BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 10 páxs. 52-57
  • Tomou a decisión correcta

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Tomou a decisión correcta
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • “Vai onda o faraón”
    Sirve a Xehová con valor
  • Coñece os camiños de Xehová
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2005)
  • Aprende das últimas palabras duns homes fieis
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Unha silveira ardendo!
    Aprendamos das historias da Biblia
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 10 páxs. 52-57

10 MOISÉS

Tomou a decisión correcta

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

MOISÉS foi o nome que lle puxo a princesa exipcia que o adoptou, non llo puxeron os seus pais hebreos. Este nome significa algo así como “salvado da auga”, e escolleuno porque foi así como o rescatou cando era bebé. Probablemente esperaba que se criase como membro da familia real exipcia. Seguro que lle encantaba ver que recibía unha educación prestixiosa. A Biblia di: “Moisés foi educado en toda a sabedoría dos exipcios”.

Co tempo Moisés chegou a ser un mozo extraordinario. De feito, a Biblia di que “as cousas que dicía e facía demostraban que tiña moito poder”. El puido buscar a prominencia, as riquezas e os praceres de Exipto. Pero sabía que ese tipo de vida lle faría imposible ter a aprobación de Xehová. Así que tiña que tomar unha decisión. Que faría co resto da súa vida?

Cando Moisés tiña 40 anos deixou clara a decisión que tomara. A Biblia di: “Pola fe, Moisés, cando xa era adulto, negouse a ser chamado fillo da filla do faraón. Escolleu ser maltratado co pobo de Deus en vez de desfrutar dos praceres temporais do pecado”. Tomou a decisión correcta, unha decisión que demostraba fe e valor. Pero a pesar disto cometeu algúns erros.

Moisés vía como estaban maltratando os seus irmáns israelitas e quería axudarlles. Un día que foi comprobar canto estaban sufrindo, viu un exipcio —probablemente un supervisor— golpeando un escravo hebreo. Berroulle Moisés ó exipcio para que parase? Non o sabemos. En todo caso, Moisés “mirou para un lado e para o outro”, quizais para ver se había alguén que puidese intervir para axudar ó escravo. Como non había ninguén, Moisés decidiu protexelo el mesmo e “matou ó exipcio”. Era esa a súa intención? Ou estaba tan enfadado que o golpeou máis forte do que tiña pensado? O relato non o di. Pero en calquera caso, Moisés sabía que agora a súa vida corría perigo, así que escondeu o corpo na area.

Moisés mira como un supervisor exipcio lle dá unha malleira a un escravo hebreo.

Ó día seguinte volveu saír e nesta ocasión viu dous escravos hebreos loitando entre eles. Cando intentou paralos, un deles díxolle a Moisés algo que o deixou moi preocupado: “¿Quen te puxo de xefe ou de xuíz entre nós? ¿Ou pensas matarme, como matáche-lo exipcio?”. Nese momento Moisés deuse conta de que a xente sabía o que fixera e temeu pola súa vida.

As cousas non foron como Moisés esperaba. A Biblia explica: “Pensou que os seus irmáns entenderían que Deus os estaba salvando mediante el, pero eles non o entenderon así”. Parece que Moisés cría que Deus o escollera para liberar o pobo de Israel da escravitude en Exipto. Pero non tivo en conta que aínda non era o tempo que Xehová establecera. Tampouco esperaba que os israelitas reaccionasen como o fixeron. Pero o certo é que eles non confiaban neste hebreo criado pola realeza exipcia.

Escollería Moisés as riquezas e o prestixio ou axudaría ó pobo de Xehová?

Nese momento non o sabía, pero aínda lle quedaba moito para estar preparado para liberar o pobo de Xehová da escravitude de Exipto. Ós ollos de Deus necesitaba mellorar algunha das súas calidades. É verdade que tiña algo de valor, era forte e “poderoso en palabras”. Pero aínda necesitaba mellorar unha calidade que Xehová valora moito: a mansedume. Algunhas veces actuou de forma impulsiva, como por exemplo cando matou o exipcio.

O faraón non tardou en saber o que fixo Moisés e, sen darlle unha oportunidade para explicar o que pasou, quixo matalo. Por iso Moisés escapou de Exipto e partiu cara ó descoñecido deixando atrás riquezas, comodidades e prominencia. Seguro que necesitou armarse de valor para deixar o seu fogar e viaxar ata Madián, unha terra que estaba moi lonxe. Nese lugar tan árido pasaría décadas exiliado, sendo “forasteiro en terra allea”. Tería o valor necesario para facer cambios na súa personalidade? Podería chegar a ser o home manso e humilde que Xehová necesitaba? Verémolo no seguinte capítulo.

Moisés fuxe de Exipto con medo. Mentres corre mira preocupado cara atrás.

Le o relato da Biblia:

  • Éxodo 2:11-22

  • Feitos 7:22-29

  • Hebreos 11:24-26

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Moisés durante esta parte da súa vida?

Afonda máis

  1. 1. Que probas históricas demostran que os israelitas foron escravos en Exipto tal e como di a Biblia? (w20.03 páx. 30). A

    Fragmentos dun rolo de papiro.

    Courtesy Brooklyn Museum, gift of Theodora Wilbour

    Imaxe A: Fragmentos dunha antiga lista de escravos exipcia nos que aparecen máis de corenta nomes semitas, o que confirma a presenza de escravos israelitas en Exipto.

  2. 2. Como é posible que Moisés fose educado polos seus pais e tamén “en toda a sabedoría dos exipcios”? (Feit. 7:22; w02 15/6 páx. 10 pars. 2-5-wcgr).

  3. 3. Como adoitaban sepultar os exipcios ós seus mortos? E como se deberon sentir cando Moisés, non só matou un exipcio, senón que tamén escondeu o corpo en vez de embalsamalo e sepultalo? (it “Exipto, exipcio” par. 28-wcgr). B

    Unha momia exipcia exposta nun museo.

    Imaxe B: Unha momia exipcia.

  4. 4. Moisés fuxiu a Madián. Que tiñan en común os madianitas e os israelitas? (it “Madián” núm. 2 pars. 1, 2-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Que podes aprender do exemplo de Moisés sobre controlar o teu carácter?

  • Como poden os rapaces demostrar valor e imitar a Moisés ó escoller as metas correctas? C

    Serie de imaxes: Un irmán no instituto pensando no que fará coa súa vida. 1. Imaxínase nun traballo prestixioso deseñando avións. 2. Imaxínase usando o folleto “Desfruta da vida para sempre!” para estudar a Biblia cun home.

    Imaxe C

  • De que outras maneiras podes imitar o valor que demostrou Moisés neste relato?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Moisés cando resucite sobre os anos que viviu en Exipto e en Madián?

Aprende máis

Mira como podes ser unha persoa sacrificada igual que o foi Moisés.

Sigue o exemplo de persoas de fe. Imita a Moisés, non o faraón (2:27)

Moisés renunciou a un futuro prometedor para servir a Xehová. É realista facer o mesmo na actualidade?

Escollín unha carreira que de verdade ten futuro (4:58)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir