BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 8 páxs. 44-47
  • Resistiu a tentación

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Resistiu a tentación
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Un escravo que obedece a Deus
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Foi un pai valente
    Sirve a Xehová con valor
  • Xehová axúdanos a que as cousas nos vaian ben
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Xehová non abandona a Xosé
    Aprendamos das historias da Biblia
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 8 páxs. 44-47

8 XOSÉ

Resistiu a tentación

Edición impresa
Edición impresa

CANDO Xosé era un rapaz, Xehová e o seu pai, Xacob, queríano moito e tratárono de forma especial. Pero non por iso tivo unha vida fácil. De feito, os seus irmáns odiábano. Cando Xacob lle deu un trato especial, puxéronse celosos e foron moi crueis con Xosé. E aínda o odiaron máis cando Xehová fixo que tivese soños proféticos nos que se predicía que a súa familia se inclinaría ante el.

Un día, cando Xosé tiña uns 17 anos, Xacob mandoulle facer unha viaxe de varios días para comprobar que os seus irmáns estaban ben. Cando chegou onda eles atacárono con rabia e tirárono nun pozo seco. El suplicoulles axuda, pero ignorárono sen ningunha compaixón. Aínda que tiñan pensado matalo, ó final decidiron vendérllelo a uns comerciantes que pasaban por alí. Despois, os irmáns enganaron o seu pai e convencérono de que un animal salvaxe matara o seu querido fillo Xosé. Pero en realidade os comerciantes levárono cara ó sur, a Exipto, onde o venderon como escravo a Potifar, un funcionario do goberno do faraón.

Podería ser fácil para Xosé caer na desesperación. Pero non o fixo. Máis ben, demostrou valor e traballou duro a pesar de estar nunha situación moi difícil. Xehová “estaba con el” e asegurouse de que todo o que Xosé fixese tivese éxito. Como resultado, Potifar encargoulle o coidado de toda a súa casa.

Pero a situación non tardaría en torcerse. Como “Xosé era fermoso e ben plantado” a muller de Potifar sentiuse atraída por el e non tratou de disimulalo. Incluso lle dixo: “Déitate comigo”. Que faría Xosé? A súa familia estaba lonxe e el era un simple escravo, algo co que os seus donos podían facer o que quixesen. Aquela muller tiña o poder para conseguir que a súa vida fose miserable. Sentiríase tentado Xosé a deitarse con ela? Ou tería o valor para dicirlle que non?

Xosé camiñando pola casa de Potifar levando un cántaro de barro e mirando cara adiante. A muller de Potifar está fóra do seu cuarto e mira de forma sedutora a Xosé mentres el pasa por alí.

Como foi capaz Xosé de rexeitar as proposicións da muller do seu dono sabendo que podía facer que a súa vida fose miserable?

A Biblia di que “el refugou a proposta”. Xosé dixo que non traizoaría a Potifar, quen confiaba nel por completo. Pero para Xosé había alguén aínda máis importante. Dixo: “¿Como podería eu cometer un crime semellante, e pecar contra Deus?”. O amor que sentía polo seu Pai, Xehová, deulle o valor que necesitaba para rexeitar de inmediato a muller de Potifar. Aínda así, ela non se rendeu e seguiu insistindo “un día tras outro”. Finalmente, nunha ocasión na que non había máis servos na casa, agarrou a Xosé pola roupa e ordenoulle: “Déitate comigo”. Pero Xosé conseguiu soltarse e saíu correndo. Ela quedou coa roupa del e máis tarde ensinoulla a Potifar acusando a Xosé de violala. Cheo de rabia, Potifar meteuno no cárcere.

Agora, Xosé estaba nas profundidades dunha escura prisión. Durante un tempo atáronlle os pés con grillóns e puxéronlle cadeas de ferro no pescozo (Sal. 105:17, 18). Xosé podería perder a esperanza facilmente. Sería que Xehová o abandonou? Non! Xosé nunca deixou de confiar no seu Deus. Traballou duro no cárcere e Xehová bendiciuno. En pouco tempo o encargado da prisión deulle grandes responsabilidades. E el seguiu aguantando con valor ano tras ano.

Grazas á súa fe e valor, Xosé seguiulle sendo útil a Xehová. Co tempo Deus fixo que o faraón tivese dous soños proféticos e deulle a Xosé a capacidade de interpretalos. Xosé explicoulle ó rei que habería sete anos de abundancia seguidos de sete anos de fame. O faraón quedou tan impresionado que lle confiou a responsabilidade de preparar a nación para a crise que ía vir. Desta forma, Xosé chegou a ser o gobernante máis poderoso do país despois do faraón. Como resultado Xosé non só salvou da fame os exipcios, senón tamén a súa propia familia. Cando os seus irmáns foron a Exipto a buscar comida, inclináronse diante del sen saber quen era. O soño que Xehová lle dera a Xosé cando era novo fíxose realidade. E tamén quedou demostrado que os seus irmáns se converteran en mellores persoas. O irmán que tanto odiaran salvounos a eles, ó seu pai e á futura nación de Israel. Todo grazas a que demostrou valor e non perdeu a súa fe en Xehová.

Le o relato da Biblia:

  • Xénese 37:1-36; 39:1-23; 41:1–45:28

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Xosé?

Afonda máis

  1. 1. Que probas demostran a exactitude do relato da vida de Xosé en Exipto? (g 11/10 páx. 15 par. 2-wcgr).

  2. 2. Como sabía Xosé que para Xehová o adulterio era un pecado moi grave? (Xén. 39:9; w22.08 páx. 26 par. 2).

  3. 3. Por que lle permitiu Xehová a Xosé ocupar un posto tan elevado en Exipto? (w96 1/5 páx. 11 par. 4-wcgr). A

    Xosé, que agora ten un posto moi elevado en Exipto, dálles ordes a dous escravos exipcios.

    Imaxe A

  4. 4. Que fixo Xosé cando tiña 110 anos, e como demostra iso que seguía tendo unha fe forte en Xehová? (Xén. 50:25, 26; w07 1/6 páx. 28 pars. 10, 11-wcgr). B

    Uns israelitas levando o ataúde que ten os ósos de Xosé á súa tumba na Terra Prometida.

    Imaxe B

Medita no que aprendiches

  • Como podes imitar a Xosé cando un irmán te trate mal? (Xén. 45:4, 5; 50:19-21).

  • Xosé foille leal a Xehová incluso cando estaba lonxe do seu fogar. Como podemos imitar o seu exemplo...

    • na escola? C

      Unha irmá nova vai camiñando da escola á casa e pasa por diante dos seus compañeiros que están fumando cigarros electrónicos. Eles mírana pero ela segue cara adiante segura de si mesma.

      Imaxe C

    • cando estamos de viaxe? D

      Un irmán casado está nunha viaxe de negocios rexistrándose nun hotel. Ó seu lado tamén se está rexistrando unha muller atractiva que non é Testemuña e mira para el.

      Imaxe D

    • mentres usamos o móbil ou outros dispositivos? E

      Un irmán novo está mirando o seu móbil tumbado na cama.

      Imaxe E

  • Como podes imitar o valor de Xosé na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Xosé cando resucite?

Aprende máis

Aínda que Xehová non protexeu a Xosé das probas, axudoulle a soportalas. Mira como che pode axudar tamén a ti.

“Xehová axúdanos a que as cousas nos vaian ben” (w23.01 páxs. 14-19)

Como poden os nenos imitar a Xosé cando outros os traten mal?

Que debes facer cando te traten mal? (1:31)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir