BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 24 páxs. 114-117
  • Enfrontouse a dous homes enfadados

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Enfrontouse a dous homes enfadados
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Podes seguir servindo a Xehová a pesar das decepcións
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • A perspicacia axúdanos a conservar a calma
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2014)
  • Se somos perspicaces, iranos ben
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2026
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 24 páxs. 114-117

24 ABIGAIL

Enfrontouse a dous homes enfadados

Edición impresa
Edición impresa

EN CERTO sentido Abigail estaba atrapada entre dous homes furiosos. Un deles era o seu marido Nabal, un home bruto, duro e sen escrúpulos. O outro era David, un bo home que servía fielmente a Xehová e que sería o futuro rei de Israel. Aínda así Nabal fixo algo que enfadou moito a David, e agora toda a casa de Abigail corría un grave perigo. Abigail era unha muller guapa e sabia, pero, onde atoparía o valor para resolver esta situación?

Abigail deuse conta do problema que se lles viña enriba cando un servo lle contou o que fixo o seu home. Díxolle que David estaba de camiño con 400 homes armados decidido a acabar con Nabal e toda a súa familia. Por que? David pedíralle comida a Nabal. Esta era unha petición razoable pois David e os seus homes foran coma unha muralla protectora para Nabal, os seus pastores e os seus grandes rabaños. David defendeu lealmente a Israel e á súa xente dos invasores e das bandas de ladróns, incluso despois de que o rei Saúl o obrigase a fuxir e o perseguise sen razón algunha. E agora, cando David enviou homes para pedirlle con amabilidade algo de comida a Nabal, este berroulles e insultounos. Incluso dixo que David non era máis ca un servo que fuxira do seu dono!

O servo de Nabal sabía que non tiña ningunha opción de facer cambiar de opinión o seu dono. Dixo del que era “un parvo que non atende a razóns”. Pero sabía que Abigail si que o escoitaría e actuaría sabiamente. Que faría ela?

Abigail non entrou en pánico. Pero tiña que actuar con rapidez. Preparou unha boa cantidade de comida para David e os seus homes, cargouna en burros e enviou os seus servos para que lle levasen o agasallo. Despois, seguiunos montada no seu propio burro. Pero non lle dixo nada a Nabal porque seguramente sabía que intentaría impedirlle que fixese o correcto.

Abigail fíxolle fronte a un grupo de guerreiros enfurecidos, ós que o parvo do seu marido ofendera.

Mentres Abigail baixaba no seu burro quedaba oculta por unha parte da montaña. Así que David e os seus homes, que se dirixían na súa dirección, non puideron vela ata que se encontraron con ela. Abigail baixouse rapidamente do burro e foi directa cara ó furioso David, tirouse ós seus pés e rogoulle que lle permitise falar. Está claro que a súa humildade desarmou por completo a David.

Abigail axeonllada suplicándolles a David e ós seus homes. Detrás dela hai comida e xerras de viño.

Abigail asumiu a responsabilidade de todo o que pasou e pediulle perdón polo estúpido comportamento do seu home, recoñecendo que David tiña boas razóns para estar enfadado. Entón recordoulle a gran fe que tiña en Xehová. Díxolle que Deus non quería que fose culpable de derramar sangue e que sufrise remordementos por matar homes inocentes. Tamén recoñeceu que Xehová o faría rei, que derrotaría os seus inimigos e que a súa casa gobernaría sobre Israel. Está claro que Abigail sabía que Xehová unxira a David para ser o seguinte rei.

As súas palabras sabias e amables conseguiron tranquilizar a David. El respondeulle: “Bendito sexa o Señor, Deus de Israel, que te mandou neste intre ó meu encontro”. Despois bendiciu a Abigail polo seu bo xuízo e díxolle: “Ves que fago o que me pediches e que che teño consideración”. Así que David foi humilde e aceptou o seu bo consello.

Nabal non sabía nada de todo isto. De feito, esa noite deuse un banquete e acabou completamente borracho. Ó velo, Abigail decidiu esperar o día seguinte para contarllo cando estivese sobrio. Pero é probable que seguise sendo tan agresivo coma sempre. Entón, á mañá seguinte, contoulle todo o que pasara. É posible que Abigail esperase unha reacción violenta. Pero iso non foi o que pasou. “A Nabal paralizóuselle o corazón dentro do peito e quedou coma unha pedra”, e uns dez días despois “o Señor feriu a Nabal e este morreu”. Deus castigouno por negarse a axudar a David, o seu servo unxido. O que fixo Xehová tamén foi unha bendición para Abigail, que quedou libre do seu terrible matrimonio.

Xehová tiña preparadas máis bendicións para Abigail. Cando David soubo da morte de Nabal pediulle que casase con el, e ela aceptou. Máis adiante foi secuestrada polos inimigos do pobo de Deus. Pero non por moito tempo. O seu bo e valente home saíu rapidamente ó seu rescate. Co tempo David chegou a ser rei, primeiro de Xudá e despois de todo Israel, e Abigail deulle un fillo.

Le o relato da Biblia:

  • 1 Samuel 25:1-43; 30:1-6, 16-20

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Abigail?

Afonda máis

  1. 1. Por que pode ser que Abigail casase con Nabal? (ia páx. 77 par. 6-wcgr).

  2. 2. Describe como era a rapa das ovellas, a época do ano na que David lle pediu comida a Nabal (w97 1/7 páx. 14 par. 4-wcgr). A

O dono dunhas ovellas está de pé diante da súa tenda. Está moi contendo dándolle un regalo a un dos seus homes que participou na rapa das ovellas. Detrás achéganse máis homes traendo la.

Imaxe A: A rapa das ovellas era unha ocasión alegre.

Imaxe A: A rapa das ovellas era unha ocasión alegre.

  1. 3. Por que debería Nabal estarlles agradecido ós soldados de David? (ia páxs. 77-78 pars. 9, 10-wcgr). B

    Unha rexión árida e montañosa cerca de Carmel.

    Hanan Isachar/Alamy Stock Photo

    Imaxe B: O terreo que rodeaba a cidade de Carmel era árido e accidentado.

  2. 4. Que quixo dicir Abigail cando afirmou que a vida de David “está gardada no acio dos que viven co Señor”? (1 Sam. 25:29; it “Vida” par. 45-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Que poden aprender os homes casados de que David seguise o consello de Abigail? C

    Un irmán está moi enfadado nun atasco. Está berrándolle a outro condutor mentres a súa muller trata de calmalo.

    Imaxe C

  • Que poden aprender de Abigail as irmás que están casadas con homes non crentes?

  • Como podes imitar o valor de Abigail na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Abigail cando resucite?

Aprende máis

Que poden facer para fortalecer o seu matrimonio os cristiáns que están casados con alguén que non serve a Xehová?

O matrimonio é unha unión permanente (4:30)

Abigail axudoulle a David a controlar o seu enfado. Mira de que formas podes controlar ti o teu xenio incluso cando te ofenden ou te provocan.

“A perspicacia axúdanos a conservar a calma” (w14 1/12 páxs. 12-13)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir