BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 33 páxs. 150-153
  • Protexeu o rei que Xehová escollera

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Protexeu o rei que Xehová escollera
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Iehoiadá actúa con valentía
    Aprendamos das historias da Biblia
  • As malas amizades levaron a Ioax a abandonar a Xehová
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2009)
  • Por que debemos temer a Xehová?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Xehová recompensa a valentía
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 33 páxs. 150-153

33 IEHOIADÁ

Protexeu o rei que Xehová escollera

Edición impresa
Edición impresa

AÍNDA que xa era moi maior, Iehoiadá seguía moi ocupado no servizo a Xehová, e tiña un forte desexo de facer o correcto. Durante un tempo moi difícil, foi o sumo sacerdote no templo de Xerusalén, o líder espiritual do pobo de Deus na Terra.

Gran parte da maldade que había no país era culpa dunha muller chamada Atalía. Era filla do rei Acab de Israel e da súa muller, Iezabel. Estes foran tan malos que Xehová dixera que eliminaría tódolos seus descendentes. Aínda que Atalía estaba casada co rei de Xudá, odiaba a adoración pura. Despois de morrer o seu home, o seu fillo empezou a gobernar, pero Xehová executouno. Entón ela mesma usurpou o trono, aínda que Xehová só escollía homes para gobernar como reis e estes tiñan que ser descendentes de David. Para asegurar a súa posición, decidiu desfacerse de calquera que puidese quitarlle o reinado. E como os seus propios netos eran herdeiros lexítimos ó trono, ordenou que os matasen a todos.

O sumo sacerdote e a súa muller arriscárono todo para protexer un neno indefenso dunha malvada raíña que quería matalo.

Iehoiadá estaba casado cunha muller nova moi valente chamada Ioxeba, que pertencía á familia real. Nin ela nin seu home podían soportar ver como exterminaban a liña real de David. Despois de todo, Xehová prometera que un descendente de David reinaría para sempre (2 Sam. 7:12, 13). Así que Ioxeba decidiu protexer un deses herdeiros, un bebé que tiña menos dun ano. Armouse de valor e sacou o neno do palacio real ás escondidas. Despois levouno xunto coa súa coidadora onda seu home, o sumo sacerdote Iehoiadá, quen escolleu un cuarto interior do templo onde poderían mantelo a salvo.

O sumo sacerdote Iehoiadá guiando en segredo a Ioxeba e unha coidadora ó templo pola noite. Ioxeba leva no colo o pequeno Ioax.

Durante os seguintes seis anos, Ioax viviu oculto na casa de Deus, medrando baixo a protección de Iehoiadá. Eses deberon ser anos difíciles, pois Atalía estaba disposta a facer calquera cousa con tal de seguir sendo raíña. Pero finalmente chegou o momento no que Iehoiadá tería que tomar unha decisión. Mandou chamar cinco xefes militares leais e contoulles o gran segredo: aínda seguía vivo un herdeiro lexítimo ó trono de David! Díxolles que situasen 500 soldados en posicións clave tanto dentro do templo como arredor del. Armados con lanzas e escudos do templo, estes soldados rodearon o pequeno para protexelo mentres Iehoiadá oficiaba a cerimonia de coroación. Ó velo, a xente púxose tan contenta que empezou a aplaudir. Cando Atalía escoitou o barullo, foi correndo ata alí.

Ó entrar no recinto do templo, deuse conta rapidamente do que estaba pasando e fixo un último intento desesperado por aferrarse ó poder. Empezou a berrar: “¡Traición, traición!”, cando en realidade era ela a traidora. Se esperaba que alguén a apoiase, levou unha gran decepción. Pero Iehoiadá mantívose firme e mandoulles ós xefes do exército que sacasen a malvada raíña do templo. E así o fixeron. Despois executárona. Xehová decretara que “toda a familia de Acab” sería exterminada (2 Reis 9:8). É posible que Atalía fose a última desa malvada familia en ser executada.

Pero Iehoiadá fixo algo máis. Animou o pobo e o pequeno rei a facer un pacto de fidelidade con Xehová. Despois mandou botar abaixo o templo de Baal e matar o seu sacerdote. Dende ese momento, Iehoiadá fixo todo o posible para que Ioax fose un rei bo e leal. O sumo sacerdote foi unha boa influencia ata o final dos seus días. Finalmente, morreu cando tiña 130 anos e recibiu o honor excepcional de ser enterrado entre os reis que gobernaran en Xerusalén.

Tristemente, despois da morte deste fiel home, Ioax botouse a perder. Empezou a promover a adoración falsa influenciado polos corruptos príncipes de Xudá e ignorou os profetas que trataron de corrixilo. Un deles foi Zacarías, tamén coñecido como Azarías, o fillo de Iehoiadá. El preguntoulle á xente: “¿Por que quebrantáde-los preceptos do Señor?”. En resposta, Ioax mandou que o matasen. Aínda así, Zacarías seguiu sendo valente ata o final, igual que seu pai. Séculos máis tarde Xesucristo falou moi ben de Zacarías. Xesús, igual que Xehová, nunca esquece o valor dos homes e mulleres leais.

Le o relato da Biblia:

  • 2 Reis 11:1–12:3 (11:1–12:2, TNM)

  • 2 Crónicas 22:10-12; 23:1-21; 24:1, 2, 7, 15-22

  • Mateo 23:35

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Iehoiadá?

Afonda máis

  1. 1. Que dixeron os expertos sobre a “centuria dos carios” que axudou a Iehoiadá a derrocar a Atalía? (2 Reis 11:4, 19; it “Garda de corps caria”-wcgr).

  2. 2. A que é posible que se referise “o testemuño”, e por que Iehoiadá llo puxo a Ioax? (2 Reis 11:12; w91 1/2 páx. 31 pars. 2, 5, 6). A

    O sumo sacerdote Iehoiadá poñendo un rolo sobre a cabeza do pequeno rei Ioax.

    Imaxe A

  3. 3. Por que deu Ioax a orde de reparar a casa de Xehová? (2 Crón. 24:4-7, 11-14; it “Ioax” núm. 1 par. 5-wcgr).

  4. 4. Zacarías era o fillo de Iehoiadá. Entón, por que o chamou Xesús “fillo de Baraquías”? (w23.06 páx. 19 par. 17, nota).

Medita no que aprendiches

  • Iehoiadá tiña arredor de 100 anos cando escondeu a Ioax. Como pode animar o seu exemplo os servos de Xehová máis maiores? (Sal. 92:13, 15 [92:12, 14, TNM]). B

    Un irmán maior usando un andador e dándolle a man moi contento a un irmán noviño mentres este entra a un Salón do Reino cos seus pais.

    Imaxe B

  • Mentres Ioax escoitou a Iehoiadá tomou boas decisións. Que lección poden aprender os mozos disto?

  • De que maneiras podes imitar o valor de Iehoiadá na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Iehoiadá cando resucite?

Aprende máis

Que poden aprender de Ioax os nenos sobre ter coidado ó escoller os seus amigos?

“As malas amizades levaron a Ioax a abandonar a Xehová” (w09 1/4 páxs. 24-25)

Que podemos aprender de Iehoiadá sobre facer doazóns para a adoración verdadeira?

“Contribucións que alegran o corazón de Deus” (w05 1/11 páxs. 26-27-wcgr)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir