APRENDE DE XESÚS
A violencia non é a solución
Cada vez máis persoas pensan que a violencia é a mellor forma de enfrontarse ós conflitos ou de resolver os problemas. Pero esa forma de pensar non ten nada que ver co que Xesucristo ensinou nin co exemplo que el nos puxo. Fíxate nalgunhas cousas que el fixo e dixo.
O que dixo Xesús
No seu famoso Sermón do Monte, Xesús ensinou que a ira, a agresividade e a violencia non son a solución ós desacordos. Vexamos algúns exemplos.
“Facede polos demais todo o que vos gustaría que fixesen por vós” (Mateo 7:12; Lucas 6:31). Este consello, ó que moitas veces se lle chama a Regra de Ouroa, anímanos a tratar os demais como nos gustaría que nos tratasen a nós. A ninguén lle gusta que o traten de maneira agresiva ou con violencia. Entón, non cres que deberiamos tratar a todos con respecto e amabilidade, incluso se non estamos de acordo con alguén?
“Se alguén che pega na meixela dereita, ponlle tamén a outra meixela” (Mateo 5:38, 39; Lucas 6:29). Xesús non estaba ensinando que as persoas debían buscar que as maltratasen. Máis ben estaba corrixindo a idea equivocada de que está ben vingarse, algo que parece ser que ensinaban algúns líderes relixiosos. El estaba dicíndolles ós seus seguidores que non debían vingarse. En vez diso, tiñan que manter a calma e ser amables cando os provocasen.b
“Seguide amando os vosos inimigos” (Mateo 5:43, 44; Lucas 6:27). Xesús ensinou que debemos tratar ben os que nos odian ou os que nos tratan de maneira inxusta. Con isto non quixo dicir que tivésemos que estar de acordo coa mala conduta destas persoas.c Máis ben, ensinou que se somos amables cos que nos odian poderiamos conseguir que se calmen, e incluso motivalos a que tamén sexan amables con nós.
O que fixo Xesús e o que fará no futuro
Xesús ensinou que a violencia non é a solución, e el poñía en práctica o que predicaba. A noite na que o arrestaron, un dos seus seguidores quixo defendelo e atacou a un dos que viñan a arrestalo. Pero Xesús díxolle: “Garda a túa espada, porque tódolos que usan a espada morrerán pola espada” (Mateo 26:52). Xesús tamén demostrou que amaba os seus inimigos ó perdoalos cando o trataron mal, e incluso orando por eles! (Lucas 23:33, 34; 1 Pedro 2:23).
A Biblia promete que Xesús, a quen se describe como o Príncipe de Paz, pronto acabará con toda a violencia que existe (Isaías 9:6, 7). Para aprender máis sobre este marabilloso futuro, le o artigo “Como acabarán a guerra e os conflitos violentos?.”
a Se queres máis información, le o artigo “Que é a Regra de Ouro?”.
b Se queres máis información, le o artigo “¿Qué significa la ley del ‘ojo por ojo’?”.
c Se queres máis información, le o artigo “A que se refería Xesús cando dixo ‘amade os vosos inimigos’?”.