BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w05 15/1
  • Preguntas dos lectores

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Preguntas dos lectores
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2005)
  • Información relacionada
  • Confía en Xehová, igual ca Sansón
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • O segredo da forza de Sansón
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Mostrou valor cando era débil
    Sirve a Xehová con valor
  • Que podemos aprender dos nazarenos?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2005)
w05 15/1

Preguntas dos lectores

Como é posible que Sansón tocase os cadáveres das persoas que asasinara e seguise sendo nazireo?

No antigo Israel, unha persoa podía facer un voto voluntariamente e converterse en nazireo por un certo período de tempo.a Había algunhas cousas que non se podían facer baixo este voto. Por exemplo, unha destas restricións dicía: “En todo o tempo da súa consagración ó Señor como nazireo non poderá toca-lo cadáver de ningún morto. Para non se contaminar, non se achegará ó cadáver nin de seu pai, nin de súa nai, nin de seu irmán, nin da súa irmá, porque leva na súa cabeza o sinal de estar consagrado a Deus”. E que pasaba “se por un casual morre de súpeto alguén á súa beira”? Se tocaba un cadáver por accidente, o seu voto de nazireo acababa aí. Por iso tamén se estableceu: “Non lle valerán os días do voto xa pasados”. Esa persoa tiña que pasar por unha cerimonia de purificación e volver a empezar outra vez co período de nazireo (Números 6:6-12).

Pero Sansón chegou a ser nazireo dun xeito diferente. Antes de que nacese, un anxo de Xehová díxolle a súa nai: “Pois velaquí que concebirás e parirás un fillo, e non subirá a navalla pola súa cabeza, pois o neno será nazir de Deus desde o ventre: e el comezará a salvar a Israel das mans dos filisteos” (Xuíces 13:5). Sansón non escolleu ser nazireo, foi Deus quen o nomeou e o seu voto debía durar toda a vida. Por iso, non se lle aplicaba a norma de que se tocaba un cadáver tiña que reiniciar o seu voto dende o principio. Así que os requisitos para a xente que escollía facer o voto eran un pouco diferentes ós que eran nazireos de por vida.

A Biblia menciona tres persoas que foron nomeadas directamente por Xehová para ser nazireos de por vida: Sansón, Samuel e Xoán o Bautista. E Xehová tiña instrucións específicas para cada un deles. Como se mencionou antes, Sansón non podía cortar o pelo da cabeza. Por outro lado, antes de que Samuel nacese, Ana fixo o seguinte voto: “Cedereillo ó Señor por tódolos días da súa vida, e a navalla non tocará na súa cabeza” (1 Samuel 1:11). No caso de Xoán o Bautista, o anxo de Xehová dixo: “Non debe beber viño nunca, nin ningunha outra bebida alcohólica” (Lucas 1:15). Ademais, “Xoán ía vestido con roupa feita de pelo de camelo e levaba un cinto de coiro. Comía langostas e mel silvestre” (Mateo 3:4). A ningún dos tres se lle prohibiu achegarse ós defuntos.

Aínda que era nazireo, Sansón tamén era un xuíz que Xehová usou para salvar os israelitas dos inimigos (Xuíces 2:16). E para cumprir coa súa responsabilidade tiña que estar en contacto con cadáveres. Nunha ocasión matou a trinta filisteos e quitoulles a roupa. Máis adiante matou máis inimigos e “mallou neles, por riba e por baixo, e fixo un grande estrago”. Ademais, colleu a queixada dun burro e con ela matou a mil homes (Xuíces 14:19; 15:8, 15). Sansón fixo todo isto coa aprobación e axuda de Xehová. De feito, as Escrituras refírense a el coma un home cunha fe a imitar (Hebreos 11:32; 12:1).

Cando a Biblia di que Sansón esgazou un león “coma se esgaza un cabrito” quere dicir que esa era unha práctica común nesa época?

Non hai ningunha proba de que na época dos xuíces fose común esgazar cabritiños. Xuíces 14:6 di: “Daquela entrou nel o espírito de Iavé, e esgazouno [a un león novo] coma se esgaza un cabrito, e iso sen ter cousa na man”. Esta é simplemente unha forma de ilustrar o forte que era Sansón.

A expresión “esgazar” pode entenderse de dúas formas. Sansón puido esgazar o león polo fociño ou pode que partise o corpo do león en dúas partes. Se se refire á primeira opción, unha persoa común tiña a forza suficiente para facer o mesmo cun cabrito. Neste caso, a comparación mostra que para Sansón, matar un león coas súas propias mans era igual de sinxelo que matar un cabuxo. Pero se se refire a que Sansón partiu o corpo dun león en dúas partes, está claro que a expresión non é algo literal. É unha forma de dicir que Xehová lle deu a Sansón o poder de facer algo para o que unha persoa normal non tiña capacidade. Sen importar como o fixese, o que quere destacar Xuíces 14:6 é que coa axuda de Xehová, Sansón puido matar un león feroz ó igual que unha persoa común podía matar un cabrito.

[Nota]

a Era a persoa quen decidía por canto tempo quería cumprir co voto. Pero máis adiante, os xudeus estableceron un período mínimo de 30 días. Pensaban que facelo durante menos tempo lle restaría valor.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir