BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 26 páxs. 122-125
  • Corrixiu o rei

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Corrixiu o rei
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • O rei David peca contra Xehová
    Aprendamos das historias da Biblia
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 26 páxs. 122-125

26 NATÁN

Corrixiu o rei

Edición impresa
Edición impresa

MENTRES ía de camiño ó palacio do seu bo amigo David, é probable que Natán se preguntase: “Como é posible que un home tan bo fixese cousas tan terribles?”. Tempo atrás, Xehová mandoulle a Natán contarlle ó rei David algo marabilloso sobre o futuro: o Mesías sería descendente de David! (2 Sam. 7:4, 12, 13) Pero agora, David cometera pecados terribles, e Xehová pediulle a Natán que o fose corrixir.

Aínda que David actuou en segredo, Xehová viu todo o que pasou e fíxollo saber a Natán. Unha noite, mentres paseaba pola azotea do seu palacio David viu unha muller bañándose. Ó ver que era moi guapa, pediu que lla levasen ó palacio. O rei sabía que esta muller era Batxeba e que estaba casada con Urías o hitita, un dos seus leais soldados. Aínda así, David deitouse con ela. Co tempo, Batxeba díxolle que estaba embarazada. Para intentar ocultar o seu pecado David mandou chamar a Urías, que estaba no campo de batalla. Despois animouno a ir á súa casa coa esperanza de que pasase a noite coa súa muller (compara con 1 Samuel 21:6 [21:5, TNM]). Pero Urías negouse a eludir a súa responsabilidade no exército. Entón David tramou un plan para poñer a Urías nun lugar da batalla onde o matarían. Ese retorcido plan funcionou e Urías morreu. Despois David casou con Batxeba.

A Biblia di que a Xehová non lle gustou nada o que fixo David. Por iso enviou a Natán para que o corrixise e para facerlle entender a gravidade do seu pecado. Mentres o profeta ía onda o rei seguramente se preguntaría como reaccionaría. Despois de todo, se foi capaz de matar a Urías, que lle faría a Natán por reprendelo? Natán quería tocarlle o corazón e axudarlle a entender o retorcidas que foran as súas accións. Seguro que o profeta orou sobre o asunto. Despois pensou nunha historia para contarlla ó rei.

Natán faloulle a David sobre dous homes que vivían nunha cidade. Un deles era moi rico e tiña moitas ovellas e gando. O outro era pobre e non tiña máis ca un año. Quería moito a esa ovelliña e coidábaa coma se fose unha filla. Un día o home rico recibiu unha visita inesperada e necesitaba unha ovella para darlla de comer. Pero en vez de coller unha das súas, “colleulle a ovella ó home pobre”, matouna, cociñouna e serviulla ó seu invitado. En canto Natán rematou de contar esta historia David púxose moi furioso! Dixo: “Pola vida do Señor, quen fixo iso merece a morte”. Estaba indignado co home rico “por ese comportamento sen piedade”.

Natán tivo que corrixir e darlle consello firme a un rei ó que quería e respectaba.

Natán foi moi sabio ó escoller esta historia porque David mesmo fora pastor e odiaba as inxustizas. Finalmente, con moito valor díxolle: “Ti es ese home”. David debeu quedar de pedra. Natán díxolle con todo detalle as cousas malas que fixera e que Deus o vira. A continuación o profeta comunicoulle a decisión de Xehová: durante os seguintes anos a violencia e as calamidades non se afastarían da familia de David. Como reaccionaría o rei?

O profeta Natán falándolle con calma a David mentres o rei baixa a cabeza e chora amargamente.

David dixo: “¡Pequei contra o Señor!”. O rei púxose moi triste e arrepentiuse profundamente polo que fixera. Natán debeuse sentir moi aliviado ó dicirlle que Xehová lle mostraría misericordia: “O Señor perdoa o teu pecado e non morrerás”. Aínda así David tivo que sufrir moito por culpa das consecuencias do seu pecado con Batxeba. O fillo que esperaban morreu pouco despois de nacer. E durante moitos anos a violencia, a deslealdade e incluso a traizón aflixiron a súa familia.

A pesar de todo, David mantívose fiel. Escribiu por inspiración salmos conmovedores sobre o perdón de Xehová e o arrepentimento (Salmos 32 e 51). O rei recuperou a súa relación con Deus e tivo en conta o consello do profeta Natán o resto da súa vida. Finalmente morreu sendo un servo fiel de Xehová (1 Reis 9:4). Seguro que Natán se alegrou moito de ter o valor necesario para aconsellar a este rei que cometera pecados tan graves.

Le o relato da Biblia:

  • 2 Samuel 11:1–12:18

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Natán?

Afonda máis

  1. 1. Aínda que Natán foi un escritor bíblico non sabemos nada da súa familia nin da súa vida persoal. Que indica isto sobre el? (w12 15/2 páx. 25 pars. 2, 3-wcgr).

  2. 2. Urías era hitita. Entón, por que formaba parte do exército de David? (w24.04 páx. 31).

  3. 3. Natán profetizou que a casa de David sufriría calamidades. Como se cumpriu esta profecía? (it “David” par. 29-wcgr).

  4. 4. Como demostrou valor Natán durante os anos finais do reinado de David? (w12 15/2 páx. 25 par. 1-wcgr). A

    Natán poñéndose de xeonllos diante de David, que está enfermo deitado na súa cama. Abixag está de pé ó lado de David suxeitando unha xerra de auga.

    Imaxe A

Medita no que aprendiches

  • Que nos ensina o exemplo de Natán sobre como axudar a un amigo que cometeu un erro grave?

  • Como podemos imitar o que fixo Natán cando necesitamos tocarlle o corazón a alguén? B

    Serie de imaxes: Unha nai fai dúas cousas para chegarlle ó corazón á súa filla. 1. Ora en privado con intensidade. 2. Escoita con moita atención a súa filla, que lle está contando o que sente.

    Imaxe B

  • De que outras maneiras podes imitar o valor de Natán?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Natán cando resucite?

Aprende máis

Como danaron as accións de David os seus amigos, a súa familia, a Xehová e a el mesmo?

Lembremos que o amor... non busca a súa comenencia (1:14)

Aprende por que funcionou tan ben o consello de Natán.

“Sé humilde y acepta la disciplina” (“Actividades para estudiar la Biblia” de jw.org en español)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir