25 DAVID
Tivo valor para deixarse guiar pola súa conciencia
HOUBO un tempo no que Saúl quería a David e confiaba nel. Nomeouno o seu escudeiro e máis tarde xeneral do seu exército. Pero agora intentaba matalo e David tivo que fuxir pola súa vida. Deus prometéralle a David que o faría rei, pero neste momento estaba escondido, intentado manterse con vida el e os seus 600 homes.
Saúl convertérase nun rei cruel. Permitiu que os celos que sentía por David sacasen o peor del, ata o punto de intentar matalo varias veces. E aínda que nunha ocasión David lle perdoara a vida, Saúl seguía intentando darlle caza. Os homes dunha cidade chamada Zif traizoaron a David por segunda vez e contáronlle a Saúl onde estaba escondido. Así que Saúl xuntou o seu exército para perseguilo.
Que fixo David? En primeiro lugar enviou algúns dos seus homes para comprobar onde estaba Saúl. E aínda que o exército de Saúl tiña 3000 homes, David non entrou en pánico. De feito, foi neste tempo cando escribiu: “Deus é a miña axuda, o Señor é quen sostén a miña vida” (Sal. 54:1, 2, 6 [54:4, encabezamento, TNM]). Así que David decidiu ir directo ó campamento de Saúl e preguntoulles a dous dos seus homes quen o quería acompañar.
Abixai, o sobriño de David, ofreceuse voluntario. Era un guerreiro moi valente, pero ás veces faltáballe compaixón. Mentres os dous se adentraban no campamento de Saúl, viron que todo o mundo estaba durmido. De feito, fora Xehová mesmo quen fixera que se durmisen profundamente para que non os puidesen escoitar. Finalmente chegaron ata onde estaba Saúl. O rei tamén durmía indefenso, e tiña a súa lanza cravada no chan xunto á súa cabeza.
Que faría David? Que fácil sería matar a Saúl! Podería por fin deixar de fuxir e quizais incluso ser rei? Abixai non podía entender que David tivese dúbidas. Así que díxolle en voz baixa: “Hoxe púxoche Deus o teu inimigo nas túas mans. Agora déixame que o crave dun golpe de lanza contra o chan. Non cumprirá repetilo”.
Seguro que David lembraba ben a última vez na que estivo nunha situación parecida. Foi no deserto de En-Guedí, nunha ocasión na que Saúl entrara xusto na mesma cova na que el estaba escondido. O rei non sabía que estaba alí, así que David podería acabar coa súa vida facilmente. Aínda así non o fixo, senón que só lle cortou un pedaciño da súa roupa. Pero incluso iso fixo que tivese remordementos de conciencia por faltarlle ó respecto ó rei unxido por Xehová.
Esa noite non lle debeu ser fácil a David deter o seu sobriño. Ó fin e ó cabo Abixai tamén era un fuxitivo. Tódolos homes de David estarían desexando que Saúl deixase de perseguilos. Aínda así David non quixo vingarse. Corrixiu o seu ansioso compañeiro e pediulle que tivese paciencia. Aseguroulle: “Pola vida do Señor, que será el quen o fira, ou porque lle chegou a hora de morrer, ou porque acabe caendo na guerra”. Despois engadiu con firmeza: “Deus me libre de pó-la miña man sobre o unxido do Señor”.
Que faría David cando o animaron a acabar cun poderoso inimigo?
David sabía que, ó seu debido tempo, Xehová castigaría a maldade de Saúl. No salmo mencionado anteriormente demostrou a súa confianza en Xehová dicindo: “Recaia a desgracia sobre os meus perseguidores” (Sal. 54:7 [54:5, TNM]). Así que David e Abixai marcharon do campamento de Saúl e foron ata un punto elevado que estaba a certa distancia. Dende alí David berroulles a Saúl e ós seus soldados. Recriminoulles a aqueles homes que non estivesen en garda para protexer o seu rei. E a Saúl reprochoulle que perdese o seu tempo perseguíndoo, comparándose a si mesmo cunha simple pulga que non representaba ningún perigo para o rei. Moi avergonzado Saúl admitiu: “Comporteime coma un parvo. Estaba moi enganado”.
Cambiou Saúl a súa forma de actuar? David sabía que non podía contar con iso. Aínda así nunca se arrepentiu de seguir con valor o que lle dicía a súa conciencia. E co tempo Xehová bendiciu o seu valente e leal servo de formas que David nunca imaxinara.
Le o relato da Biblia:
1 Samuel 16:21; 18:5-14; 23:19; 24:4-8 (24:3-7, TNM); 26:1-25
Pensa nisto:
De que formas demostrou valor David durante esta parte da súa vida?
Afonda máis
1. Aínda que Abixai tendía a ser impulsivo e cruel, de que formas defendeu con valor o pobo de Xehová e apoiou a David? (it “Abixai” pars. 3-5-wcgr).
2. Por que se comparou David a si mesmo cunha “perdiz polas montañas”? (1 Sam. 26:20; it “Perdiz” par. 4-wcgr). A
Ekaterina Kolomeets/stock.adobe.com
Imaxe A
3. Por que necesitou paciencia David? (w17.08 páxs. 6-7 pars. 14, 15-wcgr).
4. De que formas seguiu sendo modesto David incluso décadas despois do que pasou neste relato? (w21.09 páx. 10 par. 8-wcgr). B
Imaxe B
Medita no que aprendiches
Aínda que Saúl cometeu moitos erros, David respectou a súa autoridade. Como poderiamos imitar a David na forma na que vemos...
os nosos pais? C
Imaxe C
as autoridades do goberno? D
Imaxe D
os anciáns da congregación? E
Imaxe E
David foi valente ó deixarse guiar pola súa conciencia. En que situacións poderiamos necesitar valor para facer o que nos dita a nosa conciencia?
De que outras maneiras podes imitar o valor que demostrou David neste relato?
Analiza o cadro completo
Que me ensina este relato sobre Xehová?
Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?
Que me gustaría preguntarlle a David cando resucite sobre esta parte da súa vida?
Aprende máis
Mira como cobra vida este relato.
Saúl empezou sendo humilde e modesto, pero acabou sendo arrogante. Que poden aprender os nenos disto?
“El rey Saúl” (“Fichas de personajes bíblicos” de jw.org en español)