Programa para a lectura da Biblia
Os mellores consellos para a nosa vida están na Biblia. Se a les a miúdo, meditas nela e aplicas o que aprendes, irache ben na vida (Xosué 1:8; Salmo 1:1-3). Ademais, chegarás a coñecer a Deus e ó seu fillo Xesús, e así poderás conseguir vida eterna (Xoán 17:3).
En que orde deberías ler os libros da Biblia? Tes varias opcións. Este programa de lectura axudarache a ler os libros da Biblia na orde na que aparecen ou por categorías. Por exemplo, lendo algúns capítulos poderás ter unha perspectiva histórica da relación de Deus co antigo Israel. Tamén podes ler outras porcións para aprender como se formou e como creceu a congregación cristiá do primeiro século. Se les cada día os capítulos que che marca o programa, conseguirás ler a Biblia enteira nun ano.
Sexa que esteas buscando un programa para ler a Biblia diariamente, para lela toda enteira nun ano ou simplemente para comezar a lela, esta axuda vaiche ser útil. Descarga o programa para a lectura da Biblia, que tamén podes imprimir, e comeza hoxe mesmo.