Courtesy Jamie Christiani/Bulletin of the Atomic Scientists
ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
O Reloxo do Xuízo Final aínda máis cerca da medianoite
O 27 de xaneiro de 2026, os científicos moveron as agullas do Reloxo do Xuízo Finala máis cerca da medianoite. Este punto, a medianoite, simboliza o momento no que os humanos se destruirán a si mesmos e tamén o planeta.
“O Bulletin of the Atomic Scientists, no seu taboleiro de ciencia e seguridade, fixou o Reloxo do Xuízo Final a 85 segundos da medianoite. Nunca estivo tan preto da catástrofe” (Bulletin of the Atomic Scientists).
“A mensaxe do Reloxo do Xuízo Final non pode ser máis clara. Os riscos de que ocorra unha catástrofe seguen aumentando, a cooperación entre as persoas non deixa de diminuír e estamos quedándonos sen tempo. O cambio é necesario e tamén posible, pero a comunidade mundial debe esixirlles un cambio rápido ós seus líderes” (Alexandra Bell, presidenta e directora executiva do Bulletin of the Atomic Scientists).
De verdade se está achegando a fin da humanidade e do planeta? Debemos terlle medo ó futuro? Que di a Biblia?
O que nos espera no futuro
A Biblia afirma que “a terra permanecerá para sempre” e que haberá persoas que “habitarán nela para sempre” (Eclesiastés 1:4, TNM; Salmo 37:29). Así que os humanos non destruirán o planeta nin tampouco farán que sexa inhabitable.
En cambio, a Biblia si fala dunha fin. Por exemplo, di que o mundo está desaparecendo (1 Xoán 2:17).
Para saber o que quere dicir a Biblia cando fala da fin do mundo, le o artigo “Achégase a fin do mundo? Que é a Apocalipse?”.
Para descubrir o que di a Biblia sobre cando ocorrerán algúns sucesos importantes no futuro, le o artigo “¿Cuándo será el fin del mundo?”.
Non deixes de ter esperanza
A Biblia pode axudarnos a seguir sendo positivos a pesar dos problemas que hai no mundo. De que maneira?
A Biblia dános consellos prácticos (2 Timoteo 3:16, 17). Por exemplo, le o artigo “Que puedo hacer para no preocuparme tanto” para ver como che pode axudar a Biblia a seguir sendo positivo a pesar dos problemas.
A Biblia tamén nos dá unha esperanza confiable (Romanos 15:4). Explica con exactitude o que podemos esperar agora e no futuro, axudándonos así a seguir tendo esperanza sen importar o que ocorra no mundo.
Para saber máis sobre o que di a Biblia, animámoste a probar hoxe mesmo as nosas clases particulares da Biblia.
a “O Reloxo do Xuízo Final é un símbolo que advirte a xente do cerca que estamos de destruír o mundo, usando a tecnoloxía que creou o ser humano. Esta metáfora recórdanos a que problemas temos que facerlles fronte se queremos seguir vivindo neste planeta” (Bulletin of the Atomic Scientists).