BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp19 núm. 2 páxs. 14-15
  • Por que vale a pena vivir

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Por que vale a pena vivir
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Deus preocúpase por ti
  • A túa vida ten sentido
  • Temos por diante un futuro mellor
  • Quero morrer. Pode axudarme a Biblia se teño pensamentos suicidas?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Cando morre un ser querido
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
wp19 núm. 2 páxs. 14-15
Unha muller nova lendo a Biblia.

Por que vale a pena vivir

Faizal tivo que someterse a unha operación de corazón moi complicada xusto un ano despois de que morrese a súa muller. El conta: “Cando leo o libro de Xob, doume conta de que Xehová o puxo aí por algo. Encontrar un personaxe bíblico co que te sentes identificado alivia a dor do teu corazón”. E engade: “Vale a pena vivir”.

Tarsha perdeu a súa nai cando era nova. Ela conta: “Coñecer o noso Creador é o que lle dá sentido á vida. Dános esperanza e fainos felices a pesar dos problemas. Xehová ten poder de sobra para darnos o apoio e a axuda que necesitamos para o día a día”.

NOS ARTIGOS anteriores vimos que algúns sucesos traumáticos poden facer que a vida pareza insoportable. Poida que esteas pasando por unha situación difícil e penses que non vale a pena vivir ou que ninguén se preocupa por ti. Pero podes estar seguro de que a Deus si que lle importas. Ti vales moito para Deus.

O escritor do Salmo 86 confiaba en Deus e por iso dixo: “Chámote na hora do apreto, e ti hasme axudar” (Salmo 86:7). Pero pode que te preguntes: “Como me vai contestar Deus cando eu estea angustiado?”.

Pode que Deus non che quite os problemas inmediatamente, pero promete darche paz interior para afrontalos. Na súa Palabra, a Biblia, asegúranos: “Non vos angustiedes por nada. En vez diso, en calquera situación, facédelle saber a Deus as vosas peticións con oracións e súplicas, e dándolle grazas. E a paz de Deus, que vai máis alá do que calquera ser humano pode entender, protexerá o voso corazón e os vosos pensamentos” (Filipenses 4:6, 7, nota). Analiza os versículos que aparecen abaixo e fíxate en canto se preocupa Deus por ti.

Deus preocúpase por ti

“Deus non pasa por alto ningún deles [ningún gorrión]. [...] Vós valedes máis que moitos gorrións” (Lucas 12:6, 7, nota).

PENSA NISTO: Deus fíxase incluso nos paxariños que parecen insignificantes. Nin sequera pasa por alto un pequeno gorrión. Cada un deles é moi valioso para el. Pois os humanos somos moito máis valiosos para Deus que os gorrións. Somos a súa creación máis importante na Terra porque estamos feitos á súa imaxe, e somos capaces de cultivar e demostrar as súas marabillosas cualidades (Xénese 1:26, 27).

“Oh, Xehová, ti examináchesme a fondo, ti coñécesme. [...] Percibes os meus pensamentos. [...] Mira dentro de min e coñece os meus pensamentos angustiosos” (Salmo 139:1, 2, 23, TNM).

PENSA NISTO: Deus coñécete persoalmente. El coñece as túas preocupacións e os teus sentimentos máis íntimos. Aínda que os demais non poidan entender a situación tan difícil pola que estás pasando, Deus preocúpase por ti e quere axudarche. Por iso, vale a pena vivir.

A túa vida ten sentido

“Señor, escoita a miña súplica, chegue a ti o meu clamor [...]. Pon cara a min o oído e, cando te chame, respóndeme axiña”. Xehová atenderá “a oración dos expoliados” e non desprezará “a súa pregaria” (Salmo 102:2, 3, 18 [102:1, 2, 17, TNM]).

PENSA NISTO: É coma se Xehová estivese levando un rexistro de cada lágrima que derramaron as persoas desde que a humanidade empezou a sufrir (Salmo 56:9 [56:8, TNM]). Isto inclúe tamén as túas. Deus acórdase de tódolos problemas polos que pasaches e de tódalas túas lágrimas, porque vales moito para el.

“Non mires con medo, que eu son o teu Deus. Fortalecinte e axudeite [...]. Eu, o Señor, son o teu Deus [...]. Eu son quen che digo: non teñas medo. Eu son quen te axuda” (Isaías 41:10, 13).

PENSA NISTO: Deus está listo para axudarche. Se caes, el vaite levantar.

Temos por diante un futuro mellor

“Deus amou tanto o mundo que deu o seu Fillo unixénito para que quen demostre fe nel non sexa destruído, senón que teña vida eterna” (Xoán 3:16).

PENSA NISTO: Para Deus, ti vales tanto que estivo disposto a entregar o seu Fillo, Xesús, como sacrificio por ti. Este sacrificio dáche a oportunidade de vivir unha vida feliz e con sentido para sempre.a

Aínda que te sintas angustiado e a vida che pareza insoportable, dedica tempo a estudar a Biblia e fortalece a túa fe nas promesas de Deus. Isto farate feliz e axudarache a estar convencido de que vale a pena vivir.

a Para saber máis sobre como podes beneficiarte do sacrificio de Xesús, mira o vídeo Lembremos o sacrificio de Xesús en jw.org. Vai a QUEN SOMOS > CONMEMORACIÓN.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir