BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 3 páxs. 24-27
  • Negouse a mirar atrás

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Negouse a mirar atrás
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • Unha muller moi fermosa
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2017
  • Abraham e Sara teñen un fillo
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Abrahán, un home valente
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2012)
  • Abraham e Sara obedecen a Deus
    Aprendamos das historias da Biblia
Ver máis
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 3 páxs. 24-27

3 SARA

Negouse a mirar atrás

Edición impresa
Edición impresa

SARA estaba casada co seu querido home, Abrahán. Vivían en Ur, na terra de Xinar, unha buliciosa cidade amurallada situada á beira do gran río Éufrates. A xente da cidade adoraba moitos deuses falsos, pero Abrahán era diferente. Tanto el coma Sara adoraban o único Deus verdadeiro, Xehová. Pero un día, a fe e o valor de Sara poñeríanse a proba coma nunca antes.

Abrahán díxolle que Xehová lle falara, e Sara debeu emocionarse moito. Pero facer o que Xehová lles dixera non ía ser nada fácil para ela. Pediulles que deixasen o seu fogar e os seus parentes en Ur, e que se mudasen moi lonxe, a un lugar afastado. Terían que reunir os seus servos, viaxar en camelos e vivir en tendas. Sara xa non podería vivir nunha gran cidade rodeada por muros e gardas. Tampouco volvería a ter un teito sólido sobre a súa cabeza, nin xardín, nin auga corrente, nin outras comodidades das que seguramente desfrutaba ata ese momento. E tampouco podería ir ó mercado en Ur para comprar comida e outras cousas. Aínda que non sería fácil, Sara estaba disposta a marchar. Confiou en Xehová, empaquetou as súas cousas, despediuse da súa familia e amigos, e iniciou xunto a Abrahán unha viaxe ó descoñecido.

Sara apoiou a decisión de Abrahán de ir a onde Xehová lles dixese en vez de tratar de convencelo para volver á seguridade de Ur.

Sara tamén demostrou valor doutra forma. O apóstolo Paulo escribiu sobre ela e o seu home: “Aínda así, se seguisen pensando no lugar do que saíran, terían encontrado a oportunidade de volver” (Heb. 11:15). Sara puido pensar na seguridade que tiña en Ur e sentir morriña do fogar que deixara. Pero en vez diso, foi valente e negouse a mirar atrás.

Sara mais Abrahán índose de Ur. Están montados sobre camelos e tamén os acompañan tódolos da súa casa.

Cando por fin chegaron á terra de Canaán, Sara pronto se deu conta de que non había un gran río como o Éufrates, onde os comerciantes puidesen navegar para traer mercancías doutros lugares. Por iso, cando houbo unha fame en Canaán non lles quedou máis remedio que mudarse. Sara puido aproveitar esa situación para tratar de convencer a Abrahán de volver a Ur, pero non o fixo. En vez diso, estivo disposta a viaxar a Exipto co seu home.

Sara era tan guapa que Abrahán tivo medo de que alguén o puidese matar e roubarlla. Por iso lle pediu a Sara que dixese que era a súa irmá. Pero iso non lle serviu de nada cando lle falaron ó faraón de Exipto da súa beleza. Mandoulles ós seus servos que lla quitasen a Abrahán e que lla trouxesen ó seu palacio. Está claro que vivir alí sería moito máis seguro e cómodo que ser nómade e vivir en tendas. Que faría Sara? Decidiría abandonar a Abrahán e desfrutar dunha vida cómoda co faraón? Non. Demostrou valor e foille leal ó seu marido, e Xehová rescatouna. Pouco tempo despois xa estaba de volta co seu querido home.a

Xehová prometéralle a Abrahán que del sairía unha gran nación, pero Sara non podía ter fillos. Iso era moi duro para ela. Agora ben, despois de vivir moitos anos en Canaán, Xehová recompensouna. Aínda que xa tiña 90 anos, bendiciuna co que máis desexaba: ter un fillo. Xehová mandoulles chamalo Isaac, que significa “risa”. Por que? Abrahán e Sara estaban tan contentos que se riron cando souberon que ían ter un fillo. Ademais, Sara estaba convencida de que a xente tamén se riría con ela cando visen o milagre que fixo Xehová.

Sara viviu o tempo suficiente para criar o seu fillo e velo converterse nun bo home. Foi moi valente e protexeu o seu fillo como só unha nai pode facelo. Nin sequera ó final da súa vida quixo mirar atrás e ter unha vida máis cómoda. Máis ben centrouse no futuro marabilloso que tiña por diante. E aínda que ela e a súa familia non chegaron a ver como se cumpriron tódalas promesas que Xehová lles fixo, podemos estar seguros de que moi pronto as verán.

Le o relato da Biblia:

  • Xénese 12:1-20; 15:18; 16:1, 2; 17:3-8, 15-19; 18:9-15; 20:1-17; 21:1-13

  • Feitos 7:1-7

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Sara?

Afonda máis

  1. 1. Estaba mal que Sara casase con Abrahán a pesar de que era o seu medio irmán? (wp17.3 páx. 12 par. 5, nota).

  2. 2. Explica o que Sara posiblemente deixou atrás en Ur (wp17.3 páx. 13 par. 3–páx. 14 par. 2). A

    Unha peza de xoiería feita de metais preciosos e pedras coloridas.

    Photograph taken by courtesy of the British Museum

    Imaxe A: Unha xoia encontrada no lugar onde estaba a antiga Ur.

  3. 3. Como sabemos que foi boa idea que Abrahán ocultase que Sara era a súa muller? (wp17.3 páx. 14 par. 6–páx. 15 par. 2).

  4. 4. O feito de que Sara fose submisa a Abrahán, significa que nunca daba a súa opinión? Explica a túa resposta (g 1/08 páx. 29 pars. 4, 5-wcgr). B

    Sara fálalle con franqueza a Abrahán, que parece descontento.

    Imaxe B

Medita no que aprendiches

  • Compara a Sara coa muller de Lot.

    • En que se parecían? (Xén. 12:1; 13:5-7; 19:12, 15).

    • En que se diferenciaban? (Xén. 19:17, 26; Luc. 17:28-32).

    • Que podemos aprender das decisións que tomaron e do que lles pasou?

  • Sara era moi guapa e o seu home moi rico. Que podemos aprender dela se temos unha situación parecida? (Prov. 31:30; 1 Tim. 6:17-19).

  • Como podes imitar o valor de Sara na túa vida? C

    Serie de imaxes: 1. Unha parella nova está mudándose dun cómodo apartamento situado nun rañaceos dunha cidade. Están contentos mentres empaquetan tódalas súas cousas. 2. A parella desfruta de predicar a un granxeiro nun territorio rural.

    Imaxe C

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Sara cando resucite?

Aprende máis

É útil o exemplo de Sara só para as mulleres casadas? Ou tamén para os homes?

Aprendamos do seu exemplo. Sara (6:27)

Analiza o que fixeron Sara e Abrahán para axudarse un ó outro a sentirse respectados.

“Mantén viva ‘a chama de Xah’” (w23.05 páxs. 24-25 pars. 15-17)

a Tempo despois, Sara pasou por unha situación parecida. Un rei chamado Abimélec tamén mandou que lla quitasen a Abrahán. Ela seguiu con valor as instrucións do seu home e unha vez máis Xehová rescatouna.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir