BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 14
  • De verdade existiu Xoán o Bautista?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • De verdade existiu Xoán o Bautista?
  • Outros temas
  • Información relacionada
  • Quen foi Xoán Bautista?
    Preguntas sobre a Biblia
  • “Non naceu ninguén superior”
    Sirve a Xehová con valor
Outros temas
mrt artigo 14
Xoán o Bautista bautizando algunhas persoas.

De verdade existiu Xoán o Bautista?

Os Evanxeos mencionan un home chamado Xoán o Bautista que predicou en Xudea acerca do Reino de Deus. É verídico o que di a Biblia sobre el? Ímolo ver:

  • A Biblia di: “Xoán o Bautista empezou a predicar no deserto de Xudea. Dicía: ‘Arrepentídevos, porque o Reino dos ceos xa está cerca’” (Mateo 3:1, 2). Pódese confirmar isto mediante fontes non relixiosas? Si.

    O historiador do primeiro século Flavio Xosefo escribiu sobre un home chamado “Xoán, de sobrenome Bautista” que “animaba os xudeus a ser xustos na súa vida”, a terlle “devoción a Deus” e a “bautizarse” (Jewish Antiquities, Book XVIII).

  • A Biblia explica que Xoán corrixiu a Herodes Antipas, o gobernador de Galilea e Perea. Herodes dicía que era xudeu e que cumpría coa Lei, e Xoán criticouno por casar con Herodías, a muller do seu medio irmán (Marcos 6:18). Este detalle tamén se atopa en fontes que non son bíblicas.

    O historiador Xosefo dixo que Antipas “namorouse de Herodías” e “sen vergonza ningunha, propúxolle matrimonio”. Herodías aceptou e deixou o seu home para casar con Antipas.

  • A Biblia indica que “a xente de Xerusalén, de toda Xudea e de toda a rexión que había arredor do río Xordán ía a velo [...] e Xoán bautizábaos no río” (Mateo 3:5, 6).

    Xosefo tamén corrobora este detalle ó escribir que había “multitudes” que ían a ver a Xoán e que “os seus sermóns as conmovían profundamente”.

Está claro que Xosefo, o historiador do primeiro século, vía a Xoán o Bautista como alguén real, e nós tamén podemos facelo.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir