BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 45 páxs. 204-207
  • “Son pecador”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Son pecador”
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Chegou a ser coma unha roca
    Sirve a Xehová con valor
  • Imitemos a maneira de pensar de Xehová e Xesús
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Mantívose leal cando se enfrontou a probas
    Exemplos de fe
  • Sigue loitando, igual ca Pedro
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 45 páxs. 204-207

45 PEDRO

“Son pecador”

Edición impresa
Edición impresa

PEDRO era un home moi traballador que tiña un negocio de pesca xunto coa súa familia. Era valente e decidido. Tiña o costume de dicir o que pensaba e actuar rapidamente cando vía unha necesidade. Un día, o seu irmán Andrés díxolle moi emocionado: “Encontramos o Mesías”. Deseguida foi ver a Xesús e fíxose o seu seguidor.

Uns meses máis tarde, Xesús foi a Capernaúm, a cidade na que vivía Pedro. Este pasara toda a noite pescando, pero non recollera nada. Entón Xesús díxolle que navegase ata augas máis profundas e volvese botar o aparello. Pedro non acababa de telo claro, porque de día non era momento para pescar. Entón díxolle: “Mestre, traballamos toda a noite sen parar e non collemos nada”. Aínda así obedeceu e pouco tempo despois a barca de Pedro e outra que había alí quedaron tan cheas de peixe que empezaron a afundirse. Cheo de medo, Pedro botouse ós pés de Xesús e díxolle: “Señor, apártate de min, porque son pecador”. Sentía que non era digno de estar con Xesús, quen era o Fillo de Deus e tiña poder para facer milagres tan impresionantes. Entón Xesús tranquilizouno: “Deixa de ter medo. A partir de agora serás pescador de homes”.

Pedro poñéndose de xeonllos diante de Xesús, que está sentado na parte dianteira dunha barca. Outros pescadores suben as redes con dificultade mentres a barca se enche de peixe.

Xesús viu as boas calidades de Pedro, e co tempo escolleuno para ser un dos 12 apóstolos. Pedro demostrou valor de moitas maneiras. Por exemplo, cando Xesús dicía algo complexo que os seus discípulos non entendían, moitas veces Pedro era o único que se atrevía a preguntarlle. E cando Xesús camiñou sobre a auga, só Pedro intentou facer o mesmo para ir onda el.

Pedro falaba moitas veces sen pensar, así que necesitou valor para aceptar a corrección e facer os cambios necesarios.

Pedro tamén demostrou valor doutra maneira. Cando alguén corrixe unha persoa, esta necesita valor para ser honesta consigo mesma, recoñecer humildemente os seus defectos e facer os cambios necesarios. Pedro demostrou esta clase de valor unha e outra vez. Cando Xesús profetizou a súa propia morte, Pedro cometeu o erro de reprendelo dicindo: “Señor, non sexas tan duro contigo mesmo!”. O que dixo ía en contra da vontade de Deus e Xesús corrixiuno por falar igual que o faría Satanás. Pedro foi humilde e aceptou a corrección.

A noite antes de morrer, Xesús quería ensinarlles unha lección de humildade ós seus apóstolos, así que empezou a lavarlles os pés, tal e como faría un servo. Pedro soltoulle: “Ti nunca me lavarás os pés”. Xesús reprendeuno con firmeza. Entón Pedro foise ó outro extremo e pediulle non só que lle lavase os pés, senón tamén as mans e a cabeza. De novo Xesús volveuno corrixir. Máis tarde, Xesús predixo que tódolos seus apóstolos o abandonarían. Pedro asegurou que aínda que todos o abandonasen, el nunca o faría. Xesús respondeulle que esa mesma noite Pedro negaría tres veces que o coñecía.

Tan só unhas horas despois arrestaron a Xesús. Atárono e levárono ata a casa do sumo sacerdote, onde o maltrataron e o someteron a un xuízo inxusto. Con valor, Pedro seguiuno a certa distancia. Mentres esperaba no patio, algúns recoñecérono como seguidor de Xesús. Pero el negou coñecelo tres veces, xusto como o seu mestre profetizara.

Xesús acababa de saír da casa e nese momento mirou directamente a Pedro. O apóstolo quedou desfeito, saíu fóra do patio e “botouse a chorar desconsoladamente”. E pode que se sentise aínda peor cando, unhas horas despois, executaron brutalmente o seu querido amigo Xesús. Probablemente ese fose o peor momento da súa vida, pero non deixou que o seu erro acabase con el. Estaba decidido a aguantar. Que faría agora? Seguiu servindo a Xehová e xuntouse cos demais apóstolos. Máis tarde, ó resucitar, Xesús aparecéuselle a Pedro cando estaba só. Aínda que non sabemos o que lle dixo exactamente, seguro que colleu forzas e se sentiu moi aliviado ó saber que o perdoara.

Semanas máis tarde, cando Xesús se xuntou cos seus apóstolos no mar de Galilea, fixo algo moi especial por Pedro. Como o negara tres veces, Xesús deulle tres oportunidades para expresarlle canto o quería. Despois, confioulle unha importante responsabilidade: “Alimenta as miñas ovelliñas”. E como veremos no capítulo 49, iso foi xusto o que fixo Pedro, demostrando máis valor ca nunca antes.

Le o relato da Biblia:

  • Mateo 14:23-29; 15:15; 16:21-23; 18:21; 19:27-29; 26:69-75

  • Marcos 14:27-31, 53, 54; 16:7

  • Lucas 5:1-11; 12:41; 22:61, 62; 24:33, 34

  • Xoán 1:40-42; 13:3-10, 36-38; 21:15-17

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Pedro durante esta parte da súa vida?

Afonda máis

  1. 1. En que consistía o traballo de Pedro como pescador? (it “Caza e pesca” pars. 6, 7-wcgr). A

    Un pescador do primeiro século reparando unha rede de pesca.

    Imaxe A

  2. 2. Por que lle puxo Xesús a Simón o nome de Cefas (Pedro)? (w24.06 páx. 28 par. 11).

  3. 3. Que quixo dicir Xesús cando invitou a Pedro e Andrés a ser “pescadores de homes”? (Mat. 4:18-20; w16.05 páx. 9 pars. 3, 4-wcgr). B

    Catro pescadores do século primeiro tiran con moito esforzo dunha rede chea de peixes para subila á barca.

    Imaxe B

  4. 4. Pouco antes de ascender ó ceo, Xesús preguntoulle a Pedro: “Ámasme máis que a estes?”. Que é posible que significase esa pregunta? (Nota de estudo “ámasme máis que a estes?” en Xoán 21:15, nwtsty-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Que podes aprender de Pedro sobre seguir servindo a Xehová a pesar de estar loitando contra unha debilidade? C

    Serie de imaxes: A un irmán novo cústalle vencer as súas debilidades. As seguintes tres imaxes mostran cada escena por separado. O irmán mírase triste no espello mentres reflexiona nas súas debilidades. Dous anciáns usan a Biblia para animalo. O irmán le a Biblia dende a plataforma nunha reunión de congregación.

    Imaxe C

  • Como te pode beneficiar meditar en como Xehová e Xesús estiveron dispostos a perdoar a Pedro?

  • Como podes imitar o valor que demostrou Pedro neste relato?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Despois de estudar este relato, por que estás agradecido de que Pedro fose escollido para gobernar con Cristo no ceo?

Aprende máis

Como poden os pais usar o exemplo de Pedro para ensinarlles ós nenos sobre a maneira na que perdoa Xehová?

Xehová perdoa (9:40)

Pensa en por que se mantivo leal Pedro cando moitos outros abandonaron a Xesús.

“Mantívose leal cando se enfrontou a probas” (ia páxs. 188-195)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir