BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 20 páxs. 94-97
  • Mostrou valor cando era débil

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Mostrou valor cando era débil
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Confía en Xehová, igual ca Sansón
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • O segredo da forza de Sansón
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Preguntas dos lectores
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2005)
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 20 páxs. 94-97

20 SANSÓN

Mostrou valor cando era débil

Edición impresa
Edición impresa

SANSÓN non podía ver nada. Pero podía escoitar as burlas e os insultos dos filisteos. Como acabou nesa situación? Revelando o segredo da súa forza, coma un parvo. Como resultado os filisteos capturárono, quitáronlle os ollos, atárono, metérono en prisión e obrigárono a traballar como escravo. Agora estábanse rindo del e seguro que tamén do seu Deus, Xehová. Sansón sabía que moito do que lle estaba pasando era culpa súa. Sempre fora un home moi valente, pero agora o seu valor estaba sendo probado ata o límite.

Sansón foi xuíz sobre Israel durante vinte anos. Pero foi diferente ós demais xuíces. En que sentido? Outros, como Barac, Xedeón e Xefté, dirixiron os seus exércitos na batalla. Pero Sansón non, el mesmo era o exército! Xehová utilizouno vez tras vez para acabar el só cun gran número de filisteos. Como foi isto posible?

Xehová díxolles ós pais de Sansón que quería que o seu fillo fose nazireo durante toda a súa vida. Así que nunca cortou o pelo. Mentres cumpriu con ese voto, Xehová bendiciuno cunha forza extraordinaria. Nunha ocasión, Sansón incluso partiu en dous un león utilizando só as súas mans! Sansón usou esa forza para loitar contra os filisteos. Estes estaban oprimindo os israelitas, que volveran abandonar a Xehová.

Unha vez, despois de que Sansón matase a moitos filisteos, os israelitas tiveron medo de que estes se vingasen. Así que atárono e entregáronllelo ós filisteos. Pero rompeu as cordas coas que o ataran coma se fosen de liño e matou a mil filisteos usando só a queixada dun burro. Máis tarde, cando Sansón estaba na cidade de Gaza, os seus inimigos prepararon unha emboscada, planeando matalo na entrada da cidade ó amencer. Pero el ergueuse no medio da noite, arrincou as portas xunto cos postes que as sostiñan e a barra que as pechaba, cargouno todo ó lombo e levouno ata o cumio dunha montaña cerca de Hebrón, a uns 60 quilómetros de distancia.

Unha e outra vez Sansón demostrou ser imbatible. Deixoulles claro ós filisteos que os seus deuses, como Dagón, non tiñan poder ningún contra un servo fiel de Xehová. Aínda así os filisteos encontraron unha arma eficaz para vencelo: chamábase Dalilah.

Sansón namorouse dela, pero ela traizoouno. Os filisteos ofrecéronlle moitos cartos para que descubrise por que Sansón era tan forte, e ela aceptou. Ela insistiulle vez tras vez. Chegou ata tal punto que Sansón lle acabou revelando o seu segredo. Díxolle que se alguén lle cortaba o pelo tería a mesma forza que un home calquera. Dalilah esperou a que Sansón quedase durmido e encargouse de que lle cortasen a súa longa melena. Como consecuencia, a Biblia di que Xehová o abandonou e Sansón perdeu a súa forza. Rapidamente os filisteos entraron onde estaba, deixárono cego e levárono preso.

Despois diso, os filisteos obrigaron a Sansón a moer gran para eles, un traballo moi duro. Estaban contentos e orgullosos porque o que fora o seu inimigo máis poderoso agora era un simple escravo. Así que decidiron facer unha gran festa en honor ó seu deus Dagón para agradecerlle que lles axudase a capturar a Sansón. Cando chegou o día, miles de filisteos reuníronse nun gran templo. Ademais dos que estaban dentro, había uns tres mil na azotea. Querían divertirse á conta de Sansón. Así que mandaron traelo e puxérono entre dúas enormes columnas que sostiñan o templo. Pero nese momento Sansón xa volvía ter unha boa melena.

Os erros de Sansón custáronlle a súa liberdade, pero aproveitou unha última oportunidade para facer ben as cousas.

Despois de poñer as mans nas columnas, pediulle a Xehová que lle devolvese as forzas que tiña antes. Díxolle: “Lémbrate de min, prégocho, e enfortéceme soamente por esta vez, ouh Deus”. Despois gritou: “¡Morra eu cos filisteos!”. Imaxina cada músculo do seu corpo facendo forza ata que as enormes columnas cederon. Antes de que os filisteos puidesen detelo, as columnas derrubáronse e todo o templo se veu abaixo! Esta foi a última vez que Sansón usou a súa incrible forza. Nun instante matou máis inimigos de Deus que en toda a súa vida.

Sansón orando de pé entre dúas columnas mentres unha gran multitude que está de festa búrlase del.

Séculos máis tarde o apóstolo Paulo mencionou a Sansón entre os homes de gran fe. Cando Paulo falou dos que “pasaron de estar débiles a ser fortes”, seguro que pensou neste valente xuíz (Heb. 11:32-34).

Le o relato da Biblia:

  • Xuíces 13:1–16:31

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Sansón?

Afonda máis

  1. 1. Como é posible que Sansón puidese tocar os defuntos e seguir sendo nazireo? (w05 15/1 páx. 30 par. 1–páx. 31 par. 1).

  2. 2. Que demostra que Sansón necesitaba o espírito santo de Deus para levar as portas e os postes dende Gaza a Hebrón? (w04 15/10 páx. 15 pars. 7, 8-wcgr). A

    Sansón subindo por un terreo montañoso mentres leva ó lombo as portas e os postes da cidade. O fondo da imaxe é un mapa que mostra a distancia e o desnivel que hai dende Gaza ata Hebrón.

    Imaxe A

  3. 3. Que indica que Dalilah puido ser unha israelita? (w05 15/3 páx. 28 par. 3-wcgr).

  4. 4. No idioma orixinal, Xuíces 16:28 di que Sansón pediu vingarse só por un dos seus ollos. Por que? (it “Sansón” par. 10-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Cando estivo baixo presión, Sansón reveloulle información confidencial a Dalilah. Que poden aprender disto os anciáns e as súas mulleres? B

    Serie de imaxes: 1. Tres anciáns reúnense cunha irmá. 2. Despois, un dos anciáns fala coa súa muller na casa mentres toman té.

    Imaxe B

  • Sansón cometeu erros graves, pero máis tarde Xehová usouno dunha forma incrible. Na actualidade se un cristián comete un erro, como pode motivalo o exemplo de Sansón a non darse por vencido?

  • Como podes imitar o valor de Sansón na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Sansón cando resucite?

Aprende máis

Ensínalles ós teus fillos que fixo que Sansón fose un dos homes máis fortes de tódolos tempos.

“El espíritu santo le da poder a Sansón” (ijwis-S artigo 14)

Que outras leccións podemos aprender da historia de Sansón?

“Confía en Xehová, igual ca Sansón” (w23.09 páxs. 2-7)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir