BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 23 páxs. 110-113
  • Enfrontouse a un xigante

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Enfrontouse a un xigante
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • David non tivo medo
    Aprendamos da Biblia en familia
  • David e Goliat
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Tivo valor para deixarse guiar pola súa conciencia
    Sirve a Xehová con valor
  • Recorda que Xehová é o “Deus vivo”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 23 páxs. 110-113

23 DAVID

Enfrontouse a un xigante

Edición impresa
Edición impresa

DAVID mirou para o xigantesco home que estaba do outro lado do val de Elah, ou da Aciñeira. O seu nome era Goliat e medía case tres metros. En comparación, o escudeiro que estaba ó seu carón debía parecer moi pequeno. Ademais, a súa forza era proporcional á súa altura, así que a maioría da xente debía sentirse moi pequena e indefensa cando o vía. Pero cando David mirou para Goliat non tivo medo. Tiña boas razóns para ter valor.

Pouco antes desta batalla o profeta Samuel unxira a David e dixera que sería o seguinte rei de Israel. Dende entón, David foi capaz de facer cousas impresionantes grazas ó espírito de Xehová. Aínda que só era un adolescente, David era coñecido como “un rapaz valente e bo guerreiro”. Agora estaba no campo de batalla porque seu pai, Xesé, lle pedira que fose mirar como lles ía ós seus irmáns.

Ó chegar ó val de Elah, David viu que o exército israelita estaba nun lado e o exército filisteo no outro. Os dous exércitos levaban semanas en punto morto. Nese momento Goliat saíu das filas dos filisteos e empezou a berrar desafiando os israelitas. David non podía crer o que estaba escoitando. Aquel guerreiro pagán estaba burlándose do propio Xehová! David preguntoulles ós soldados o que sabían de Goliat. Tamén lles preguntou que recompensa lle daría o rei Saúl a quen matase a ese filisteo que se atrevía a desafiar o exército de Xehová. Eliab, o irmán maior de David, reprendeuno porque pensaba que só fora fisgar. Pero David seguiu intentando animar os soldados para que loitasen contra aquel xigante.

Cando Saúl escoitou o que estaba dicindo David mandou que o chamasen. David intentou animar o rei e díxolle que ninguén debía terlle medo a Goliat. Incluso se ofreceu voluntario para loitar el mesmo contra aquel filisteo. Ó principio Saúl non estivo de acordo porque estaba seguro de que David morrería. Pero David contoulle como Xehová lle axudara a matar un león e un oso que atacaran os rabaños do seu pai. Finalmente Saúl cedeu e deixoulle a súa armadura e a súa espada. Pero aquela armadura era demasiado grande e pesada para el, así que tirou con todo e só levou o seu bastón e a súa fonda.

David saíu ó encontro de Goliat e de camiño parou nun regato para coller cinco pedras lisas. Despois achegouse ó seu temible inimigo. En canto Goliat viu o rapaz, burlouse del e díxolle: “Seica son eu un can, para que veñas cara a min cunha caxata?”. É posible que Goliat non vise a fonda que levaba David, unha arma coñecida por ser moi eficaz nas mans adecuadas. Despois, “maldiciu a David no nome dos seus deuses” e prometeu que botaría o seu cadáver ós paxaros do ceo e ás feras do monte.

Sendo tan só un rapaz, David enfrontouse a un colosal inimigo para defender o nome de Xehová.

David respondeulle: “Ti vés cara a min con espada, con lanza e con venábulos [ou xavelinas], mentres eu vou cara a ti no nome do Señor dos exércitos, o Deus das hostes de Israel, a quen ti aldraxaches”. Esta era a razón pola que David era tan valente. El non se comparaba a si mesmo con Goliat. Máis ben comparaba a Goliat con Xehová! Así que estaba seguro de que podería matar a aquel xigante e de que os filisteos sufrirían unha enorme derrota.

David empezou a correr cara ó seu inimigo, colleu unha das pedras da bolsa, colocouna na fonda e púxose a darlle voltas con forza. Se Goliat non vira a fonda ata agora xa era demasiado tarde. David soltou a pedra, que saíu voando cara ó seu obxectivo e impactou con tanta forza que quedou incrustada na fronte de Goliat. O xigante “caeu de fuciños na terra”. David foi correndo, colleulle a espada a Goliat e cortoulle a cabeza. Ó velo, os israelitas deixaron de ter medo e saíron berrando para atacar os filisteos. Ese día o pobo de Deus conseguiu unha gran vitoria. O exemplo de David deulles valor ós israelitas e segue dándonos valor a nós na actualidade.

David correndo cara a Goliat mentres fai xirar unha pedra sobre a súa cabeza cunha fonda. Goliat búrlase de David mentres vai cara a el xunto co seu escudeiro.

Le o relato da Biblia:

  • 1 Samuel 16:13, 18, 19; 17:1-54

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor David cando era novo?

Afonda máis

  1. 1. Que outros antepasados de David foron moi valentes? (Mat. 1:5, 6; Luc. 3:31-38; w12 1/10 páx. 24 par. 2-wcgr).

  2. 2. Que probas temos da autenticidade deste relato? (wp16.5 páx. 13). A

    Collection the Israel Antiquities Authority. Photo © The Israel Museum, by Meidad Suchowolski

    Imaxe A: Un fragmento do século IX a. n. e. cunha inscrición que menciona a “casa de David”.

  3. 3. David foi pastor cando era un rapaz. Como era a súa vida nese tempo? (w11 1/9 páx. 27 par. 1–páx. 28 par. 1-wcgr). B

    Un pastor está no campo co seu rabaño de ovellas mentres estas pastan nunha extensa ladeira verde.

    Todd Bolen/BiblePlaces.com

    Imaxe B

  4. 4. Como sabemos que os demais adoitaban subestimar a David? (w21.03 páx. 3 par. 6; it “Eliab” núm. 4 par. 1-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Como podería o exemplo de David axudarche a loitar contra...

    • os teus medos? C

      Un adolescente en clase escoitando con respecto o seu profesor de ciencias que sostén unha caveira coa man e lle fala directamente a el. No fondo da clase vese unha imaxe conceptual das etapas da evolución humana.

      Imaxe C

    • os malos desexos?

  • Que efecto podería ter o teu valor noutros? (1 Sam. 17:50-53).

  • De que outras maneiras podes imitar o valor que demostrou David neste relato?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a David cando resucite sobre esta parte da súa vida?

Aprende máis

Nesta canción para nenos aprenderás o que lle deu valor a David.

O bo exemplo de David (2:35)

Que poden facer os irmáns para gañarse e manter o respecto dos demais, igual que David?

“Mozos, como podedes gañar a confianza doutros?” (w21.03 páxs. 2-5 pars. 1-11)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir