesús dixo: “Así todos saberán que sodes os meus discípulos, se vos amades uns ós outros” (Xoán 13:35). Vexamos a experiencia de Chaithra, unha muller nova que estudaba a Biblia coas testemuñas de Xehová. Ela aceptou a invitación para asistir a un congreso rexional. Despois do primeiro día díxolle á súa mestra da Biblia: “Meus pais nunca me abrazaron. Pero no voso congreso déronme 52 abrazos nun só día. Sentín o amor de Xehová a través do seu pobo. Eu quero formar parte desta familia”. Chaithra seguiu progresando e bautizouse no ano 2024. Está claro que cando os que están empezando a coñecer a verdade ven as nosas boas accións, incluído o amor que temos uns polos outros, a miúdo se senten impulsados a servir a Xehová (Mat. 5:16).

6. Como nos pode protexer acercarnos ós nosos irmáns?

6 Acercarnos ós nosos irmáns pode protexernos. Paulo aconselloulles ós cristiáns: “Alentádevos uns ós outros día tras día [...] de xeito que ningún de vós se deixe endurecer, engaiolado polo pecado” (Heb. 3:13). Se nos empezamos a sentir tan desanimados que nos resulta difícil seguir facendo o que está ben, quizais Xehová motive un irmán que se deu conta do que nos pasa a que nos dea a axuda que necesitamos (Sal. 73:2, 17, 23). Este ánimo é moi bo para nós.

7. Que relación hai entre o amor e a unidade? (Colosenses 3:13, 14, TNM).

7 Pertencemos a un grupo de persoas que se esforza por mostrarse amor, así que desfrutamos de moitas bendicións (1 Xoán 4:11). Por exemplo, o amor motívanos a soportarnos uns ós outros, e isto contribúe á nosa unidade (le Colosenses 3:13, 14, TNM; Ef. 4:2-6). Por iso nas nosas reunións desfrutamos dun moi bo ambiente que non ten ningún outro grupo na Terra.

HONRÉMONOS UNS ÓS OUTROS

8. Como nos axuda Xehová a estar unidos ós nosos irmáns?

8 A unidade mundial da que desfrutamos é un milagre. Xehová faina posible a pesar das nosas imperfeccións (1 Cor. 12:25). A Biblia di que Deus nos ensina a amarnos uns a outros (1 Tes. 4:9). Noutras palabras, a través da Biblia, Xehová dinos exactamente o que debemos facer para acercarnos ós nosos irmáns. Podemos deixarnos ensinar por Deus se estudamos detidamente as súas ensinanzas e as aplicamos (Heb. 4:12; Sant. 1:25). E isto é exactamente o que nos esforzamos por facer as testemuñas de Xehová.

9. Que aprendemos en Romanos 12:9-13 sobre honrarnos uns a outros?

9 Como nos ensina a Palabra de Deus a acercarnos ós nosos irmáns? Podemos ler o que dixo Paulo sobre isto en Romanos 12:9-13 (leo). Fíxate en que di: “Tomade a iniciativa de honrarvos uns ós outros”. Que significa isto? Que deberiamos estar dispostos a ser os primeiros en dar o paso de mostrar “tenro cariño” ós demais de diferentes maneiras, como perdoando e sendo hospitalarios e xenerosos (Ef. 4:32). Non tes por que esperar a que sexan os irmáns os que se acerquen a ti. Podes ser ti o que tome a iniciativa. Desta maneira verás o certas que son as palabras de Xesús de que “hai máis felicidade en dar que en recibir” (Feit. 20:35).

10. Como podemos ser traballadores á hora de honrarnos uns a outros? (Ver tamén a imaxe).

10 É interesante que, xusto despois de dicir que tomemos a iniciativa en demostrarnos honra uns ós outros, Paulo nos exhortase a ser “traballadores, non […] vagos”. Alguén traballador é entusiasta e esfórzase moito. Cando se lle dá unha tarefa, faina con dilixencia. Proverbios 3:27, 28 di: “Non lle negues un favor a quen ten dereito a el, cando está no teu poder o concedelo”. Así que cando vemos que alguén necesita axuda, facemos todo o que podemos por darlla. Non o deixamos para máis adiante nin damos por feito que outra persoa se encargará do asunto (1 Xoán 3:17, 18).

Un irmán xove enriba dunha escada quitando as follas do tellado da casa dun irmán maior.

Deberiamos tomar a iniciativa de axudar ós irmáns que o necesitan (ver o parágrafo 10).


11. Que nos pode axudar a acercarnos uns ós outros?

11 Outra maneira de demostrarlles honra a outros é perdoándoos rapidamente cando nos ofenden. Efesios 4:26 di: “Que o solpor non vos colla no voso incomodo [ou enfado]”. Por que non? O versículo 27 di que se o facemos estarémoslle dando “entrada ó demo”. Na súa Palabra, Xehová dinos unha e outra vez que nos perdoemos uns ós outros. Un exemplo témolo en Colosenses 3:13 (TNM), onde lemos: “Seguide [...] perdoándovos con xenerosidade”. Perdoar os erros dos demais é unha das mellores formas de acercarnos a eles. Cando o facemos, axudamos a “mante-la unidade do espírito no vínculo da paz” (Ef. 4:3). Está claro que se perdoamos os demais contribuímos a manter a unidade e a paz do pobo de Xehová.

12. Como nos axuda Xehová a perdoar?

12 O certo é que pode resultarnos difícil perdoar os que nos ofenderon ou nos trataron mal. Pero podemos conseguilo coa axuda do espírito de Deus. Despois de dicirnos que nos mostremos “tenro cariño” e que sexamos “traballadores”, a Biblia engade: “Que o espírito santo vos encha de entusiasmo” (Romanos 12:11). Así que o espírito santo de Deus pode facer que teñamos moito entusiasmo por facer o que está ben. Isto axúdanos a demostrar tenro cariño e a perdoar os demais con xenerosidade. Por iso lle suplicamos a Xehová con sinceridade que nos dea o seu espírito (Luc. 11:13).

“QUE NON HAXA DIVISIÓNS ENTRE VÓS”

13. Que cousas poderían dividirnos?

13 A congregación está formada por “toda clase de persoas” con diferentes antecedentes (1 Tim. 2:3, 4, TNM). Debido a isto, é posible que cada un de nós tomemos decisións distintas en asuntos como a forma de vestir, a aparencia, os tratamentos médicos ou o entretemento. Se non temos coidado, estas diferenzas poderían dividirnos (Rom. 14:4; 1 Cor. 1:10). Como Deus nos ensina a amarnos uns ós outros, temos que procurar non insistir en que as nosas decisións persoais son mellores que as dos demais (Filip. 2:3).

14. Que deberiamos intentar ser sempre, e por que?

14 Tamén evitaremos que haxa divisións na congregación se nos esforzamos por ser animadores cos demais en todo momento (1 Tes. 5:11). Ultimamente, un gran número de persoas que estaban inactivas ou que foran sacadas volveron á congregación. Cando isto ocorre, dámoslles unha cariñosa benvida (2 Cor. 2:8). Unha irmá que volveu ó Salón do Reino despois de estar inactiva durante 10 anos conta: “Todos me saudaron cun sorriso e dándome a man” (Feit. 3:19). Que efecto tiveron nela estas simples mostras de amabilidade? Ela di: “Fixéronme sentir que Xehová me estaba axudando a ser feliz outra vez”. Se somos animadores con todos, Cristo pode usarnos para reconfortar os que están “cansados e [teñen] moitas cargas” (Mat. 11:28, 29).

15. De que outra maneira podemos fomentar a unidade? (Ver tamén a imaxe).

15 Outra maneira de fomentar a unidade é mediante o que dicimos. Xob 12:11 di: “¿Non é o oído o que distingue as palabras? ¿Non é o padal o que saborea a comida?”. Igual que un bo cociñeiro sempre proba a comida para asegurarse de que está boa antes de servírllela ós demais, facemos ben en pensar no que imos dicir antes de falar (Sal. 141:3). O noso obxectivo é asegurarnos sempre de que o que imos dicir anime, reconforte e “faga ben ós que escoitan” (Ef. 4:29).

Un irmán probando a comida que cociñou antes de servírllela ós seus invitados.

Antes de falar, pensa no que vas dicir (ver o parágrafo 15).


16. Quen debería esforzarse especialmente por falar de maneira animadora?

16 Especialmente os maridos e os pais deben ter coidado de que a súa fala sexa animadora (Col. 3:19, 21; Tito 2:4). Os anciáns tamén deben consolar e reconfortar as ovelliñas do rabaño de Xehová (Is. 32:1, 2; Gál. 6:1). Un proverbio bíblico recórdanos: “¡Que boa é unha palabra ó seu tempo!” (Prov. 15:23).

AMÉMONOS “CON FEITOS E NA VERDADE”

17. Como podemos asegurarnos de que o noso amor polos irmáns sexa sincero?

17 O apóstolo Xoán animounos a que “non amemos de palabra e de lingua, senón con feitos e na verdade” (1 Xoán 3:18). Queremos ter un amor sincero polos nosos irmáns. Como podemos conseguilo? Canto máis tempo pasemos xuntos, máis nos acercaremos a eles e máis forte será o amor que lles teremos. Así que crea oportunidades para estar con eles, por exemplo nas reunións e na predicación, e dedica tempo a visitalos. Cando o facemos demostramos que Xehová nos está ensinando a amar os demais (1 Tes. 4:9). Desta maneira seguiremos experimentando de primeira man o “doce e delicioso [que é] o habitaren os irmáns en unión” (Sal. 133:1).

QUE RESPONDERÍAS?

  • Por que é bo para nós acercarnos uns ós outros?

  • Como podemos tomar a iniciativa de honrar os demais?

  • Como podemos fomentar a unidade?

CANCIÓN sjj 90 Animémonos uns ós outros

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir