BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 43 páxs. 196-199
  • Foi un pai valente

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Foi un pai valente
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Resistiu a tentación
    Sirve a Xehová con valor
  • Un escravo que obedece a Deus
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Preguntas dos lectores
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Xehová non abandona a Xosé
    Aprendamos das historias da Biblia
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 43 páxs. 196-199

43 XOSÉ

Foi un pai valente

Edición impresa
Edición impresa

FAI falta valor para ser un bo pai. Pero Xosé, un carpinteiro de Nazaret, tivo que demostrar valor incluso antes de chegar a ser pai. María, a rapaza coa que ía casar, estaba embarazada e o neno non era del. Aínda que ela lle explicou como quedara embarazada, para el era moi difícil de crer e entender. Que faría?

A Biblia di que Xosé “era un home xusto” que obedecía a lei de Xehová. Tamén era amable e compasivo. Cando soubo que María estaba embarazada meditou ben no que debería facer. Para protexela e non humillala, pensou en divorciarse dela en segredo. Daquela un compromiso era tan serio coma o matrimonio. Así que se un home e unha muller que se comprometeran decidían non casar tiñan que divorciarse. Pero Xehová detívoo. Enviou un anxo para falarlle a Xosé nun soño. Este díxolle: “Non teñas medo de levar a María para a túa casa para que sexa a túa muller”. Tranquilizouno explicándolle que María lle dixera a verdade e que o neno que esperaba era fillo de Deus e chegaría a ser o Mesías.

Xosé tivo que cumprir cunha enorme responsabilidade: coidar do Fillo de Deus.

Xosé “fixo o que o anxo de Xehová lle mandara”. Foi valente e aceptou cumprir coa responsabilidade que Xehová lle asignara: coidar da súa querida muller e do neno máis importante que ía nacer xamais. Xosé necesitaría reunir todo o valor posible.

Uns meses despois, César Augusto decretou que se fixese un censo, así que Xosé tiña que viaxar a Belén para rexistrarse. Pode que a lei non esixise que María fose con el, pero ela foi igual. É probable que Xosé sentise que podía protexela mellor se permanecían xuntos. Así que fixeron esa longa viaxe a pesar de que “estaba a punto de ter o neno”. Alí, en Belén, María púxose de parto e deu a luz a Xesús nunha corte.

Xosé traballou duro para coidar da súa familia, pero non tiñan moitos cartos. Cando el e María foron presentar o neno ó templo de Xerusalén, ofreceron o sacrificio estipulado para os pobres. Tempo despois, cando xa vivían nunha casa en Belén, recibiron a visita duns astrólogos que probablemente viñan de Babilonia. Chegaran ata alí guiados por unha misteriosa “estrela” e déronlle á familia agasallos moi valiosos para o neno. Cando xa marcharan, o anxo de Xehová advertiu a Xosé de que o malvado rei Herodes quería matar a Xesús. Díxolle que fuxise a Exipto coa súa familia.

Xosé leva a súa familia a unha vila exipcia mentres os habitantes xudeus e exipcios miran para eles. María vai montada nun burro e leva a Xesús no colo.

Xosé foi valente e obedeceu o anxo. Díxolle á súa muller que tiñan que escapar inmediatamente de Belén. Así que no medio da noite colleu a María e o seu pequeno e levounos a un lugar descoñecido lonxe de alí. E como coidaría deles en Exipto? Seguro que os regalos que recibiron dos astrólogos lle axudaron a pagar o que a familia necesitou alí. Tempo máis tarde, Xehová díxolle a Xosé que volvese coa súa familia ó seu país. Pero a zona de Belén estaba gobernada por un home moi cruel. Así que nun soño Xehová advertiulle que fose a Nazaret. E así o fixeron.

Alí, Xosé traballou duro como carpinteiro para darlles o necesario a María, Xesús e polo menos outros seis fillos. E o que é máis importante, Xosé coidou da súa familia en sentido espiritual. Tiñan o costume de ir á sinagoga regularmente para aprender de Xehová e tamén de viaxar xuntos a Xerusalén para asistir ás festas. A última vez que a Biblia menciona de forma directa a Xosé foi nunha destas festas. El e María pensaban que perderan a Xesús, que daquela tiña 12 anos. Imaxina o nervioso que debeu poñerse este bo pai! Pero Xesús estaba a salvo e “seguiu obedecendo os seus pais”.

A Biblia non di cantos anos tiña Xesús cando Xosé morreu. Pero parece que lle ensinou e o preparou para ser un bo carpinteiro. De feito, Xesús era coñecido como “o carpinteiro” e non só como “o fillo do carpinteiro”. Xosé foi un grande exemplo. Foi valente, leal e cariñoso. Ademais protexeu os seus, deulles o necesario e ensinoulles sobre Xehová. Está claro que cumpriu ben coa responsabilidade que Deus lle dera, xusto o que Xehová espera de tódolos pais.

Le o relato da Biblia:

  • Mateo 1:18-25; 2:1-23; 13:55

  • Marcos 6:3

  • Lucas 2:1-7, 22-24, 41-51

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Xosé?

Afonda máis

  1. 1. Por que di Lucas 3:23 que Xosé era “fillo de Helí” se en realidade a filla de Helí era María? (w17.08 páx. 32 par. 4-wcgr).

  2. 2. Cal puido ser a razón pola que Xosé non tivo relacións sexuais con María antes do nacemento de Xesús? (w03 15/12 páx. 5 par. 5-wcgr).

  3. 3. Por que sabemos que Xosé traballou moi duro? (ia páxs. 166-167 pars. 15-18-wcgr). A

    Xosé está a reparar unha roda de madeira na súa carpintería. María e o pequeno Xesús falan cuns veciños que están cerca.

    Imaxe A

  4. 4. Por que chegamos á conclusión de que Xosé probablemente morreu antes de que Xesús comezase o seu ministerio? (w17.07 páx. 13 par. 8, nota-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Que poden aprender de Xosé os cabezas de familia sobre obedecer a guía de Xehová, mesmo cando iso implica facer sacrificios? (Mat. 1:20, 24; 2:13-15, 19-21).

  • Que nos ensina Xosé sobre darlle prioridade a Xehová na nosa vida familiar? (Luc. 2:41). B

    Unha familia está feliz mentres se prepara para marchar da súa casa e ir ó congreso. O pai axuda ó seu fillo máis novo a facer o nó da garavata. A súa muller e o seu fillo maior estanse preparando.

    Imaxe B

  • De que outras maneiras podes imitar o valor de Xosé?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Xosé cando resucite?

Aprende máis

Neste vídeo, mira como Xosé foi obediente e fixo a vontade de Xehová.

“Fixo o que o anxo de Xehová lle mandara” (4:39)

Como podemos imitar a Xosé e a María cando o goberno dita unha lei que parece inxusta ou que nos complica a vida?

“Estás listo ‘para obedecer’?” (w23.10 páxs. 8-10 pars. 9-14)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir