BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp19 núm. 2 páxs. 10-11
  • Cando tes unha enfermidade grave

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cando tes unha enfermidade grave
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O QUE LLES AXUDOU A ALGUNHAS PERSOAS
  • Como che pode axudar a oración?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
  • Axudemos ós que padecen unha enfermidade mental
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • Pode a Biblia axudarnos a levar mellor unha enfermidade crónica?
    Preguntas sobre a Biblia
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
wp19 núm. 2 páxs. 10-11

Cando tes unha enfermidade grave

“Cando me dixeron que tiña cáncer de pulmón e de colon, estaba convencida de que ía morrer. Pero cando cheguei á casa, despois de falar co médico, pensei: ‘Vale, non é o que me esperaba, pero agora teño que buscar a maneira de facerlle fronte’” (Linda, 71 anos).

“Teño unha enfermidade que lles afecta ós nervios do lado esquerdo da miña cara e que me provoca moita dor. Ás veces, esa dor tan forte fixo que me deprimise. De feito, moitas veces sentinme soa e ata pensei en quitarme a vida” (Elise, 49 anos).

Un home enfermo nunha cadeira de rodas rodeado dos seus seres queridos.

SE ALGUNHA vez che diagnosticaron a ti ou a un dos teus seres queridos unha enfermidade que podía ser mortal, xa sabes o angustiado que te podes chegar a sentir. Non se trata só da enfermidade, tamén hai que ter en conta o estrés emocional que provoca. O estrés que causan as citas médicas, a dificultade para conseguir ou pagar o tratamento necesario e os efectos secundarios dos medicamentos poden facer que o medo e a ansiedade aumenten. A angustia mental que provoca unha enfermidade grave pode superarnos.

Que pode axudarnos se pasamos por unha situación así? Moitas persoas déronse conta de que o que máis as consola é orarlle a Deus e ler textos da Biblia animadores. Outra cousa que pode axudar moito é o amor e o apoio que poden darnos os nosos familiares e amigos.

O QUE LLES AXUDOU A ALGUNHAS PERSOAS

Robert, un home de 58 anos, dános este consello: “Para facerlle fronte á túa enfermidade, confía en Deus, e el axudarache a aguantar. Óralle a Xehová e cóntalle como te sentes. Pídelle que che dea espírito santo e que che axude a manter a calma e a seguir sendo positivo, polo teu propio ben e polo da túa familia”.

Robert segue dicindo: “É moi importante ver que a familia te apoia emocionalmente e que están aí para axudarche. Tódolos días me chama algún familiar para preguntarme como estou. Tamén me animan moito os amigos que viven noutros sitios. Fan que me sinta mellor e iso axúdame a non renderme”.

Tes un amigo enfermo e queres visitalo? Fíxate no que di Linda: “Cando alguén está enfermo, quere que a súa vida sexa o máis normal posible e quizais non queira estar falando sempre da súa enfermidade. Así que podes falarlle das cousas das que falas normalmente”.

A forza que nos dá Deus, o consolo que recibimos grazas ás Escrituras e o cariño dos familiares e dos amigos poden axudarnos a estar seguros de que vale a pena vivir incluso se temos unha enfermidade grave.

Textos bíblicos que che poden axudar

Apóiate en Deus

“Eu busco ó Señor, e El responde, líbrame de tódolos temores. O Señor escoita ó pobre que o chama” (Salmo 34:5, 7 [34:4, 6, TNM]).

Linda, da que falamos antes, di: “Nunca lle pido a Deus que me cure. Pídolle que me axude a ser forte e a aguantar a miña enfermidade”.

Le a Biblia para que che axude a ser forte

“E ningún habitante dirá: ‘Estou enfermo’” (Isaías 33:24, TNM).

Medita nas promesas que Deus cumprirá no futuro. Isto fará máis forte a túa esperanza e axudarache a aguantar.

Busca o apoio dos familiares e dos amigos

“Un amigo ama en todo tempo, e un irmán nace para a hora da adversidade” (Proverbios 17:17).

Elise, da que tamén falamos antes, recomenda: “Non te illes. Deixa que che axuden os teus amigos. Ás veces sentiraste só e pensarás que Deus non te escoita, pero non te illes”.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir