Que lles vai pasar ás relixións? O que di a Biblia
Estás decepcionado ou incluso enfadado coa relixión? Aínda que a relixión fixo cousas boas por algunhas persoas ou algúns colectivos, tamén fixo moito dano. Unha enciclopedia sobre as relixións e as guerras di: “As diferenzas relixiosas causaron algunhas das peores guerras da historia” (Encyclopedia of Religion and War). A miúdo, os líderes relixiosos usaron a relixión para promover ideas políticas en lugar de para adorar a Deus, e mesmo intentaron esconder abusos sexuais ou delitos financeiros.
Se estás decepcionado coa relixión, poida que te preguntes que pensa Deus dela. A Biblia di que Deus condena a maioría das relixións polas cousas que fixeron. Ademais, contén profecías que din o que vai facer coas relixións e explica, de forma simbólica, que medidas vai tomar contra elas por primeira vez na historia.
Que di a Biblia sobre o futuro da relixión?
Profecía: O libro bíblico de Apocalipse fala dunha prostituta chamada Babilonia a Grande. Esta prostituta está sentada enriba dunha besta salvaxe que é de cor vermella intensa. Pero despois esa besta e mais outra, unha besta con 10 cornos, matan a prostituta (Apocalipse 17:3, 5, 16).
Significado: A prostituta, ou Babilonia a Grande, representa a tódalas relixións falsas, é dicir, aquelas que Deus non aproba.a A besta salvaxe que é de cor vermella intensa representa a Organización das Nacións Unidas (ONU).b E a besta con 10 cornos representa a tódolos gobernos do mundoc. Que significa que a prostituta estea sentada enriba da besta de cor vermella intensa? Indica que a relixión falsa intentou influír na ONU e incluso controlala. Por outro lado, o feito de que as bestas maten a prostituta mostra que a ONU e as nacións que a apoian atacarán a tódalas relixións falsas e destruiranas por completo. Será algo nunca visto e non quedará nin rastro delas.
Como serán destruídas as relixións falsas?
Profecía: A Biblia di: “Os 10 cornos que viches e a besta salvaxe odiarán a prostituta, sacaranlle tódalas súas posesións e [...] queimarana totalmente no lume. Porque Deus púxolles no seu corazón [o corazón dos líderes mundiais] a idea de levar a cabo o pensamento del, é dicir, que cumprisen o obxectivo que eles teñen en común, dándolle a autoridade que teñen como reis á besta salvaxe”. E engade: “Nun só día virán as súas pragas (morte, loito e fame), e será queimada totalmente con lume. Porque Xehovád Deus, o que a xulgou, é poderoso” (Apocalipse 17:16, 17; 18:8).
Significado: Deus poñerá “o pensamento del” nos líderes das nacións e fará que lle dean á ONU “a autoridade que teñen como reis”, é dicir, o seu poder político. Entón, co poder que recibiu, a ONU destruirá a tódalas relixións falsas do mundo. Este impactante acontecemento ocorrerá “nun só día”, de forma rápida e inesperada, collendo a moita xente por sorpresa (Apocalipse 18:21).
Por que serán destruídas as relixións falsas?
Profecía: “Os seus pecados acumuláronse ata chegar ó ceo, e Deus acordouse dos actos inxustos dela” (Apocalipse 18:5).
Significado: As relixións falsas fixeron moitas cousas malas durante moitos séculos. Algúns dos pecados polos que Deus di que as vai destruír son os seguintes:
Involucrarse na política. Xesucristo díxolles ós seus seguidores que non se metesen en política senón que confiasen no Reino de Deus, un goberno celestial que substituirá os gobernos humanose (Daniel 2:44; Mateo 6:9, 10; Xoán 6:15; 18:36). Pero a relixión falsa fixo xusto o contrario. Como se involucrou tanto na política en vez de serlle leal a Deus, a profecía de Apocalipse di que Babilonia a Grande é culpable de “inmoralidade sexual” e por iso se lle chama “a gran prostituta” (Apocalipse 17:1, 2; Santiago 4:4).
Violencia. A Biblia di que a relixión falsa é culpable da morte “de tódolos que foron asasinados na terra” (Apocalipse 18:24). Moitas relixións non lles ensinan ós seus membros a ser persoas pacíficas. Algunhas incluso apoian as guerras e animan as persoas a participar nelas e a cometer actos terroristas.
Cobiza. A relixión falsa vive nun “luxo desvergonzado” (Apocalipse 17:4; 18:7). Moitas relixións usaron a súa influencia e os seus contactos para acumular unha riqueza enorme. Esta actitude chea de cobiza non lle gusta nada a Deus (Tito 1:7).
Mentir. A relixión falsa ensínalles ás persoas a crer e a facer cousas que van en contra do que a Biblia di.f Como moitas das ensinanzas e prácticas que enganan a xente e deshonran a Deus saen da relixión falsa, a profecía chámalle “a nai [...] das cousas noxentas da terra” (Apocalipse 17:5; 18:23).
Van ser destruídas tódalas relixións?
Non. O libro de Apocalipse fala dunha “gran multitude”, un grupo de persoas que son de tódalas partes do mundo (Apocalipse 7:9). Os que forman parte desta multitude van “vestidos con túnicas brancas”, o que significa que adoran lealmente a Deus da maneira que el quere. Estas persoas sobreviven á “gran tribulación”, o período de tempo no que a relixión falsa e o resto dos inimigos de Deus son destruídos (Apocalipse 7:13, 14; 19:11, 19-21). Esta gran multitude vestida con túnicas brancas pertence á relixión verdadeira, que durará para sempre.g
Unha gran multitude de persoas que pertencen á relixión verdadeira sobrevivirán á destrución da relixión falsa.
Como che afecta a ti que as relixións falsas sexan destruídas?
Saber que Deus non aproba as cousas tan terribles que fixeron as relixións pode darche consolo. Podes mirar o futuro con esperanza sabendo que moi pronto desaparecerán tódalas relixións que deshonran a Deus e que fan que a xente sufra.
Tamén podes estar seguro de que hai unha maneira de adorar a Deus que a el lle gusta. A Biblia di: “Os auténticos adoradores do Pai adorarano guiados polo espírito santo e de acordo coa verdade. Porque o Pai está buscando este tipo de persoas para que o adoren” (Xoán 4:23). Ademais, Deus dilles: “Meu pobo, saíde dela [de Babilonia a Grande] se non queredes ser cómplices dos seus pecados nin recibir parte das súas pragas” (Apocalipse 18:4, 5). É dicir, Deus está invitando as persoas a que o adoren seguindo a verdade que está na Biblia (1 Timoteo 2:3, 4). E promete que os que acepten esta invitación vivirán para sempre (1 Xoán 2:17).
a Para descubrir catro características que axudan a identificar a Babilonia a Grande, le o artigo “¿Qué es Babilonia la Grande?”.
b Para descubrir seis características que axudan a identificar esta besta, le o artigo “¿Qué es la bestia de color escarlata del capítulo 17 de Apocalipsis?”.
c Para saber como identificar esta besta, le o artigo “¿Qué representa la bestia de siete cabezas del capítulo 13 de Apocalipsis?”.
d Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Mira o artigo “Quen é Xehová?”.
e Para aprender máis, mira o vídeo Que é o Reino de Deus?
f Para ver algúns exemplos, mira o recadro “Forman parte de Babilonia a Grande algunhas relixións ‘cristiás’?”.
g Para descubrir como che pode axudar a Biblia a identificar cal é a relixión verdadeira, le o artigo “¿Cómo hallar la religión verdadera?”.