BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 49 páxs. 220-223
  • Chegou a ser coma unha roca

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Chegou a ser coma unha roca
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • “Son pecador”
    Sirve a Xehová con valor
  • Imitemos a maneira de pensar de Xehová e Xesús
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Mantívose leal cando se enfrontou a probas
    Exemplos de fe
  • Sigue loitando, igual ca Pedro
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 49 páxs. 220-223

49 PEDRO

Chegou a ser coma unha roca

Edición impresa
Edición impresa

POUCO tempo despois de coñecelo, Xesús decidiu darlle un nome novo a Simón. Díxolle: “Ti es Simón, o fillo de Xoán. A ti vanche chamar Cefas”. O nome Cefas ten o mesmo significado que Pedro: “anaco de roca”. Por que escolleu Xesús este nome? Unha roca é sólida e forte, e pode utilizarse como material de construción. Parece que Xesús estaba a dicir que o seu amigo chegaría a ter estas características.

Estivo Pedro á altura dese nome? Como vimos no capítulo 45, Pedro non sempre se comportou coma unha roca. Ás veces tivo dúbidas, falta de fe e incluso tomou malas decisións por culpa do medo. Aínda así, Xesús confiaba nel. Estaba convencido de que co tempo aprendería a ser máis valente. Estaba no certo?

Despois de dar a súa vida e resucitar, Cristo confioulles ós seus apóstolos un labor vital. Pedro aceptou o desafío e demostrou cada vez máis valor. Durante unha gran festa en Xerusalén, púxose de pé diante dunha multitude de miles de xudeus devotos e díxolles sen rodeos que eran responsables da morte do Mesías. Moitos dos que o escoitaron “sentiron unha dor que lles atravesaba o corazón” e arrepentíronse. Como resultado, arredor de 3000 persoas bautizáronse e fixéronse cristiás.

Que lle axudou a Pedro a madurar e chegar a ser a clase de home que Xesús dixo que sería?

Pedro fixo da predicación a actividade principal da súa vida. Xesús confioulle “as chaves do Reino” e encargoulle que abrise o paso a tres grupos diferentes de persoas para que puidesen entrar no Reino dos ceos. Así que Pedro predicou con valor e imparcialidade ós xudeus, despois ós samaritanos e finalmente ós xentís, ou persoas non xudías. Pedro viaxou a moitos lugares —ás veces acompañado pola súa muller— para predicar as boas noticias e animar os irmáns. Incluso viaxou ata Babilonia, que estaba moi lonxe, e viviu alí.

Pedro enfrontouse a grandes desafíos e aguantou oposición con valor mentres facía a obra que Xesús lle encargara. En máis dunha ocasión tanto el como os demais apóstolos acabaron no cárcere. Os líderes relixiosos xudeus ordenáronlles que deixasen de predicar, pero Pedro respondeulles: “Temos que obedecer a Deus como gobernante antes que ós homes”. Aínda que despois diso mallaron neles, seguiron falándolle á xente sobre o Reino de Deus e sobre o Rei que Xehová nomeara, Xesucristo.

Pedro e algúns dos outros apóstolos falando alegres uns cos outros mentres baixan por unha rúa da cidade despois de que lles desen unha malleira. Un grupo de xudeus mira para eles asombrado mentres estes homes coas roupas ensanguentadas pasan diante deles.

A persecución volveuse cada vez máis violenta. Como vimos no capítulo anterior, os líderes relixiosos mataron a Esteban. E uns dez anos despois, o apóstolo Santiago, amigo de Pedro, tamén morreu coma mártir. Cando o malvado gobernante que ordenou a morte de Santiago viu que iso lles gustou ós xudeus, mandou que arrestasen a Pedro. Os soldados amarrárono con cadeas, puxérono nunha cela e vixiárono para que non escapase. Antes de ascender ó ceo, Xesús dixéralle que o levarían á prisión e o matarían. Preguntaríase Pedro se xa chegara ese momento?

De repente, no medio da noite, un anxo aparecéuselle a Pedro. Espertouno, quitoulle as cadeas, sacouno da cela e guiouno ata a rúa pasando pola gran porta que pechaba a prisión sen que os gardas puidesen velo. Que faría Pedro agora? O primeiro que podería pensar sería en escapar de Xerusalén e poñerse a salvo. Pero en vez diso foi directo ó lugar onde sabía que estaban os irmáns orando e adorando a Xehová. Imaxina canto se deberon animar ó ver a Pedro!

Pedro nunca esqueceu o que Xesús lle pedira: “Fortalece os teus irmáns” e “alimenta as miñas ovelliñas” (Luc. 22:32; Xoán 21:17). Predicou con valor e fortaleceu o pobo de Deus onde queira que fose. Aínda así, non era perfecto e tamén cometeu erros. Nunha ocasión cedeu á presión de grupo e tivo que ser corrixido por outro apóstolo. Pero foi humilde, aceptou o que lle dixeron e aprendeu do seu erro. Despois seguiu animando os irmáns e escribiu dúas cartas inspiradas que forman parte da Biblia. Pedro seguiu servindo lealmente a Xehová durante décadas, ata que finalmente o meteron no cárcere e o executaron. Aínda así nunca perdeu a fe e o valor. Está claro que viviu á altura do seu nome!

Le o relato da Biblia:

  • Mateo 16:18, 19

  • Xoán 1:40-42; 21:14-19

  • Feitos 2:14-43; 5:17-42; 8:14-17, 25; 10:44-48; 12:1-17

  • Gálatas 2:11-14

  • 1 Pedro 5:13

  • 2 Pedro 1:12-15

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Pedro durante esta parte da súa vida?

Afonda máis

  1. 1. Xesús deulle a Pedro “as chaves do Reino”. Como usou Pedro esas chaves? (Mat. 16:18, 19; ijwbq artigo 124 pars. 1-5). A

    Un mapa mostra os lugares nos que Pedro usou “as chaves do Reino”.

    Imaxe A: Pedro predícalles a mensaxe do Reino a xudeus en Xerusalén, a samaritanos en Samaria e a xentís en Cesarea.

  2. 2. Como sabemos que Pedro xa tiña unha actitude imparcial incluso antes de ir visitar a Cornelio? (Feit. 10:5-7, 23; bt páx. 69 par. 1, nota). B

    Imaxe B: Lugar onde estaba a antiga Xope.

  3. 3. Como sabemos que Pedro aceptou o consello que lle deu Paulo? (w17.04 páxs. 26-27 pars. 15-17-wcgr).

  4. 4. Por que se mudou Pedro a Babilonia? (it “Cativerio” par. 24-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Pedro faloulle con valor pero tamén con tacto a unha multitude en Xerusalén. En que situacións poderiamos precisar nós tamén valor e tacto?

  • Aínda que Pedro tivo un papel importante na congregación, aceptou que Paulo o corrixise. Como podemos imitar a Pedro? C

    Serie de imaxes: Un xefe de equipo recibe un consello que necesita durante un proxecto de construción teocrático. Estas imaxes repítense a continuación. O xefe de equipo fálalles de forma desagradable a dous irmáns. Outros dous irmáns que están traballando cerca observan a escena. Máis tarde os dous irmáns que escoitaran a conversa corríxeno con cariño usando a Biblia e el acepta o consello.

    Imaxe C

  • De que outras maneiras podes imitar o valor que demostrou Pedro neste relato?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Despois de estudar este relato, por que estás agradecido de que Pedro fose escollido para gobernar con Cristo no ceo?

Aprende máis

Como pode axudarnos o exemplo de Pedro a confiar en Xehová e vencer o medo?

Aprendamos do seu exemplo. Pedro (6:48)

Usa esta actividade para aprender máis leccións do relato de Feitos 10.

“Dios no muestra favoritismo” (“Actividades para estudiar la Biblia” de jw.org en español)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir