BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 35 páxs. 158-161
  • Tivo valor para arrepentirse

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Tivo valor para arrepentirse
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • “Procurou aplacar ó Señor”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2011)
  • Que aprendemos dos reis de Israel?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Demostra que confías en Xehová cando tomes decisións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Apunta as respostas ás seguintes preguntas
    2025-2026 Programa para o Congreso de Circuíto con Superintendente de Circuíto
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 35 páxs. 158-161

35 MANASÉS

Tivo valor para arrepentirse

Edición impresa
Edición impresa

MANASÉS estaba vivo grazas a un milagre de Xehová. O rei Ezequías estaba moi enfermo, a punto de morrer. Pero Xehová curouno e grazas a iso puido ter o seu fillo Manasés. Tristemente Ezequías morreu cando Manasés tiña 12 anos. Ó chegar a ser rei, o rapaz afastouse rapidamente do bo exemplo do seu pai.

Manasés cometeu pecados atroces. Durante moitos anos adorou deuses falsos e ídolos, e animou o pobo a facer o mesmo. Tamén practicou bruxería e incluso sacrificou os seus propios fillos. Manasés matou moita xente e, motivados polo seu exemplo, os habitantes de Xerusalén empezaron a facer o mesmo. A Xehová doeulle moito ver que o seu propio pobo facía cousas tan terribles. Por iso enviou profetas para advertir o rei, pero el negouse a escoitalos. Tendo isto en conta pode que te preguntes como podería considerarse a Manasés un bo exemplo de valor. Ímolo ver.

A vida de Manasés cambiou dun día para outro. Como non quixo escoitar as advertencias daqueles profetas, Xehová permitiu que o exército asirio invadise Xudá. A Biblia di: “Apresaron a Menaxés con garfos, atárono con cadeas de bronce e conducírono a Babilonia”. Non podemos nin imaxinar o humillado que debeu sentirse este orgulloso rei e a dor e as dificultades que sufriu durante esta longa viaxe.

Manasés era terriblemente malvado, pero Xehová deulle a oportunidade de cambiar.

Estando preso en Babilonia, Manasés tivo tempo de pensar en tódalas cousas terribles que fixera. É posible que nunca se sentise tan só e indefenso. Onde estaban tódolos deuses falsos que adorou durante tanto tempo, chegando incluso a sacrificarlles os seus propios fillos? Deuse conta de que tiña que cambiar. Para empezar oroulle a Xehová. Pero non o fixo con orgullo, máis ben “humillouse profundamente ante o Deus de seus pais”. Xehová viu o seu cambio de actitude e escoitou as súas oracións. Canto máis humilde era Manasés, máis se achegaba Xehová a el (Sal. 138:6). Manasés suplicoulle ó seu Deus Xehová que lle mostrase misericordia. E seguiulle orando desa forma unha e outra vez.

Como se sentiu Xehová ó escoitar esas oracións? A Biblia di: “Atendeuno con benignidade, escoitou a súa súplica”. O Deus verdadeiro mostroulle misericordia e axudoulle dunha forma extraordinaria: “Fíxoo volver a Xerusalén, ó seu reino”. Agora Manasés tería a oportunidade de demostrar ata que punto o seu arrepentimento o fixera cambiar.

De volta en Xerusalén, Manasés enfrontouse á que probablemente sería a proba máis grande para a súa renovada fe. O país estaba cheo de xente que levaba moitos anos facendo cousas terribles por culpa da súa mala influencia. Poida que Manasés se preguntase como respondería o pobo ó seu cambio. En calquera caso, foi valente e púxose mans á obra para corrixir os seus erros. Despois de fortificar Xerusalén para evitar futuras invasións fixo unha limpeza para eliminar tódolos deuses e ídolos estranxeiros que había na cidade e no templo. Tamén reparou o altar de Xehová e empezou a ofrecerlle sacrificios. Pero quizais o máis difícil foi dicirlle ó pobo que fixese xusto o contrario do que lle levaba dicindo durante anos. Animounos a que lle “desen culto ó Señor, Deus de Israel”. Está claro que este terrible pecador cambiara. E grazas ó seu exemplo, demostrouse unha vez máis que Xehová é bo e está disposto a perdoar (Sal. 86:5).

Manasés falándolles ós habitantes de Xerusalén nunha praza de mercado onde os postos están cheos de ídolos. Tamén hai soldados tirando abaixo un poste sagrado e destruíndo os ídolos.

Por desgraza, Manasés non puido reparar todo o mal que causara. Xehová perdoouno, pero non puido ignorar toda a violencia e os asasinatos que houbo en Xudá durante o seu reinado. A diferenza do rei, o pobo non se arrepentiu nin cambiou. De feito, o seu propio fillo, Amón, negouse a aprender do arrepentimento do seu pai. Non obstante, seguro que Manasés fixo todo o posible por ser unha boa influencia para o seu pequeno neto Xosías. É moi probable que o rapaz recordase que o seu avó tivera o valor necesario para ser humilde e arrepentirse. Despois de moitos anos facendo cousas horribles, Manasés cambiara de verdade e chegou ó final dos seus días sabendo que o seu cariñoso Pai o perdoara.

Le o relato da Biblia:

  • 2 Reis 21:1-26

  • 2 Crónicas 33:1-25

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Manasés?

Afonda máis

  1. 1. Os amorreos xa habitaran Canaán no pasado. Por que é relevante que Manasés se portase “peor ca [...] os amorreos”? (2 Reis 21:11; w00 15/10 páx. 16 pars. 5, 6; gl páx. 10 par. 5, nota-wcgr).

  2. 2. Que proba arqueolóxica demostra a existencia de Manasés e o dominio de Asiria durante o seu reinado? (it “Manasés” núm. 4 par. 2-wcgr). A

    © The Trustees of the British Museum. Licensed under CC BY-NC-SA 4.0. Source

    Imaxe A: O nome de “Manasés, rei de Xudá” aparece no prisma de Assarhaddon.

  3. 3. Que demostra que os asirios lles poñían garfos ós seus presos? (2 Crón. 33:11; it “Garfo” par. 4-wcgr). B

    Un antigo relevo representando un rei asirio que está suxeitando as cordas que tres presos levan atadas con garfos nos seus labios. Está cegando un dos presos cunha lanza.

    Imaxe B: Debuxo dun relevo asirio que data do século VIII a. n. e.

  4. 4. Como mediu Xehová Xerusalén cun “cordel” e cunha “chumbada”, ou instrumento de nivelar? (2 Reis 21:13; it “Nivelar, instrumento de” par. 2-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Que aprendemos do arrepentimento neste relato?

  • Por que nos ensina o exemplo de Manasés que, aínda que Xehová perdoa os pecadores arrepentidos, poida que teñan que vivir coas consecuencias dos seus pecados? (Xer. 15:3-5). C

    Serie de imaxes: 1. Un mozo bebendo cervexa cos seus amigos mentres conduce o coche pola noite. 2. Algúns anos despois, está nunha cadeira de rodas e véselle comentando nunha reunión de congregación. Ten unha tatuaxe na súa man esquerda.

    Imaxe C

  • De que formas podes imitar o valor de Manasés na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Manasés cando resucite?

Aprende máis

Mira como o exemplo de Manasés axudou a un irmán a volver a Xehová.

Estar preso fíxome libre (5:10)

Se algunha vez sentiches que non vales nada por culpa dos pecados que cometiches, como che pode animar este relato?

“Procurou aplacar ó Señor” (w11 1/1 páx. 18)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir