BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wcg cap. 2 páxs. 20-23
  • Condenou o mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Condenou o mundo
  • Sirve a Xehová con valor
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Afonda máis
  • Medita no que aprendiches
  • Analiza o cadro completo
  • Aprende máis
  • A arca de Noé
    Aprendamos das historias da Biblia
  • O Diluvio. Quen escoitou e quen non?
    Escoita a Deus e vivirás para sempre
  • Oito persoas sobreviven ó Diluvio
    Aprendamos das historias da Biblia
Sirve a Xehová con valor
wcg cap. 2 páxs. 20-23

2 NOÉ

Condenou o mundo

Edición impresa
Edición impresa

TEMPO despois da morte de Enoc, algúns anxos empezaron unha rebelión contra Deus no ceo. Movidos pola luxuria, estes anxos malvados viñeron á Terra, adoptaron forma humana e colleron tódalas mulleres que quixeron para casar con elas. Os seus fillos, en parte anxos e en parte humanos, eran xigantes moi violentos e crueis coñecidos como nefilim. Como resultado, a humanidade volveuse máis malvada e corrupta ca nunca. A bonita creación de Deus —a sociedade humana— quedou arruinada ós Seus ollos. Pero houbo un home que destacou por ser diferente: Noé, o bisneto de Enoc.

Noé creceu e chegou a ser un home xusto coma Enoc. A Biblia di que Noé “seguía os camiños de Deus”. Co tempo casou, e xunto coa súa muller ensinoulles ós seus tres fillos a obedecer a Xehová, tal e como facían eles. Isto fixo que esta familia fose diferente de tódalas demais.

Un día Xehová díxolle a Noé que decidira acabar con toda a xente mala que había na Terra. Pero Xehová tamén lle deu esperanza. Díxolle que construíse unha enorme embarcación, ou arca, para que algunhas persoas se puidesen salvar. Noé nunca vira nada parecido ó Diluvio universal do que Xehová lle falaba. E tampouco construíra nunca algo tan xigantesco coma aquela arca. Pero confiaba nas promesas de Xehová, así que púxose mans á obra.

Noé e a súa familia enfrontáronse a aterradores inimigos que odiaban o traballo que facían e a mensaxe que predicaban.

Noé e a súa familia necesitaban moito valor para facer este traballo. Seguro que tiveron que enfrontarse a moitas burlas e oposición. Os anxos que se materializaron eran aterradores e os seus fillos uns abusóns. Pero Noé e a súa familia —a súa muller, os seus tres fillos e as súas tres noras— seguiron traballando sen descanso. Por décadas, quizais durante uns cincuenta anos, dedicáronse de cheo a construír a arca e, pouco a pouco, foi collendo forma.

Noé, dous dos seus fillos e as súas mulleres levan un carro cheo de provisións. A xente búrlase deles cando os ven pasar. Ó fondo pode verse a arca a medio construír.

Pero durante todo este tempo, Noé fixo algo máis. Este patriarca chegou a ser coñecido como “predicador de xustiza”. Como cabeza de familia tomou a iniciativa de advertir a xente do que estaba por vir. Pero á parte da súa familia ninguén máis lle fixo caso, nin sequera os seus parentes. As persoas non querían deixar de facer cousas malas. Había unha gran diferenza entre este home de fe e a xente malvada que o rodeaba. Non sorprende que a Biblia diga de Noé que “por medio desa fe, condenou o mundo”.

Por fin a arca estaba rematada. Agora Noé e a súa familia tiñan que enchela de comida, auga e outras cousas que necesitarían tanto eles coma os animais que levarían na arca. Despois pasou algo sorprendente. Toda clase de animais, machos e femias, empezaron a chegar e “entraron na arca [...] por parellas”!

Finalmente, Deus díxolle a Noé que se preparase para entrar na arca coa súa familia, pois en sete días empezaría a chover. Imaxina o ocupada que estaría a familia metendo na arca tódalas cousas que necesitarían e organizando todo o que había dentro. É posible que ó velos a xente se burlase deles aínda máis. Pero unha vez que remataron de cargar todo na arca, Xehová mesmo pechou a porta. Pode que isto fixese calar os que se rían deles. Entón empezou a chover a mares. O nivel das augas subía cada vez máis e, ó cabo de corenta días, ata as montañas quedaron somerxidas. Así foi como Xehová limpou a maldade da Terra.

Noé e a súa familia estiveron a salvo dentro da arca durante máis dun ano. Nese tempo a auga foi baixando pouco a pouco ata que a arca se pousou nunha montaña. Finalmente, Xehová díxolle a Noé que xa era seguro saír. Cando baixaron da arca estaban tan agradecidos a Deus por salvalos que Noé lle ofreceu un sacrificio. Xehová prometeu que nunca máis volvería traer un diluvio coma ese e deulle á humanidade o arco iris como símbolo, ou garantía, da súa promesa.

Tódolos humanos da actualidade descendemos desta familia. Que agradecidos estamos de que tivesen o valor de ser diferentes nun mundo malvado!

Le o relato da Biblia:

  • Xénese 6:1–8:22; 9:8-19

  • Hebreos 11:7

  • 2 Pedro 2:5

Pensa nisto:

De que formas demostrou valor Noé?

Afonda máis

  1. 1. Como era o mundo antes do Diluvio? (w02 1/3 páx. 5 par. 4–páx. 6 par. 4-wcgr).

  2. 2. Cando lle dixo Deus a Noé que construíse a arca? E cando chegou a saber en que momento empezaría exactamente o Diluvio? (w12 15/4 páx. 23 pars. 5-8-wcgr).

  3. 3. Por que podemos estar seguros de que o Diluvio sucedeu de verdade? (ijwbq artigo 156 pars. 2-5, recadro). A

    Un enorme peixe leva un barco con oito homes a un lugar seguro.

    Historic Collection/Alamy Stock Photo

    Imaxe A: Unha lenda hindú conta que un home construíu un bote para sobrevivir a un gran diluvio e ofreceu un sacrificio cando deixou de chover. Despois chegou a ser o pai de toda a humanidade.

  4. 4. Que pasou uns cen anos despois do Diluvio, e como puido afectarlle iso a Noé? (it “Noé” par. 12-wcgr). B

    Dous homes frustrados diante da Torre de Babel intentando comunicarse sen éxito.

    Imaxe B

Medita no que aprendiches

  • En que se parece o noso tempo ós días de Noé? (Mat. 24:36-39).

  • Que che ensina o exemplo de Noé sobre a importancia de ser...

    • organizado? C

      Unha irmá lendo o texto do día mentres desfruta do seu almorzo. Ten unha axenda diante dela e un calendario colgado na parede.

      Imaxe C

    • traballador? D

      A mesma irmá traballando cunha serra eléctrica nun proxecto de construción.

      Imaxe D

    • paciente? E

      A irmá participando na predicación cos carriños xunto con outra irmá mentres a xente pasa por diante.

      Imaxe E

  • Como podes imitar o valor de Noé na túa vida?

Analiza o cadro completo

  • Que me ensina este relato sobre Xehová?

  • Como se relaciona este relato co propósito de Xehová?

  • Que me gustaría preguntarlle a Noé cando resucite?

Aprende máis

Mira como un pai se esforza por imitar o exemplo de Noé.

Sigue o exemplo de persoas de fe. Imita a Noé, non os seus veciños (2:57)

Axuda ós teus fillos a sacar leccións do exemplo de Noé.

“Noé demuestra que tiene fe” (ijwis-S artigo 18)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir