BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 9 páxs. 48-51
  • Pola súa fe protexeron a Moisés

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Pola súa fe protexeron a Moisés
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Moisés escolle servir a Xehová
    Aprendamos das historias da Biblia
  • “Vai onda o faraón”
    Sirve a Xehová con valor
  • Tomou a decisión correcta
    Sirve a Xehová con valor
  • Demostra que confías en Xehová cando tomes decisións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 9 páxs. 48-51

9 XÉFORA, PÚAH, AMRAM, IOQUÉBED E MÍRIAM

Pola súa fe protexeron a Moisés

Edición impresa
Edición impresa

UNS sesenta anos despois da morte de Xosé, os exipcios esquecéranse del e de como Xehová usara este home fiel para salvalos da fame. Agora gobernaba un faraón novo. El tíñalles medo ós israelitas e odiábaos porque Xehová os estaba bendicindo e eran cada vez máis. Por iso, o faraón converteunos en escravos e os exipcios empezaron a maltratalos. Aínda así, os israelitas seguiron multiplicándose.

O seguinte plan do faraón foi terriblemente cruel. Mandou chamar a Xéfora e Púah, dúas parteiras hebreas. Imaxina como se deberon sentir cando este poderoso gobernante lles ordenou matar a tódolos varóns que nacesen nos partos que asistían! Pero estas valentes mulleres “mostráronse temerosas de Deus”. Sabían que ningún home, por moi poderoso que fose, tiña dereito a obrigalas a desobedecer a Xehová, o Soberano do Universo. O seu temor de Deus motivounas a facer algo que requiría moito valor: “Non fixeron caso do que lles mandara o rei de Exipto”. Todo o contrario, axudaron a protexer e a salvar a tódolos bebés que puideron. Ó ver que seguían nacendo nenos o faraón púxose moi furioso. Pero elas foron moi listas e ocultáronlle o que estaban facendo. Xehová viu o seu valor e, co tempo, “premiou as parteiras” dándolles os seus propios fillos.

Que sería de Moisés se non fose polo valor que demostraron as parteiras, os seus pais e a súa irmá?

Cando o faraón se deu conta de que o seu plan non funcionara decidiu facer algo aínda máis horrible: ordenoulles ós exipcios que afogasen a tódolos bebés varóns no río Nilo. Nesta época tan complicada vivía unha parella hebrea. Chamábanse Amram e Ioquébed e xa tiñan dous fillos: Míriam e Aarón. Cando ela quedou embarazada do seu terceiro fillo, sabían que se era neno a súa vida correría perigo. Por iso, cando naceu o pequeno intentaron escondelo todo o tempo que puideron. Pero ocultar un bebé non é fácil. Así que, cando o neno tiña tres meses Ioquébed colleu unha cesta, untouna de brea e betume, e meteuno dentro. Despois foi á beira do río Nilo e agochou a cesta entre os xuncos. A súa filla Míriam escondeuse a certa distancia para ver que pasaba co seu irmán pequeno.

Ioquébed e Míriam deixan a Moisés de bebé nunha cesta de papiro entre os xuncos na beira do río Nilo.

Pouco despois, a filla do faraón baixou a bañarse ó Nilo e viu a cesta. Entón mandoulle a unha escrava que a collese e, ó abrila, viu o precioso bebé. Como estaba chorando conmoveuse profundamente e decidiu adoptalo. Pero decatouse de que necesitaría unha nai que lle dese de mamar. Rapidamente Míriam soubo que facer. Correu con valor onda a filla do faraón e ofreceuse a buscar unha muller para que criase o bebé. Ela aceptou e Míriam marchou volvendo máis tarde coa súa propia nai. Imaxina o contenta que se debeu poñer Ioquébed cando soubo que podería seguir coidando do seu fillo sen perigo. E aínda por riba íanlle pagar por facelo! Seguro que ela e Amram fixeron todo o posible por ensinarlle a este rapaz sobre Xehová. Pero cando o neno creceu tivo que devolverllo á filla do faraón, quen o chamou Moisés.

Recompensou Xehová a Amram, Ioquébed e Míriam pola fe e o valor que demostraron? Por suposto que si! Amram e Ioquébed ensináronlles a Míriam e a Aarón a amar a Xehová, e viron como chegaron a converterse nos seus servos fieis. E tamén puideron ver que Xehová estaba protexendo a Moisés. Non sabemos se viviron o tempo suficiente para presenciar como o usou Xehová (Éx. 6:20). Pero Míriam e Aarón si. Foron testemuñas das cousas marabillosas que Xehová fixo mediante o seu irmán. E os tres xuntos demostraron unha fe e un valor extraordinarios. No próximo capítulo veremos as circunstancias nas que creceu Moisés e por que decidiu servir a Xehová.

Le o relato da Biblia:

  • Éxodo 1:6–2:10

  • Feitos 7:17-21

  • Hebreos 11:23

Pensa nisto:

De que formas demostraron valor as parteiras e a familia de Moisés?

Afonda máis

  1. 1. Como demostra a arqueoloxía a exactitude deste relato? (g04 8/4 páx. 4 par. 4–páx. 5 par. 1-wcgr).

  2. 2. Que probas apoian o relato bíblico da cesta de papiro e o mandato do faraón de matar os bebés hebreos? (g04 8/4 páx. 5 par. 2–páx. 6 par. 1-wcgr). A

    Un exipcio facendo unha barca con talos de papiro.

    Christine Osborne Pictures/Alamy Stock Photo

    Imaxe A: Incluso na actualidade, úsase o papiro para facer barcas.

  3. 3. Que sabemos das parteiras hebreas, e como as bendiciu Xehová? (w03 1/11 páx. 8 pars. 3, 4-wcgr; it “Parteira”-wcgr). B

    Dúas parteiras escondendo un bebé que acaba de nacer. Unha delas vixía con precaución mentres uns soldados exipcios petan nas portas para buscar nenos que acaban de nacer.

    Imaxe B

  4. 4. Como demostrou Míriam unha fe sobresaínte incluso cando xa era moi maior? (ijwia artigo 7 pars. 14-18-wcgr).

Medita no que aprendiches

  • Que poden aprender os pais de Amram e Ioquébed?

  • Que poden aprender de Míriam os nenos que teñen irmáns máis pequenos? C

    Serie de imaxes: Unha nena e o seu irmán pequeno aprenden leccións de Míriam cando era nova. Estas imaxes repítense máis adiante neste capítulo. Unha nena está sentada xunto ó seu irmán e le dun libro mentres el fai debuxos dos relatos da Biblia. Os dous irmáns falan moi contentos mentres camiñan e toman algo refrescante. A nena comenta nunha reunión e o seu irmán mira para ela cun sorriso.

    Imaxe C

  • Como podes imitar o valor de Xéfora e Púah na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlles ós protagonistas deste relato cando resuciten?

Aprende máis

Mira como podemos beneficiarnos do exemplo das mulleres que desobedeceron o faraón.

“Mulleres que fixeron feliz a Xehová” (w03 1/11 páxs. 8-9 pars. 3-5-wcgr)

Segue axudando Xehová ós que o obedecen con valor a el antes cós homes?

Pertencémoslle a Xehová (6:55)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir