4 ABRAHÁN
O primeiro home en loitar unha guerra para Xehová
XEHOVÁ fíxolle unha promesa moi importante ó seu amigo Abrahán, unha promesa que cambiaría o curso da historia. Díxolle: “Farei de ti un pobo grande”. Tamén lle mostrou a fermosa terra na que viviría ese pobo (Xén. 12:2; 13:14, 15). Pero Satanás estaba decidido a destruír esa nación antes incluso de que chegase a existir. El sabía que dela sairía a descendencia prometida que acabaría co seu goberno e que finalmente tamén o destruiría a el (Xén. 3:15).
Abrahán e a súa familia convertéronse no obxectivo de Satán. Un dos que máis sufriu eses ataques foi o seu sobriño, Lot. Abrahán foi moi bo con el ó darlle a oportunidade de escoller en que lugar da Terra Prometida quería vivir, e Lot escolleu a parte máis rica e fértil. Este lugar estaba cerca da cidade de Sodoma, onde as persoas eran “ruíns e moi pecadoras á vista do Señor” (Xén. 13:8-13). O rei de Sodoma formaba parte dunha alianza de catro reis cananeos que acabaron rebelándose contra o rei de Elam porque estaban fartos de pagarlle tributo. Como consecuencia, o rei elamita aliouse con outros tres reis de zonas máis distantes. Xuntos atacaron dende o norte e derrotaron a aqueles reis cananeos. Os vencedores volveron cara á súa terra e levaron consigo o botín de guerra. Tamén levaron prisioneiros, entre os que estaban Lot e a súa familia.
Abrahán dirixiu os seus 318 homes para perseguir e loitar contra o exército unido de catro reis poderosos.
Que faría Abrahán? Podería razoar que Lot se meteu en problemas el só polas súas propias decisións. Ou tamén podería preocuparlle que, se intentaba rescatar a Lot, quizais tivese que empezar unha guerra contra aqueles catro reis. Ó fin e ó cabo Abrahán era nómade, tiña máis de pastor que de guerreiro. Como podería alguén coma el derrotar un exército tan poderoso? Ademais, polo menos un daqueles reis gobernaba en Xinar, de onde era Abrahán. Outra persoa podería pensar que loitar contra ese rei significaría non poder volver nunca máis ás comodidades de Ur. Pero Abrahán non pensaba desa forma, el sabía o que Xehová esperaba del.
Para este momento, o campamento de Abrahán contaba con máis de mil persoas. Xuntou os 318 servos que tiñan adestramento militar e saíu a loitar xunto con algúns dos seus aliados. Despois de percorrer unha boa distancia en dirección norte, atopáronse cos seus inimigos na rexión de Dan. Abrahán dividiu os seus homes en grupos e atacaron pola noite. Aínda que o seu exército era moito máis pequeno, derrotou os catro reis e os seus homes. Estes empezaron a fuxir e Abrahán perseguiunos cara ó norte. Finalmente, cerca de Damasco acabaron cos seus inimigos e recuperaron todo o que saquearan de Canaán. Por fin, Lot e a súa familia volvían ser libres!
Que lle pareceu a Xehová o valor e a fe que demostrou Abrahán? A resposta quedou clara cando Abrahán pasou cerca da cidade de Salem. O rei desa cidade, Melquisedec, tamén era sacerdote de Xehová. Este rei-sacerdote saíu da cidade para encontrarse con Abrahán e transmitirlle a bendición de Deus. E Abrahán deulle a décima parte do botín. Desta forma, recoñeceu humildemente que puido derrotar os seus inimigos grazas á axuda de Xehová.
Está claro que esta era unha guerra de Deus e non dos homes. A Biblia fala do “libro das guerras do Señor” (Núm. 21:14). É posible que a batalla de Abrahán fose a primeira rexistrada neste libro. Séculos máis tarde, cando os descendentes de Abrahán loitaron contra os malvados cananeos que vivían na Terra Prometida, Xehová deulles ós seus servos fieis unha vitoria tras outra.
Con todo, cando os israelitas deixaban de obedecer a Xehová, el deixaba de protexelos. Ó final, Xehová rexeitounos definitivamente cando eles rechazaron o seu Fillo, o Mesías. En vez de seguir bendicindo a nación de Israel, Xehová empezou a bendicir a un grupo de cristiáns unxidos dirixidos por Cristo. Xesús prohibiulles ós seus discípulos que loitasen en guerras (Mat. 26:52). Pero si que lles ensinou a loitar contra Satanás, contra as súas falsas ensinanzas e contra a conduta que el promove. El puxo o exemplo e demostrou que para participar nesta guerra tamén fai falta moito valor.
Le o relato da Biblia:
Xénese 14:1-24
Pensa nisto:
De que formas demostrou valor Abrahán durante esta parte da súa vida?
Afonda máis
1. Que descubrimentos arqueolóxicos demostran a veracidade deste relato? (w89 1/7 páx. 5 par. 4–páx. 6 par. 1-wcgr).
2. Que evidencias xeográficas apoian a descrición bíblica de Sodoma e Gomorra? (it “Mar Salgado” par. 6-wcgr). A
BestTravelPhotography/iStock via Getty Images Plus
Imaxe A: Incluso na actualidade, as datileiras e outros tipos de vexetación son abundantes na rexión onde probablemente estaba a antiga Sodoma.
3. Melquisedec era rei e sacerdote de Salem, pero, onde estaba esa cidade? (it “Salem”-wcgr).
4. En que sentido foi Melquisedec un modelo profético de Xesús? (it “Sumo sacerdote” pars. 27, 28-wcgr). B
Imaxe B
Medita no que aprendiches
Abrahán deixou que Lot quedase coa mellor parte da terra. Como podemos imitar o exemplo de Abrahán ó tratar coa nosa familia, cos nosos irmáns e con outras persoas? C
Imaxe C
Que podemos aprender de que Abrahán estivese disposto a rescatar o seu sobriño?
De que outras maneiras podes imitar o valor que demostrou Abrahán neste relato?
Analiza o cadro completo
Que me ensina este relato sobre Xehová?
Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?
Que me gustaría preguntarlles a Abrahán ou a Lot cando resuciten?
Aprende máis
Mira como chegou Abrahán a confiar plenamente en Xehová.
Como mostrou valor Abrahán incluso antes de deixar Ur?