Axuda para as persoas cegas
Calcúlase que por todo o mundo hai uns 43 millóns de persoas cegas e que 295 millóns de persoas teñen baixa visión.a Tristemente moita xente trata mal ou de forma inxusta a estas persoas.
Que sente Deus polas persoas cegas? Que di a Biblia sobre elas? E como lles estamos axudando as testemuñas de Xehová hoxe en día?
O que sente Deus polas persoas cegas
A Biblia ensina que Xehováb preocúpase moito polas persoas cegas. El quere que se trate as persoas cegas de forma xusta e que se poidan beneficiar da educación que el proporciona. Ademais, dálles unha fermosa esperanza para o futuro.
O que di a Biblia: “Maldito sexa quen faga desviarse a un cego do seu camiño” (Deuteronomio 27:18).
Significado: Na antigüidade, a Lei que Deus lle deu ó seu pobo protexía as persoas cegas para que non as tratasen de forma inxusta.
O que di a Biblia: “Deus non fai diferenzas entre as persoas” (Feitos 10:34).
Significado: Para Deus as persoas cegas son tan valiosas como as que poden ver.
O que di a Biblia: Xesús “devolveulles a vista a moitos cegos” (Lucas 7:21).
Significado: Xesús devolveulles a vista a algunhas persoas cando estivo na Terra. Así demostrou o que fará o Reino de Deus no futuro.
O que di a Biblia: “Abriranse os ollos dos cegos” (Isaías 35:5).
Significado: Xehová promete que moi pronto, cando o Reino de Deus goberne sobre a terra, as persoas cegas poderán ver.
Como axudamos as testemuñas de Xehová ás persoas cegas?
Por todo o mundo, as testemuñas de Xehová falamos coas persoas cegas da mensaxe de esperanza que dá Deus. Como o facemos?
Producimos Biblias, publicacións para estudar a Biblia e vídeos nunha gran variedade de formatos que son accesibles para persoas cegas ou con baixa visión. Por exemplo, producimos publicacións en braille, en letra grande e en audio.
Celebramos con regularidade reunións cristiás ás que poden asistir tódalas persoas, incluídas as persoas con cegueira.
Ofrecémoslles a tódalas persoas clases da Biblia individuais e interactivas coa axuda dun mestre.c
Facemos todo isto sen cobrarlle nada a ninguén. Por que? Porque Xesús mandou: “Recibistes gratis, dade gratis” (Mateo 10:8).
As testemuñas de Xehová preocupámonos de verdade polas persoas con cegueira. Tódalas que queiran adorar a Deus con nós atoparán bos amigos que lles axudarán. Fíxate nalgunhas experiencias de testemuñas de Xehová que teñen cegueira.
Talita Alnashi (Suecia) ten baixa visión dende que naceu. Descubre como seus pais lle ensinaron o que di a Biblia e como ela maila súa familia recibiron axuda e apoio dos seus amigos.
James Ryan (Os Estados Unidos) naceu xordo e máis tarde quedou cego. Fíxate en como desfruta dunha vida feliz e satisfactoria.
Cynthia Pablo (Filipinas) naceu xorda e cega. Como lle axudaron outras Testemuñas durante a pandemia da COVID-19? Le o artigo “Una publicadora sordociega recibe ayuda de su congregación durante la pandemia”.
Que recursos para estudar a Biblia temos dispoñibles?
Publicacións en braille. Producimos edicións da Biblia en braille, completa ou en parte, en moitos idiomas (para ver unha lista dos idiomas, mira o recadro “A Tradución do Novo Mundo da Biblia en braille”). Tamén producimos edicións en braille de moitas das nosas publicacións baseadas na Biblia. Para as persoas que desexan aprender braille, publicamos o folleto titulado Aprenda a leer braille. Esta publicación está deseñada para axudarlle a unha persoa con cegueira a aprender a ler braille coa axuda dunha persoa que pode ver.
Podes solicitar unha visita ou conseguir unha copia impresa dunha publicación en braille falando cunha testemuña de Xehová.
En jw.org podes descargar arquivos para anotadores braille.d
Publicacións en letra grande e contido dixital que se pode ampliar. Moitas das nosas publicacións están dispoñibles en edición de letra grande para persoas con baixa visión. Por outro lado, o noso sitio de Internet jw.org está deseñado para que o seu contido se vexa ben incluso cando se amplía a páxina. A aplicación JW Library tamén permite axustar o tamaño da letra dunha publicación.
Podes solicitar unha visita ou conseguir unha copia impresa dunha publicación en letra grande falando cunha testemuña de Xehová.
En jw.org podes descargar edicións dixitais en letra grande das publicacións para velas como se fosen copias impresas.
Publicacións en audio. Producimos gravacións en audio da Tradución do Novo Mundo da Biblia en máis de 200 idiomas. Ademais facemos gravacións en audio de moitas das nosas publicacións baseadas na Biblia. Estas gravacións a miúdo describen as imaxes que aparecen na publicación.
Reproduce en liña ou descarga contido en audio en jw.org e na aplicación JW Library.
En jw.org podes descargar arquivos compatibles con sistemas de lectura coma os lectores de pantalla e os reprodutores dixitais de audiolibros.e
Vídeos con audiodescricións.f As testemuñas de Xehová producimos vídeos con audiodescricións baseados na Biblia en máis de 100 idiomas. Estes vídeos axudan ás persoas a entender e poñer en práctica os consellos da Biblia.
Podes escoitar algúns exemplos de audiodescricións nestas series:
Reunións e congresos. Temos congregacións por todo o mundo onde nos reunimos tódalas semanas para aprender de Deus e adoralo. Tamén organizamos reunións máis grandes cada ano para aprender máis da Biblia. Cando nestas reunións se presentan vídeos, facemos todo o posible para que as persoas que o necesiten poidan escoitalos con audiodescricións. Sempre que é posible, nas nosas reunións proporcionamos interpretación táctil para axudar ás persoas con cegueira e xordeira. Todo o mundo é benvido e non se discrimina a ninguén.
Atopa a congregación máis próxima.
Aprende máis sobre os nosos congresos rexionais.
Asiste á Conmemoración da morte de Xesús, o evento máis importante do ano para as testemuñas de Xehová.
José Luis Ayala, que vive en México, naceu xordo e quedou cego cando tiña 29 anos. Aprende como as nosas reunións xogaron un papel importante na súa vida para que chegase a ser un bo mestre da Biblia.
a A baixa visión é un termo que fai referencia a unha perda de visión que non se pode corrixir e que afecta as actividades diarias. Neste artigo, os termos cego e cegueira inclúen tanto a cegueira total como a baixa visión.
b Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Mira o artigo “Quen é Xehová?”.
c Podes pedir unha demostración de como é este curso da Biblia gratuíto.
d Os anotadores son dispositivos electrónicos portátiles que teñen unha liña de celas con puntiños que suben e baixan para reproducir os caracteres braille. Tamén poden ter a función de ler texto en voz alta. Grazas a estes anotadores, non fai falta ter moitas publicacións impresas en braille.
e Os lectores de pantalla e os lectores de audiolibros poden ler o texto en voz alta usando unha voz xerada por ordenador ou unha gravación de audio. Estas tecnoloxías permiten que as persoas poidan ir a partes concretar dunha publicación.
f As audiodescricións son frases que se engaden ós vídeos para explicar o que está ocorrendo na pantalla.