BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 141
  • O final dos crimes de odio. O que di a Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O final dos crimes de odio. O que di a Biblia
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Como se acabará cos crimes de odio
  • Como vencer o odio agora
  • Por que hai tanto odio? O que di a Biblia
    Outros temas
Outros temas
mrt artigo 141
Nunha rúa co tráfico pechado, a policía e os servizos de emerxencia están traballando na escena dun crime de odio. Mentres atenden a vítima, tres persoas abrazadas están vendo a escena.

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

O final dos crimes de odio. O que di a Biblia

Por desgraza, a violencia motivada polo odio volveuse moi habitual. As persoas son vítimas de actos violentos simplemente pola súa raza, relixión, etnia, xénero ou por outras razóns. Isto fai que a xente cada vez teña máis medo. Ademais, a moitos quedáronlles secuelas físicas e emocionais permanentes, e algúns incluso perderon a vida.

A Biblia predixo como serían moitas persoas no noso tempo. Dixo: “Serán feroces, non amarán o que é bo” e “non terán cariño natural” (2 Timoteo 3:1-5). Entón, acabarán algunha vez os crimes de odio? Que di a Biblia?

Como se acabará cos crimes de odio

A Biblia asegúranos que Deus pode acabar coa crueldade, e vaino facer.

  • “Os malvados serán certamente destruídos, [...] os humildes, en cambio, herdan a terra e gozan de paz perfecta” (Salmo 37:9-11). Deus non vai permitir que a xente violenta siga facéndolles dano a outros.

  • “[Deus] secaralles tódalas lágrimas dos seus ollos, e a morte deixará de existir. Xa non haberá máis tristeza, nin choros, nin dor” (Apocalipse 21:4). Deus reparará os efectos de calquera dano físico, mental ou emocional que sufrisen as persoas.

  • “Vai haber unha resurrección” (Feitos 24:15). Deus devolveralles a vida a millóns de persoas, incluídas as que morreron por culpa dos crimes de odio.

Como vencer o odio agora

A Biblia fai algo máis que só dar esperanza. Axúdanos a vencer o odio que é tan habitual hoxe en día. Animámoste a investigar as respostas que dá a Biblia a estas preguntas tan importantes:

  • Que podemos facer agora para vencer o odio que leva á violencia? Para saber o que ensina a Biblia, le a revista A Atalaia titulada “Rompamos el ciclo del odio”.

  • Por que permite Deus que siga habendo tanto sufrimento? Para ver a resposta clara que dá a Biblia, mira o vídeo Por que permite Deus o sufrimento?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir