BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 132
  • A guerra en Oriente Medio. O que di a Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A guerra en Oriente Medio. O que di a Biblia
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Acabarán os gobernos coa guerra en Oriente Medio?
  • Está cumprindo algunha profecía esta guerra?
  • Empezará o Armaxedón en Oriente Medio?
  • Que pode axudarnos a manter a calma?
  • Cando rematarán os conflitos violentos? O que di a Biblia
    Outros temas
  • Comezará o Armaxedón en Israel? O que di a Biblia
    Outros temas
  • Como acabarán a guerra e os conflitos violentos?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2025
  • Que é a guerra de Harmaguedón?
    Preguntas sobre a Biblia
Ver máis
Outros temas
mrt artigo 132
Fume saíndo dunha cidade de Oriente Medio que foi atacada cun mísil.

Photo by Stringer/Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

A guerra en Oriente Medio. O que di a Biblia

Por todo o mundo a xente está preocupada polo conflito que hai entre Os Estados Unidos, Israel e Irán. Empeorará a situación e provocará unha guerra que afecte a moitos países? Poden os gobernos evitar este tipo de conflitos e conseguir que haxa paz duradeira?

Os que oíron falar das profecías da Biblia quizais se pregunten se o que está pasando en Oriente Medio podería ser o inicio da guerra de Armaxedón, que se menciona no libro de Apocalipse.

Que di a Biblia?

Acabarán os gobernos coa guerra en Oriente Medio?

A Biblia di: “Non confiedes nos potentes, humanos que non poden salvar” (Salmo 146:3).

Non sabemos se os gobernos serán capaces de conseguir que haxa algo de paz en Oriente Medio. Pero a Biblia deixa claro que ningún político, goberno humano ou grupo de persoas pode acabar totalmente coas guerras e conseguir paz duradeira. Deus é o único capaz de acabar coa “guerra en tódolos confíns” (Salmo 46:10 [46:9, TNM]).

  • Para saber máis, le a revista A Atalaia titulada “Deixará de haber guerras algún día?”.

Está cumprindo algunha profecía esta guerra?

A Biblia di: “Ides oír falar de guerras e escoitaredes noticias de guerras. [...] As nacións loitarán unhas contra outras e os reinos pelexarán uns contra outros” (Mateo 24:6, 7).

O conflito que hai en Oriente Medio é outra proba de que vivimos na “parte final do sistema”, o que a Biblia chama os “días derradeiros”, ou últimos días (Mateo 24:3; 2 Timoteo 3:1). Os conflitos que hai hoxe en día indican que Deus pronto actuará para acabar coas guerras e outros problemas que fan sufrir ás persoas.

  • Para saber máis, le o artigo “Cal é o sinal dos últimos días ou dos ‘días derradeiros’?”.

Empezará o Armaxedón en Oriente Medio?

A Biblia di: “Xuntáronos no lugar que en hebreo se chama Harmaguedón” (Apocalipse 16:16).

O Armaxedón non é unha guerra entre gobernos humanos que empece en Oriente Medio. Será unha guerra a nivel mundial entre tódolos gobernos humanos e Deus.

  • Para saber máis, le o artigo “Que é a guerra de Harmaguedón?”.

Que pode axudarnos a manter a calma?

A Biblia di: “Non vos angustiedes por nada. En vez diso, en calquera situación, facédelle saber a Deus as vosas peticións con oracións e súplicas, e dándolle grazas” (Filipenses 4:6).

Xehováa quere que lle oremos. Deus preocúpase por nós, e por iso escoita as nosas oracións e axúdanos a manter a calma en momentos difíciles (1 Pedro 5:7). Para iso, non só nos axuda a entender por que segue habendo guerras, senón que tamén nos explica como acabará con elas e que fará para solucionar todo o dano e o sufrimento que nos causaron (Apocalipse 21:3, 4).

  • Para saber máis sobre como nos axuda Deus, le o artigo “Podo atopar consolo na Biblia?”.

a Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir