APRENDE DE XESÚS
Aparta tempo para Deus
A túa vida mellorará se dedicas tempo a coñecer máis a Deus e a facerte amigo del. Ó facer isto estás coidando das túas necesidades espirituais. Pensa no que dixo Xesús sobre isto.
O que dixo Xesús
“Felices os que recoñecen que necesitan a guía de Deus [ou ‘os que recoñecen as súas necesidades espirituais’]” (Mateo 5:3, nota).
Todos queremos atopar respostas a preguntas como: Cal é o sentido da vida? Por que estamos rodeados de tanto sufrimento? Que sucede cando morremos? A nosa felicidade depende de atopar respostas a preguntas coma estas.
“Non só de pan debe vivir o home, senón de toda palabra que sae da boca de Xehová”a (Mateo 4:4).
Igual que necesitamos alimento físico, tamén necesitamos alimento espiritual. Xesús deixou claro que debemos acudir regularmente a Deus para satisfacer esa necesidade.
“A túa palabra é a verdade” (Xoán 17:17).
Xesús ensinou que a principal maneira na que Deus coida das nosas necesidades espirituais é mediante a súa Palabra, a Biblia.
Animámoste a atopar verdadeira felicidade apartando tempo para Deus e seguindo a súa guía. Aquí tes algunhas cousas que poden axudarche:
Le a Biblia gratis.
Solicita un curso da Biblia interactivo e gratuíto cun mestre particular.
a Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Le o artigo “Quen é Xehová?”.