APRENDE DE XESÚS
“Ides oír o ruído de guerras”
“Dende que comecei a traballar como periodista nos anos 60 cubrín máis de 40 guerras por todo o mundo. Na Guerra Fría, vin como a tensión entre Os Estados Unidos e a Unión Soviética ía aumentando ata que finalmente se disipou. Pero nunca vin un ano tan perigoso coma o 2025. Non só porque se estean loitando varias guerras importantes agora mesmo, senón tamén porque unha delas ten implicacións xeopolíticas sen precedentes” (John Simpson, editor de asuntos internacionais da BBC, grosa nosa).
A xente está moi preocupada polas terribles guerras que se ven por todo o mundo. Moitos pregúntanse se algún día as cousas mellorarán. Que ensinou Xesús?
O que ensinou Xesús
Xesús xa predixo o que está a pasar hoxe en día cando lles advertiu ós seus seguidores: “Ides oír o ruído de guerras que están cerca e escoitaredes noticias de guerras que están lonxe” (Mateo 24:6).
Aínda que as guerras e os conflitos violentos que vemos hoxe en día son moi preocupantes, temos unha boa razón para manter a esperanza. Cal é esa razón? Xesús ensinou que as guerras a grande escala, así como outros sucesos, características e actitudes formarían “o sinal” que identificaría a “parte final do sistema” (Mateo 24:3; Lucas 21:7). Isto significa que, no futuro, Xesús acabará coas guerras. Como o fará?
O que fará Xesús
Dentro de pouco, Xesús como Rei do Reino de Deus “[acabará] coas guerras por toda a terra” (Salmo 46:9, TNM).
Se queres saber máis sobre este futuro pacífico, como será posible e que significará para ti, le o artigo “Como acabarán a guerra e os conflitos violentos?”.