BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 11 páxs. 58-61
  • “Vai onda o faraón”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Vai onda o faraón”
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Tomou a decisión correcta
    Sirve a Xehová con valor
  • Coñece os camiños de Xehová
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2005)
  • Xehová manda tres pragas
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Moisés escolle servir a Xehová
    Aprendamos das historias da Biblia
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 11 páxs. 58-61

11 MOISÉS

“Vai onda o faraón”

Edición impresa
Edición impresa

MOISÉS era un home diferente. Pasara tanto tempo dende que marchou de Exipto, que quizais xa nin se lle pasaba pola cabeza que el fose o escollido para liberar os israelitas da escravitude. Agora, cuns 80 anos, estaba casado e tiña dous fillos. Coidar durante corenta anos das ovellas do seu sogro na desértica zona onde vivían os madianitas axudoulle a ser máis humilde.

Xehová viu o moito que cambiara Moisés. Un día chamou a súa atención facendo que unha silveira que estaba o pé do monte Horeb (Sinaí) ardese sen consumirse. Cando Moisés se acercou, Xehová faloulle dende o lume por medio dun poderoso anxo. Mandoulle que volvese a Exipto e liberase o seu pobo. Para animalo, Xehová explicoulle un aspecto importante do que significa o seu nome. Díxolle: “EU SON O QUE SON”. Esta expresión tamén podería traducirse “Eu Serei o que Eu Decida Ser”. Así que Xehová podería chegar a ser o Salvador do seu pobo oprimido facendo o que fose necesario para liberalo e convertelo nunha nación poderosa.

Pero aínda así Moisés tiña dúbidas. Non se sentía cualificado nin capaz de falar diante do faraón de Exipto. Xehová corrixiuno e fortaleceu a súa fe facendo algo incrible. Deulle poder para facer milagres! Esta é a primeira vez rexistrada na Biblia na que Xehová lle dá a un humano este poder. Ademais deulle un axudante que lle serviría de portavoz: o seu irmán Aarón. Ó final Moisés acabou aceptando a responsabilidade que Xehová lle encargara. Dese xeito chegou a ser un mesías, é dicir, un home escollido por Xehová para salvar o Seu pobo (Heb. 11:26).

Moisés volveu a Exipto e presentouse xunto con Aarón diante do faraón. Pero as cousas non foron ben. En vez de liberar Israel, o rei obrigou os escravos a traballar aínda máis duro! Entón Xehová mandou a Moisés outra vez onda o faraón para anunciarlle a Súa primeira praga contra Exipto. Xehová converteu o río Nilo en sangue! Pero o rei non cedeu. Como consecuencia, Xehová seguiu enviando a Moisés vez tras vez anunciando unha devastadora praga tras outra. En todas esas ocasións Moisés obedeceu con valor. Pero o orgulloso faraón non o quixo escoitar. A partir da cuarta praga Xehová protexeu o seu pobo e só os exipcios sufriron os efectos.

Moisés e Aarón diante do faraón e dos membros da corte real exipcia.

Cada praga deixaba claro que os deuses exipcios, os magos e o faraón non tiñan poder ningún. Aínda así o rei seguiu endurecendo o seu corazón e non deixou que os escravos marchasen. A novena praga cubriu Exipto cunha densa escuridade, mentres que onde vivían os israelitas había luz. Finalmente o faraón accedeu a deixalos marchar. Pero máis tarde cambiou de opinión e incluso advertiu a Moisés de que se intentaba presentarse diante del outra vez morrería.

Moisés enfrontouse unha e outra vez á ira do gobernante máis poderoso da Terra.

Aínda así Xehová volveu mandar a Moisés unha última vez onda o faraón, e Moisés obedeceu. A décima e última praga matou a tódolos primoxénitos de Exipto, tanto humanos coma animais. O propio faraón perdeu o seu fillo e finalmente se rendeu. Humillado, chamou a Moisés e liberou a Israel. Tamén lle pediu unha bendición. Israel por fin era libre, xusto 430 anos despois de que Abrahán entrase na Terra Prometida! Os que foran escravos marcharon de Exipto xunto cunha “multitude de xente mesturada”, moitos dos cales probablemente eran exipcios. Entón o faraón volveu cambiar de opinión. Reuniu o seu enorme exército e saíu para perseguir os israelitas!

Moisés e os israelitas chegaron á beira do Mar Vermello. Ó ver o exército exipcio sentíronse aterrorizados porque parecía que estaban atrapados. Moisés pediulle axuda a Xehová e el respondeulle cun dos milagres máis espectaculares da historia. Dividiu as augas do Mar Vermello e o pobo de Israel puido cruzar polo fondo do mar camiñando sobre terra seca. Cando o faraón viu que escapaban, el e o seu exército foron detrás deles. Pero no momento no que os israelitas estaban a salvo na outra beira, Xehová deixou que as augas volvesen ó seu lugar afogando os exipcios. En tan só uns segundos o exército máis poderoso do mundo desapareceu.

Moisés nunca esqueceu aqueles acontecementos tan impresionantes. Agora a súa fe era máis forte ca nunca. Durante os seguintes corenta anos liderou o pobo de Deus e coidou del cunha fe, un amor e un valor exemplares. Finalmente morreu ós 120 anos.

Le o relato da Biblia:

  • Éxodo 2:15–5:23; 7:1–11:10; 12:29-41; 13:17–14:31

  • Deuteronomio 29:1, 2 (29:2, 3, TNM); 34:5-7

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Moisés durante esta parte da súa vida?

Afonda máis

  1. 1. Non sabemos o nome do faraón que gobernaba naquela época e aínda non se encontrou ningún rexistro exipcio sobre o éxodo. Aínda así, que razóns temos para crer neste relato bíblico? (g04 8/4 páx. 7 par. 4–páx. 8 par. 3-wcgr).

  2. 2. Por que a xente lle tiña medo ó faraón? (w14 15/4 páx. 8 par. 1-wcgr). A

    PRISMA ARCHIVO/Alamy Stock Photo

    Imaxe A: Un antigo relevo feito nun muro que representa un faraón.

  3. 3. Como humillaron as dez pragas os deuses de Exipto? (it “Deuses e deusas” pars. 24-26-wcgr).

  4. 4. Que mostra que Xehová abriu un amplo camiño a través do Mar Vermello, e cantos israelitas é posible que o atravesasen? (it “Éxodo” pars. 46-51-wcgr). B

    Imaxe B: Vista do Mar Vermello dende a península do Sinaí, por onde probablemente cruzaron os israelitas.

Medita no que aprendiches

  • Como nos pode axudar o exemplo de Moisés a ter valor cando non nos sentimos cualificados para cumprir cunha responsabilidade que nos deu Xehová? (Éx. 4:10; 7:6, 7).

  • Igual que Aarón axudou a Moisés a cumprir coa súa comisión con valor, como podemos nós axudar ós nosos irmáns? (Éx. 4:14-16). C

    Serie de imaxes: Unha irmá madura axudando a outra irmá a gañar experiencia e a que se sinta segura predicando. As seguintes tres imaxes mostran cada escena por separado. Unha irmá madura observa como outra irmá se esforza por predicarlle a un home que está traballando nun supermercado. Ese mesmo día, a irmá madura usa o folleto “O amor motívanos a facer discípulos” para darlle suxestións á outra irmá. As dúas irmás están falando con outro home nun mercado. A irmá á que lle custaba predicar, agora fálalle con seguridade ó home.

    Imaxe C

  • Como podes imitar o valor que demostrou Moisés neste relato?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Moisés cando resucite sobre esta parte da súa vida?

Aprende máis

Analiza como o significado do nome de Xehová pode axudar ós nenos a ser valentes.

O nome de Xehová (1:54)

Que aprendeu Moisés sobre as calidades de Xehová grazas ó que viviu?

“Coñece os camiños de Xehová” (w05 15/5 páxs. 20-25)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir