13 XOSUÉ
Seguiu instrucións que parecían non ter sentido
XOSUÉ miraba para Xericó, a cidade que Deus lle mandara atacar e destruír. Nese momento acordouse do que Xehová lle dixera cando Moisés estaba a punto de morrer: “¡Se valente! ¡Se forte!” (Deut. 31:23). Tempo despois volveulle dicir algo parecido: “Has de ser rexo e coraxudo” (Xos. 1:7). Está claro que nesta situación Xosué ía necesitar moito valor. Por que?
Aínda que Xericó non era unha cidade especialmente grande, si que era importante. Aquí sería onde os israelitas comezarían a conquista da Terra Prometida. A cidade estaba rodeada por unha muralla moi grande que a protexía. Detrás dos seus muros a xente facía cousas moi malas. Centos de anos antes Xehová xa lle falara a Abrahán da “maldade dos amorreos”, referíndose á xente desta parte de Canaán. Díxolle que chegaría o momento no que xa non toleraría máis a súa maldade e executaría o seu xuízo contra eles (Xén. 15:16). Ese día finalmente chegou. Aquela xente practicaba a idolatría, a prostitución nos templos, a homosexualidade, o incesto, o bestialismo e incluso sacrificaba nenos a repugnantes deuses falsos. Os cananeos volvéranse tan malos que a terra “vomitou ós seus habitantes” (Lev. 18:3, 6, 21-27). Como podería pasar iso?
Xehová díxolle a Xosué que atacase unha cidade amurallada dunha forma que non tiña sentido dende un punto de vista militar.
Deus usaría a Xosué e o seu exército. A destrución da cidade de Xericó sería o primeiro paso para limpar a terra desta xente malvada. E os soldados estaban listos para obedecer a Xehová. Pero as instrucións que recibiu Xosué parecían non ter sentido. Xehová non lle dixo que atacasen de inmediato a cidade nin tampouco que se preparasen para un longo asedio. Díxolle que simplemente desfilasen arredor dela durante seis días e que desen unha volta cada día. Ademais, os sacerdotes terían que acompañalos levando a arca do pacto e facendo soar os cornos. O sétimo día todos terían que marchar arredor da cidade sete veces e logo berrar con forza.
Xosué xa tiña algo de experiencia como soldado e, dende un punto de vista militar, aquela estratexia non tiña ningún sentido. E que pasaría se Israel perdía esa batalla? Seguramente as outras cidades cananeas pensarían que eran máis fortes que os israelitas e os atacarían.
Por outro lado, Xehová xa lle dera a Xosué razóns para confiar nel. Cando Xosué enviou dous espías a Xericó, descubriron que os habitantes daquela cidade estaban mortos de medo por culpa dos israelitas. Despois Xehová fixo posible que os israelitas cruzasen o río Xordán freando milagrosamente as súas augas.
Seguro que meditar nestas cousas lle axudou a Xosué a confiar en Xehová, e iso deulle o valor que necesitaba para obedecer. Así que dirixiu o seu exército para desfilar arredor de Xericó. Os sacerdotes tocaron os seus cornos. En cambio a cidade estaba en silencio e as súas portas “ben pechadas e atrancadas” contra calquera ataque. Ó día seguinte Xosué encabezou outra marcha arredor da cidade, xusto como Xehová lle mandara. Fixeron o mesmo durante seis días. Entón chegou o sétimo día.
O exército de Xosué deu sete voltas arredor de Xericó. Pero ó final da última volta fixeron algo diferente. Xosué berrou: “Bruade, pois o Señor entrégavo-la vila”. Xusto despois de que terminase de falar “deu o pobo un grande berro e derrubáronse os muros”.
Xosué e os seus homes entraron directamente na cidade e destruíron a todo ser vivente, tal e como Xehová mandara. Mentres Deus estivo con eles, Xosué e o seu exército derrotaron cidade tras cidade e nación tras nación. Por fin, Xehová estaba limpando a terra da “maldade dos amorreos”!
Aínda así, unha pequena parte da muralla de Xericó quedou en pé. Por que? A resposta ten que ver coa fe e o valor dunha muller extraordinaria da que falaremos no seguinte capítulo.
Le o relato da Biblia:
Deuteronomio 20:16-18
Xosué 2:1, 9-11, 24; 3:14-17; 5:1; 6:1-21, 24
Pensa nisto:
De que formas demostrou valor Xosué?
Afonda máis
1. A que parte da Biblia é posible que tivese acceso Xosué? (w09 1/12 páx. 17 par. 4, nota-wcgr). A
Imaxe A
2. Que lle dixo Xehová a Xosué antes de que os israelitas desfilasen arredor de Xericó? Por que non parecía unha boa estratexia seguir aquelas instrucións? (Xos. 5:2-8; w18.10 páx. 23 pars. 5-7-wcgr).
3. Que proba hai de que Xericó foi conquistada en pouco tempo? (w15 15/11 páx. 13). B
Kennedy, Titus (2023). The Bronze Age Destruction of Jericho, Archaeology, and the Book of Joshua. Accessed via researchgate.net. Licensed under CC BY 4.0
Imaxe B: Cántaros de cereais queimados que se descubriron onde estaba a antiga Xericó.
4. Como se cumpriu a profecía sobre Xericó rexistrada en Xosué 6:26? (w98 15/9 páx. 21 par. 8-wcgr).
Medita no que aprendiches
Que lle axudou a Xosué a confiar nas promesas de Xehová? (Xos. 23:14) Como podemos nós ter esa mesma confianza?
Como nos axuda o exemplo de Xosué a seguir as instrucións que recibimos da organización de Deus? C
Imaxe C
Como podes imitar o valor de Xosué?
Analiza o cadro completo
Que me ensina este relato sobre Xehová?
Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?
Que me gustaría preguntarlle a Xosué cando resucite?
Aprende máis
Como nos axuda o exemplo de Xosué a aprender dos maiores, a confiar nas promesas de Deus e a seguir sendo leais incluso cando un irmán nos fai dano?
Axuda ós teus fillos a aprender sobre cousas importantes que pasaron na vida de Xosué.
“Josué” (“Fichas de personajes bíblicos” de jw.org en español)