14 RAHAB
Escolleu a Xehová antes có seu pobo
NUNHA casa da muralla da antiga Xericó vivía unha prostituta chamada Rahab. Dende a súa ventá podía ver “a cidade das palmeiras” e unha bonita paisaxe bañada polo sol (Deut. 34:3). Pero o panorama dentro da cidade era moi diferente. A xente estaba triste e morta de medo porque sabía que Xehová estaba con Israel e que eles ían ser destruídos. E o certo é que Xehová tiña moi boas razóns para facelo.
Os israelitas estaban acampados cerca de alí. Corenta anos antes Xehová salvara o seu pobo destruíndo o faraón e o seu exército no Mar Vermello. Máis recentemente Xehová axudara ó seu pobo —que naquel momento eran simples nómades vagando polo deserto— a vencer a Sihón e Og, dous poderosos reis amorreos. Agora ían camiño de Xericó porque Xehová quería castigar os seus habitantes por tódalas cousas malas que fixeran.
Rahab sabía o malas que eran as persoas de Xericó. Ela mesma era prostituta e seguramente estaba desexando abandonar esa humillante vida. Por iso, saber todo o que fixo Xehová polo seu pobo encheuna de esperanza e non de medo. Entendeu que o Deus dos israelitas protexía o seu pobo e o trataba con respecto. Nada que ver cos deuses que adoraban os cananeos. Ela quería adorar ese Deus xusto, limpo e protector do que tanto se falaba.
Unha noite, dous estraños petaron na súa porta buscando un lugar onde durmir. Rahab deuse conta rapidamente de que eran espías israelitas. Pero non foi a única. O rei de Xericó enviou homes e mandoulle a Rahab que sacase os dous espías da súa casa. Agora ela tiña que tomar unha decisión que podería cambiar a súa vida: defendería a súa malvada cidade ou poñeríase do lado de Xehová?
Rahab demostrou moito valor e escolleu a Xehová. Agochou os espías na azotea e enganou os homes do rei para que fosen nunha dirección equivocada. Cando marcharon, subiu á azotea e díxolles ós israelitas por que os salvara: “Ben sei que o Señor vos deu o país”. Rahab puxo fe no Deus deles! Ademais animounos dicíndolles que os homes de Xericó lles tiñan moito medo ós israelitas. E suplicoulles protección cando Xehová destruíse a cidade mediante Israel.
Que lle axudou a Rahab a pórse do lado de Xehová e deixar unha vida inmoral?
Rahab salvoulles a vida ós espías e eles viron que se puxo de parte de Xehová. Por iso aceptaron facer o que lles pedía e prometéronlle que ela e a súa familia se salvarían. Pero para iso non lle podería dicir a ninguén onde estaban, tería que colgar unha corda escarlata da ventá da muralla e permanecer dentro da súa casa durante o ataque. Se facía todo isto ela e os da súa casa poderían sobrevivir.
Rahab colgou unha corda da súa ventá para que os espías puidesen escapar da cidade. Despois fixo todo o que lle dixeron. Atou a corda escarlata á súa ventá e non lle falou a ninguén dos espías. Facer isto requiría moito valor porque se alguén se daba conta do que fixera poderían matala. Ademais foi obediente e mantivo a súa familia dentro da casa. Cando soubo que Xehová detivera as augas do río Xordán para que o seu pobo cruzase, seguramente Rahab quedou aínda máis convencida de que tomara a decisión correcta. Seguro que a tensión ía aumentando dentro da cidade durante os sete días que o exército de Israel desfilou arredor dela. Finalmente, cando ó sétimo día os israelitas tocaron os cornos e berraron, as murallas da cidade caeron. Pero Rahab e a súa familia estaban a salvo dentro da casa.
Despois da batalla, os espías sacaron a Rahab e a súa familia fóra da cidade. A súa casa estaba nunha parte da muralla que non fora destruída. Tal e como Xosué dixera, Rahab e a súa familia salváronse. Co tempo, ela chegou a formar parte da nación de Israel, casou cun home israelita e tivo fillos. Moitos anos despois, da súa familia descendeu o home máis valente que existiu xamais: Xesucristo (Mat. 1:5, 16). Xehová bendiciu moitísimo a Rahab pola súa fe e valor.
Le o relato da Biblia:
Xosué 2:1-24; 5:1; 6:14-25
Pensa nisto:
De que formas demostrou valor Rahab?
Afonda máis
1. Describe como era a vida de Rahab en Xericó (w13 1/11 páx. 12 par. 4–páx. 13 par. 1-wcgr).
2. Como sabemos que os espías non quedaron na casa de Rahab para facer cousas inmorais? (it “Prostituta” par. 16-wcgr).
3. Por que había feixes de liño na azotea da casa de Rahab, e para que se usaba o liño? (it “Liño” pars. 2-4-wcgr). A
Thanks for your interest in my photos/Moment Open via Getty Images
Imaxe A: Un campo de liño.
4. Por que non estivo mal que Rahab enganase os homes do rei? (w04 1/12 páx. 9 par. 1-wcgr). B
Imaxe B
Medita no que aprendiches
Por que necesitou valor Rahab para deixar a súa vida inmoral e adorar a Xehová cos israelitas? Que poden aprender do seu exemplo os estudantes da Biblia?
A Biblia di que non debemos mentir. Pero ás veces os nosos inimigos intentan forzarnos para que revelemos información confidencial dos nosos irmáns. Que podemos aprender do exemplo de Rahab nunha situación así? (Prov. 11:13; Ecl. 3:7; Ef. 4:25). C
Imaxe C
Imaxe C
De que outras maneiras podes imitar o valor de Rahab na túa vida?
Analiza o cadro completo
Que me ensina este relato sobre Xehová?
Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?
Que me gustaría preguntarlle a Rahab cando resucite?
Aprende máis
Que nos ensina o relato de Rahab sobre como sobrevivir cando chegue o día de Xehová?
“Onde deberías estar cando chegue o fin?” (w09 15/5 páxs. 6-8)
Usa esta historia bíblica ilustrada para axudar ós teus fillos a visualizar o que sucedeu neste relato.